PLAY-DOC ORGANIZA UNHA RETROSPECTIVA DO GRAN RETRATISTA DE MÉXICO NICOLÁS PEREDA / PLAY-DOC ORGANIZA UNA RETROSPECTIVA DEL GRAN RETRATISTA DE MÉJICO NICOLÁS PEREDA‏

Imagen 

PLAY-DOC ORGANIZA UNHA RETROSPECTIVA DO
GRAN RETRATISTA DE MÉXICO NICOLÁS PEREDA
• O novo director, premiado en festivais como Venecia, é coñecido por mesturar ficción e
documental en relatos que reflexionan sobre a situación social e a historia do seu país
• Ofrecerá unha clase maxistral o sábado 5 de abril, ás 5 da tarde, na que explicará cales son
os seus métodos de traballo e o que intenta conseguir a través deles
Tui,  7 de marzo de 2014. Play-Doc Festival  Internacional  de Documentais de Tui dedica unha
retrospectiva  integral  ao realizador  mexicano  Nicolás  Pereda,  na  súa  próxima  edición,  que  se
celebrará do 2 ao 6 de abril. Este novo director, con só algo máis de 30 anos, conta xa no seu haber
con nove películas e é habitual  de festivais  como Cannes,  Locarno ou Venecia;  onde resultou
premiado na sección Orizzonti  en 2010 polo seu filme  Verano de Goliat.  O seu persoal  estilo
caracterízase pola fusión entre a realidade e a ficción, co ánimo de “evocar o sentimento dun pobo
enteiro”.  O contraste entre o campo e a cidade,  o mundo do traballo, as diferenzas entre ricos e
pobres, a intimidación do exército, as relacións de parella… En definitiva, o cotián, é o que tenta
captar en cada película Nicolás Pereda.
Outro dos aspectos máis destacables no seu cinema é o modo no que os seus actores fetiche, Teresa
Sánchez e Gabino Rodríguez, van medrando en cada filme, desde a súa ópera prima ¿Dónde están
sus historias? (2007) ata o máis recente El palacio (2013), interpretándose a si mesmos, en papeis
con sutís variacións, nos que o proceso de construción do personaxe, cos seus ensaios e repeticións,
móstrase ao espectador, a modo de reflexión sobre como se representa un relato.
O propio Pereda explícao moi ben, ao falar do seu maior éxito ata o momento,  Lo mejores temas
(2012): “Logo de facer algúns filmes cos mesmos actores interpretando papeis similares, decidín
facer unha película sobre o proceso de representación. Isto abriu un mundo de novas posibilidades,
incluíndo os ensaios, as repeticións e as interaccións entre personaxes de ficción e os actores que
interpretan a eses personaxes. Seguín esta procura mediante a substitución dun dos actores co meu
tío, á metade de rodaxe.  O meu tío entra na película como un obxecto documental  que ten que
relacionarse cos personaxes de ficción que actúan coma se el  fose un deles”.  Esta inxerencia do
documental  na ficción, ou viceversa,  e a reflexión e a deconstrución do relato cinematográfico,
xunto cun particular sentido do humor, son aspectos comúns a toda a súa filmografía.
A obra deste xenial cineasta supón un punto de inflexión nos dez anos de traxectoria do certame
galego, marcada por grandes nomes, relevantes expoñentes de diversas tendencias coma o cinema
de metraxe atopada,  o ensaio audiovisual,  o cinema directo ou o observacional,  entre outros.  A
retrospectiva de Nicolás Pereda afianza esta liña editorial, mentres abre á súa vez novos territorios
que explorar para o festival.
O director mexicano personifica o futuro, pero tamén a tradición de Play-Doc que, sen esquecerse
do seu aniversario, recuperará algúns títulos dos seus cineastas máis emblemáticos, nunha sección
para conmemorar os dez anos de andaina.  Ademais de presentar todas as súas películas,  Pereda
ofrecerá amais unha clase maxistral, o sábado 5 de abril, ás 5 da tarde, aberta tanto a profesionais
como a público en xeral.  Algúns dos filmes do cineasta poderán verse posteriormente no Centro
Galego de Artes da Imaxe (CGAI), en réxime de colaboración coa filmoteca galega.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: