TRABALLO PON EN MARCHA POR PRIMEIRA VEZ UN INCENTIVO DE ATA 15.000 EUROS PARA A CREACIÓN DE COOPERATIVAS XUVENÍS EN GALICIA

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe a cooperativa Condes de Albarei en Cambados

Aquelas asociacións formadas por mozos e mozas de entre 16 e 29 anos contarán, ademais, cun 25% de incremento nas contías contempladas no resto de programas que recolle a orde de axudas para este sector, que será publicada mañá no DOG

  Esta medida está incluída no Plan de emprego xuvenil que ten como novidade o programa Xuventude Coop., que engloba un conxunto de accións dirixidas a que a mocidade galega poida iniciar a súa experiencia cooperativa

 O departamento está a traballar no desenvolvemento da primeira Lei de Economía Social de Galicia, o que converterá á Comunidade nunha autonomía pioneira a nivel estatal en contar cunha norma destas características

 

Cambados (Pontevedra), 6 de marzo de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar inclúe este ano por primeira vez un incentivo de ata 15.000 euros para os mozos e mozas que decidan por en marcha unha cooperativa xuvenil na Comunidade. Esta medida inclúese dentro da orde de axudas para os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo que será publicada mañá no DOG.

 

 Así o anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nunha visita á cooperativa Condes de Albarei en Cambados, onde destacou a fortaleza que teñen amosado as cooperativas fronte ás situacións de crise. Por iso, dixo, desde o Goberno galego “queremos seguir apoiando esta fórmula e impulsala entre os máis novos”, dado que falamos dun modelo empresarial capaz de xerar emprego e dinamizar a economía, “unha fórmula moi arraigada e exitosa en Galicia pois ten a súa meirande representación no eido local e rural”.

 

Esta orde inclúe unha  primeira definición das cooperativas xuvenís, que se desenvolverá na Lei de Economía Social. Así mesmo, ademais do incentivo, estas asociacións de menores de 30 anos contarán cun 25% de incremento nas contías contempladas no resto de programas de axuda que recolle a normativa.

 

Esta medida inclúese no Plan de emprego xuvenil. Unha das novidades do mesmo é o programa Xuventude Coop., que engloba un conxunto de accións dirixidas a que a mocidade galega poida iniciar a súa experiencia cooperativa, tales como divulgación, formación, dotación de medios materiais, ou acompañamento e titorización e o financiamento.

 

O departamento autonómico apoia a este sector tamén con medidas no ámbito lexislativo. De feito, a finais de 2011 modificouse a Lei do Cooperativismo que estaba vixente desde 1998 co obxectivo de facilitar e promover a creación de novas cooperativas e actualmente estase a traballar no desenvolvemento da primeira Lei de Economía Social de Galicia, o que converterá á Comunidade nunha autonomía pioneira a nivel estatal en contar cunha norma destas características.

 

Neste sentido, xa está iniciado o proceso para consensuala cos membros e representantes das entidades de economía social de Galicia e previse enviar o anteproxecto definitivo ao Parlamento ao longo deste ano. O obxectivo da mesma vai ser potenciar a presenza, crecemento, visibilidade e influencia da economía social en todos os campos de acción social e empresarial e, para elo, vai regular e impulsar a creación dunhas estruturas básicas para a súa representatividade en Galicia.

 

Desde 2009 creáronse 255 cooperativas en Galicia, que contan con preto de 5.000 socios. Na actualidade hai máis de 1.200 cooperativas activas na Comunidade, un 8% máis que nesa data.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: