presentación de Luzes en Madrid

ImagenImagen

v\:* {behavior:url(#default#VML);}
o\:* {behavior:url(#default#VML);}
w\:* {behavior:url(#default#VML);}
.shape {behavior:url(#default#VML);}

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:”Calibri”,”sans-serif”;
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-fareast-font-family:”Times New Roman”;
mso-fareast-theme-font:minor-fareast;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;
mso-bidi-font-family:”Times New Roman”;
mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}

Luzes enche o auditorio da Casa do Lector

na súa presentación en Madrid

 

O ex-ministro César Antonio Molina, responsábel do centro, moderou
un coloquio co equipo editorial da revista
 

O acto comezou coa proxección de ‘Costa da Morte’, o filme máis
recente do cineasta vigués Lois Patiño
 

A publicación que dirixen Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro
publica a semana vindeira o seu cuarto número
 

Madrid, 6 de marzo de 2014. Máis de cen persoas achegáronse esta tarde ao auditorio da Casa do Lector de Madrid para a presentación de Luzes. A convocatoria, alcumada “Vento do Oeste”, propoñíalle un programa dobre a quen se atrevese: a proxección de Costa a Morte (Zeitun Films, 2013), filme documental do vigués Lois Patiño, e un coloquio co equipo de dirección de Luzes, encabezado por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro. Como moderador, o ex-ministro César Antonio Molina, actual director deste centro cultural situado no complexo de Matadero.

No público, entre outros colaboradores e amigos da revista, estaban o cineasta José Luis Cuerda, a xornalista Ana Rodríguez, a actriz María Pujalte, o músico e documentalista Víctor Coyote, os pintores Antón Patiño e Menchu Lamas, o catedrático Fermín Bouza, o produtor Antón Reixa, o director de Público, Carlos Enrique Bayo; Alfonso Armada, adjunto al director de ABC; e o ex-secretario de Estado de Economía Guillermo de la Dehesa, entre outros.

 

José Manuel Sande, programador da CGAI e membro do comité de dirección de Luzes, encargouse de introducir ás 18.00 horas a proxección de Costa da Morte. O último filme de Lois Patiño (Vigo, 1983) estreouse o ano pasado no festival suízo de Locarno, e dende entón pasou por unha ducia de países e 25 certames, catro deles con premio incluído: Sevilla, Dei Pópoli (Italia), Valdivia (Chile) e Locarno. O autor está estes días no Ficunam, en México, polo que non puido asistir á sesión.

 

A segunda parte do acto comezou ás 19.30 cun coloquio cos dous directores da revista, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, e o coordinador, Iago Martínez. Serviu como introdución ao proxecto editorial que botou a andar en decembro de 2013 e como presentación do terceiro número, publicado en febreiro e cunha parte das súas páxinas dedicada a Madrid, con firmas como as de Aníbal Malvar, Henrique Mariño, Manuel Jabois, Héctor Juanatey ou Rocío Ovalle.

 

A semana vindeira Luzes terá un novo número en distribución, o cuarto, con entrevistas á activista Lidia Senra, o escritor triestino Claudio Magris e o deputado catalán das CUP David Fernàndez e reportaxes dedicadas á revolta de Gamonal (Burgos), a operación Pokémon, o vinte e cinco aniversario do movemento da insubmisión ou a arquitectura da reciclaxe, entre outros. Iso, ademais das sección fixas e algunha nova até completar as 132 páxinas habituais.

 

A catro meses do seu debut, a revista que dirixen Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro supera xa os 800 subscritores e os 2.000 lectores fieis. Son o aval que vai facer posíbel, mes a mes, a publicación desta man de reportaxes, entrevistas e pezas de creación e pensamento. Ideas, historias e voces. En papel, cunha edición de calidade, en lingua galega e coa promesa de dar o salto tamén ás pantallas dos tablets e outros dispositivos móbiles de lectura a curto prazo. Non soamente unha revista. Un lugar. Un ecosistema propicio para o xornalismo. Para contar as cousas como é debido, con tempo, rigor e campo aberto por diante.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: