Archive | marzo 10, 2014

Concello de Vigo

 


Regades anuncia o comezo de obras en Hispanidad e o novo acceso a Navia

O concelleiro de Fomento deu conta esta mañá de que ao longo de marzo e abril iniciaránse obras de abastecemento e saneamento en distintas zonas da cidade. Ademais de múltiples obras no rural, David Regades referiuse ao comezo das obras de Hispanidad e o novo acceso a Navia, onde tamén comeza a construcción dunha escola infantil.

 


Bases do “III Festival Primavera do Cine en Vigo”

A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, volve a colaborar coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na terceira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre o 4 e o 8 de xuño.

 


Actividades de marzo do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo

A XUNTA ACHEGA FORMACIÓN OCUPACIONAL A INTERNOS DE TEIXEIRO PARA MELLORAR AS SÚAS OPCIÓNS FUTURAS DE INSERCIÓN LABORAL

  • 140310 traballo 04x
  • Entre outubro e febreiro impartiuse no cárcere un curso de colocación de prefabricados lixeiros de 328 horas
  • Os asistentes, reclusos dun módulo de preparación para a vida en liberdade, recibiron hoxe os diplomas acreditativos

Santiago, 10 de marzo de 2014.- A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, entregaron hoxe a un grupo de internos do centro penitenciario de Teixeiro os diplomas acreditativos dun curso de formación ocupacional que se desenvolveu entre os meses de outubro e febreiro. Na entrega estivo presente tamén a delegada da Xunta en A Coruña, Belén Do Campo.

Os asistentes ao curso son internos do módulo Nelson Mandela de preparación para a vida en liberdade. A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Plan de Inclusión, desenvolve distintas actividades nese módulo dirixidas a facilitar aos reclusos a súa inserción social, familiar e laboral cando saian en liberdade.

O curso de formación ocupacional que vén de rematar foi de albanelería, en concreto de colocación de prefabricados lixeiros e é o primeiro impartido en Teixeiro que contou con mulleres entre os asistentes, dúas dos once participantes totais. O curso constou de 328 horas.

O proxecto Nelson Mandela incorporouse no ano 2010 aos circuitos formativos sociolaborais da Consellería de Traballo e Benestar, polo que o módulo acolle cursos que supoñen unha formación homologada que permite aos asistentes contar cunha cualificación profesional certificada cara ao momento no que abandonen o centro penitenciario.

Itinerarios personalizados cara á inserción

Durante a súa permanencia no módulo de preparación para a vida en liberdade, os internos seguen un itinerario personalizado de inserción, un percorrido deseñado polos técnicos do plan de inclusión que inclúe as accións e cursos máis adecuados cara ao obxectivo final, a súa reinserción sociolaboral no momento no que saian en liberdade.

Así, os 67 reclusos que actualmente participan no Plan de Inclusión en Teixeiro asisten diariamente a distintas actividades; como poden ser cursos de prevencion de recaidas, talleres ocupacionais ou formación en educación vial, entre outras. Poden asimesmo asistir a outros cursos que se impartan no centro penitenciario.

O equipo de inclusión de Teixeiro está formado por unha pedagoga, unha educadora e unha traballadora social. Dende que estes técnicos do plan comezaron a traballar neste centro, o plan chegou a un total de 515 persoas.

Ademáis, unha vez que os internos acadan a liberdade a Xunta mantén o seu apoio a través da rede do Plan de inclusión social de Galicia, que é a encargada de facer un seguimento das personas que están integradas neste programa.

Los árbitros reivindican su papel como deportistas y su formación, además de reclamar respeto para sus funciones

• El Museo del Mar de Galicia acogió la charla del árbitro de 2ª División David Pérez Pallas; el exárbitro internacional de balonmano Rodrigo Costas Rodríguez; y el árbitro internacional de Lucha Olímpica Marcos Araújo, dentro del ciclo Xogas de la Diputación.

• La octava charla deportiva de programa Xogas abordó el papel de los árbitros, tras debatir en los últimos meses sobre la situación de los padres, los educadores deportivos, la gestión y fiscalidad de los clubes, las lesiones deportivas, la medicina deportiva, la psicología en el deporte o la práctica de los veteranos.

Vigo, 10 de marzo. Los árbitros reivindican su papel determinante en el deporte, se consideran también deportistas y exigen respeto para su labor y para su formación. Así lo expresaron esta tarde, en el Museo del Mar de Galicia, durante la octava conferencia del ciclo Xogas de la Diputación, el árbitro de 2ª División David Pérez Pallas; el árbitro internacional de balonmano y expresidente del comité técnico de árbitros nacional, Rodrigo Costas Rodríguez; y el árbitro internacional de lucha libre olímpica Marcos Araújo Pereira.
Los tres profesionales analizaron el papel del arbitraje en las distintas disciplinas deportivas en las que participan, y comentaron el ‘buen nivel formativo de los profesionales gallegos’. En el auditorio del Museo del Mar estuvieron presentes el vicepresidente de la Diputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa; la diputada provincial Marta Iglesias, así como destacadas figuras del deporte local, técnicos, directivos de clubes y deportistas.
Los árbitros comentaron la enorme responsabilidad que adquieren en su trabajo diario y señalaron la importancia de que los deportistas colaboren en el cumplimiento de las reglas del juego y en el respeto a la labor arbitral.
Hasta el momento, las temáticas del ciclo vigués Xogas de la Diputación han contemplado las problemáticas relacionadas con los padres de los deportistas más jóvenes, los educadores deportivos, las lesiones más usuales en la práctica competitiva, la psicología deportiva, el deporte en la categoría de veteranos, la medicina deportiva, o la gestión laboral y fiscal de los clubes.
En esta ocasión, los tres árbitros ponentes analizaron su papel en las competiciones, además de subrayar aspectos relacionados con su preparación física, técnica o psicológica.
Entre otras personalidades, han colaborado en el ciclo Xogas el exentrenador del Celta Paco Herrera; futbolistas y técnicos como Oubiña, Maté o Moncho Carnero; el ciclista Óscar Pereiro, el campeón de boxeo Iván Pozo; o figuras  como el fisioterapeuta Suso Santomé o el médico de la selección española de fútbol, Juan José García Cota.

PP noticias

PUY SALIENTA O VALOR DA INICIATIVA LEXISLATIVA VALENTÍN PAZ ANDRADE AO RECOLLER, POR PRIMEIRA VEZ NUNHA LEI, O CARÁCTER ESTRATÉXICO DAS RELACIÓNS ENTRE GALICIA E PORTUGAL

 Será aprobada mañá polo Pleno do Parlamento e recolle actuacións que van desde o coñecemento da lingua e a cultura portuguesa ata establecer canles de cooperación en materia audiovisual

  • ·        Na sesión plenaria tamén se aprobará a proposición de lei de reforma da lei de reestruturación de entidades de crédito para que os enganados por preferentes e subordinadas recuperen a totalidade dos seus aforros
  • ·        O Grupo Popular tamén defenderá dúas proposicións non de lei: unha para o desbloqueo do transporte metropolitano na área de Vigo e outra para fomentar o emprendemento feminino.

 PEDRO PUY DEFENDE QUE O FINANCIAMENTO AUTONÓMICO GARANTA A SUFICIENCIA DOS SERVIZOS PÚBLICOS BÁSICOS E TEÑA EN CONTA O CUSTO DIFERENCIAL DA PRESTACIÓN EN CADA COMUNIDADE

 O portavoz do Grupo Popular avogou por unha negociación multilateral, que se transforme nun acordo ao que se sumen “a maioría das comunidades autónomas, senón todas”

  • ·        “Cantas máis comunidades autónomas compartan a idea de que todos os cidadáns de España teñen dereito a un financiamento que garanta un nivel similar de prestación dos servizos públicos básicos, moito mellor será para Galicia”, manifestou.
  • Figueroa da por terminada la primera fase de la negociación sobre el presupuesto y anuncia que “ahora se planteará una propuesta cerrada sobre los asuntos irrenunciables”

    • El planteamiento del Partido Popular será consecuente con lo que se ha hablado hasta ahora y reflejará las ‘líneas rojas’ que ya le planteé al alcalde en la primera reunión”, afirma el portavoz del Grupo Popular.

    • La propuesta que entregaremos al gobierno municipal incluirá las garantías suficientes como para que el posible acuerdo, en caso de producirse, se lleve a efecto. No queremos que se lleve a pleno un papel vacío”, explica José Manuel Figueroa.

    • El Grupo Popular ha confeccionado un programa de gobierno para Vigo y los vigueses desde la oposición”, subraya Figueroa que matiza: “Hemos llegado al momento más delicado del proceso de negociación”.

    •  

 

 

EL CENTRO COMERCIAL ABIERTO AS TRAVESAS “AETRAVI” PONE EN MARCHA “ TRAVIESAS CON ENCANTO”

Donde: En las calles del ámbito de Traviesas: Florida, Camelias, Castelao, Plaza Independencia…

Cuando: Viernes 14 de marzo.

Hora: Desde las 10 h. a 20:30 h.

Extras: Descuentos especiales, talleres, artesanos y tiendas en las calles…

 

Tras el éxito de la “NOITE ENCANTADA” el Centro Comercial Abierto As Travesas “AETRAVI” pone en marcha una de las iniciativas más esperadas de la zona: la primera edición de “TRAVIESAS CON ENCANTO”donde todos los viandantes podrán disfrutar de un ambiente único en las calles de la zona.

jpg

El comercio local se viste de gala el próximo viernes 14 de marzo, aprovechando el carácter comercial de estas fechas, debido a la cercanía del día del padre.  Las calles cobrarán vida con asociados y artesanos en las calles vendiendo diversos productos.

 

 

 

Mayumana na Fundación Novacaixagalicia de Vigo

A Fundación Novacaixagalicia acollerá mañá, martes 11, e ao día seguinte, mércores 12, ás 20.30 h, Racconto, a nova proposta creativa de Mayumana, unha das agrupacións internacionais máis recoñecidas no ámbito da multidisciplina escénica. Ambas as funcións terán lugar no Centro Cultural da institución galega en Vigo, e as entradas atópanse á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com, ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

A Orquesta Sinfónica de Galicia na Fundación Novacaixagalicia de Vigo

O vindeiro xoves, 13 de marzo, o Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá un novo concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia incluído na tempada de abonos de clásica que organiza a entidade. A partir das 20.30 h, a agrupación de música clásica de Galicia ofrecerá un recital para o que contará con Michelle Mariotti na dirección e Midori no violín. O programa constará de pezas de Fernando Alonso, Felix Mendelssohn, Ígor Stravinski e Maurice Ravel. As entradas para este espectáculo, non recomendado para menores de sete anos, están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce á entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.

 

A Fundación Novacaixagalicia xa ten á venda as entradas para o espectáculo The Hole

A Fundación Novacaixagalicia ten á venda as entradas para o espectáculo The Hole, unha creación de Paco León, Yllana e LetsGo. As localidades están dispoñibles nas canles de comercialización habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, aberta en horario de 8.00 a 22.00 h. O espectáculo chegará a Vigo, ao Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia, localizado na rúa Policarpo Sanz, 13, o día 30 de abril e permanecerá na cidade ata o 4 de maio coas seguintes funcións: mércores 30, ás 20:30 h; xoves 1 e venres 2, dobre función, ás 19:30 h e ás 22:30 h; sábado 3, dobre función, ás 20:00 h e ás 23:00 h; e domingo 4, ás 18:00 h.

 

MEDIO AMBIENTE REMITIRÁ MAÑÁ AOS CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO A PROPOSTA DE CONVENIO DE ADHESIÓN AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

O conselleiro de Medio Ambiente traslada a o alcalde de Redondela que este proxecto de mobilidade non ten marcha atrás

  • Ambos mandatarios tamén abordaron o proxecto de ampliación da estrutura e beirarrúa na PO-250 sobre o río Alvedosa e o proxecto da mellora tecnolóxica da depuradora de Redondela, que se licitarán antes do verán
  • Agustín Hernández comunicou ao alcalde de Redondela que no escrito de alegacións ao Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda recóllese a petición da anulación da alternativa 5 do proxecto da autovía A-59

 

Santiago, 10 de marzo de 2014.- A Xunta de Galicia remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio para a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, así como unha estimación do custo económico que suporá a súa incorporación a este programa, co obxectivo de que as administracións locais inicien os trámites necesarios para poder poñer en marcha o plan a partires do vindeiro ano.

Así o avanzou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ao alcalde de Redondela, Javier Bas, co que mantivo unha reunión esta mañá na casa do Concello.

Hernández asegurou que para a Xunta xa non hai marcha atrás na posta en marcha desta iniciativa, que constitúe un dos exemplos máis claros de emprego axeitado e eficiente dos fondos públicos.

 

Tal e como xa se anunciara, a posta en marcha do transporte metropolitano na área de Vigo permitirá aforros que poden superar os 1.000 euros por cidadán e ano, así como a redución do uso dos vehículos privados, e aínda máis na cidade de Vigo que con ao redor de 500.000 habitantes ten rexistrados uns 250.000 automóbiles.

Reiterou que o seu desexo é que ao longo do 2014 se acade o acordo e se poida aprobar o plan por parte das distintas corporacións locais establecendo así a súa posta en marcha no 2015.

Por último, engadiu que, a pesar de que o Plan de Transporte Metropolitano é un ámbito de negociación multilateral con todos os concellos da área, non existe inconvinte en manter reunións bilaterais para trasladar os beneficios que reportará o plan as usuarios, tal e como aconteceu o sábado 1 de marzo, data na que o conselleiro se reuniu co alcalde de Vigo

Outros proxectos

O responsable de Medio Ambiente tamén abordou co alcalde outros proxectos do seu departamento no concello de Redondela, entre os que destacou dúas actuacións que se licitarán antes do verán. Unha delas é o agardado proxecto de ampliación da estrutura e beirarrúa na PO-250 sobre o río Alvedosa, que conta cun orzamento de mais de 150.000 euros. O outro proxecto que terá luz verde antes de xuño será a mellora tecnolóxica da depuradora de Redondela, que ten como un dos seus obxectivos a desodorización desta instalación.

Proxecto A-59: anulación da alternativa 5

Agustín Hernández tamén comunicou ao alcalde de Redondela que no escrito de alegacións ao PITVI (Plan Estatal de Infraestruturas, Transporte e Vivenda) que está a preparar a Xunta de Galicia recóllese a petición da anulación da alternativa 5 do proxecto da autovía A-59. No seu lugar, o Executivo galego, como xa comunicou tanto ao actual goberno como ao anterior, entende que a alternativa con menor impacto, menor custe e maior capacidade vertebradora é a alternativa 11 por Pazos de Borbén.

 

La Universidad de Navarra presenta mañana en Vigo su oferta educativa en una reunión dirigida a las familias

La UNAV se encuentra en el top 50 del ranking de mejores universidades del mundo según New York Times- International Herald Tribune.

▪     Dobles grados, estudios bilingües y programas internacionales marcan la oferta educativa de la Universidad; con campus en Pamplona, San Sebastián, Madrid y Barcelona.