TRABALLO ABRE MAÑÁ O PRAZO PARA ACCEDER A DIVERSAS LIÑAS DE AXUDAS DE COOPERATIVISMO QUE SUMAN MÁIS DE 1,8 MILLÓNS DE EUROS

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:”Times New Roman”,”serif”;}

 O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, presentou en Santiago  cinco programas de subvencións, regulados nunha orde que sae hoxe publicada no DOG, dos que se poderán beneficiar 500 persoas e 80 cooperativas

  Esta convocatoria de axudas inclúe este ano, como novidade, un programa específico para mozos e mozas que poderán ter un incentivo de ata 15.000 euros pola  creación dunha cooperativa en Galicia

Para fomentar o emprego ofrécense axudas de entre 5.500 e 10.000 euros orientadas a facilitar a incorporación das persoas desempregadas como socios traballadores ás cooperativas

 Un terceiro programa financia a achega ao capital social que se desembolsa para a incorporación como socio, de ata un máximo de 4.500 euros se é a unha cooperativa ou de 2.000 se se trata dunha sociedade laboral

  Regúlanse subvencións de ata 10.500 euros para impulsar proxectos empresariais cooperativos, mesmo á fase previa á súa constitución formal

Por último, o programa de intercooperación e integración cooperativa, tamén novidoso, promove procesos de concentración entre empresas de economía social co financiamento de contías de ata 30.000 euros

 

Santiago, 7 de marzo de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde de axudas destinadas a fomentar o cooperativismo en Galicia ás que a Consellería de Traballo e Benestar destinará máis de 1,8 millóns de euros, un 12 por cento máis que en 2013. A previsión é que destas actuacións poidan beneficiarse 500 persoas e 80 cooperativas. A convocatoria de subvencións, que se poden solicitar a partir de mañá e ata o 7 de abril inclusive, inclúe cinco programas diferentes que o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiña, explicou hoxe en rolda de prensa en Santiago.

Como novidade este ano, o departamento autonómico pon en marcha un programa específico para promover a creación de cooperativas entre a mocidade galega, que está incluído tamén no Plan de Emprego Xuvenil. Deste xeito, os mozos e mozas de entre 16 e 29 anos poderán beneficiarse de incentivos de ata 15.000 euros para gastos correntes. “Trátase de poñer en marcha cooperativas xuvenís financiando desde a Xunta os custes derivados do lanzamento inicial da actividade”, explicou Martiñá. Así mesmo, estes mozos e mozas poderán contar, ademais, cun 25 por cento de incremento nas contías contempladas no resto de programas que inclúe esta orde de axudas.

 

A orde de axudas destinadas a promover o cooperativismo inclúe un segundo programa dirixido a fomentar o emprego en cooperativas e sociedades laborais. Así, ofrécense axudas de entre 5.500 e 10.000 euros orientadas a facilitar a incorporación das persoas desempregadas como socios e socias traballadores nas cooperativas ou sociedades laborais. A contía da subvención varía en función do colectivo no que se atope o socio ou do traballo polo que se concede a axuda.

 

Un terceiro programa financia a achega ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia. Se é a unha cooperativa a axuda é de ata un máximo de 4.500 euros e se é a unha sociedade laboral a contía é de ata 2.000 euros.

 

Impulso de proxectos

A orde que se publica hoxe no DOG contén tamén un programa para o impulso de proxectos empresariais e asistencia técnica, mesmo na fase previa á súa constitución formal. A través desta iniciativa, segundo expuxo Martiñá, poténcianse especialmente os procesos de asesoramento e acompañamento das novas iniciativas empresariais dentro da fórmula de economía social, podendo concederse unha axuda de ata 10.500 euros por cada proceso de acompañamento.

 

O último programa, tamén novidoso este ano, céntrase na intercooperación e integración cooperativa, promovendo procesos de concentración entre empresas de economía social e a posta en marcha de proxectos de colaboración empresarial, ao redor de tres eixos: a configuración de proxectos de integración e intercooperación; as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, así como a inmersión nas tecnoloxías da información e as comunicacións; e a comercialización e internacionalización. As subvencións neste caso poden ascender ata 30.000 euros por solicitude.

 

En xeral, estas axudas van destinadas a cooperativas ou sociedades laborais que, nun mínimo de 4 entidades, participen en proxectos de colaboración empresarial e que realicen conxuntamente a súa solicitude de axuda, agás no caso de proxectos de integración empresarial nos que só se requiren 2 entidades. Tamén poden beneficiarse as cooperativas de segundo grao e as que resulten dun proceso de fusión.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: