O ISSGA ADHÍRESE A UN PROGRAMA EUROPEO DE PROMOCIÓN DA SAÚDE NOS CENTROS DE TRABALLO

1024×768

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

  A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, mantivo un encontro hoxe en Madrid coa directora do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), María Dolores Limón

  A posta en marcha do proxecto ‘Empresas seguras, saudables e sostibles’ responde ao interese do INSHT de recoñecer o traballo das empresas no ámbito da mellora da saúde e do benestar dos seus traballadores

Doutra banda, no encontro abordáronse tamén as accións conxuntas a desenvolver en outubro con motivo da ‘Semana europea para a seguridade e a saúde no traballo’

O ISSGA celebrará varias xornadas técnicas nos seus centros e, ata o momento, xa ten pechada unha no seu centro de Lugo sobre a avaliación e a prevención de riscos relativos á utilización de equipos de traballo

 

Madrid, 6 de marzo de 2014.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, adherirase ao ‘Programa europeo de promoción da saúde nos centros de traballo’, liderado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) e que ten por obxectivos mellorar a organización e as condicións de traballo, promover a participación activa e fomentar o desenvolvemento individual.

A directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, mantivo un encontro hoxe en Madrid coa directora do INSHT, María Dolores Limón, no que se acordou dita adhesión a este proxecto que pretende tamén mellorar a colaboración e o partenariado en promoción da saúde no traballo; a capacidade das empresas na planificación, execución e avaliación de iniciativas de promoción da saúde no traballo;  e aumentar o número de intermediarios.

 

A posta en marcha do proxecto ‘Empresas seguras, saudables e sostibles’ responde ao interese do INSHT de recoñecer o traballo das empresas no ámbito da mellora da saúde e do benestar dos seus traballadores, así como promover a cultura da saúde e o intercambio de experiencias empresariais.

Doutra banda, no encontro abordáronse tamén as accións conxuntas a desenvolver en outubro con motivo da ‘Semana europea para a seguridade e a saúde no traballo’, organizada pola Axencia europea de seguridade e saúde no traballo. A campaña céntrase na prevención e na xestión de riscos, o fomento da participación dos directivos na redución dos mesos; e o estímulo aos traballadores e aos seus representantes para colaborar cos directivos na atenuación de riscos.

O ISSGA celebrará varias xornadas técnicas nos seus centros. Ata o momento xa ten pechada unha no seu centro de Lugo sobre a avaliación e a prevención de riscos relativos á utilización de equipos de traballo, que inclúe experiencias prácticas

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: