A XUNTA ACHEGA FORMACIÓN OCUPACIONAL A INTERNOS DE TEIXEIRO PARA MELLORAR AS SÚAS OPCIÓNS FUTURAS DE INSERCIÓN LABORAL

  • 140310 traballo 04x
  • Entre outubro e febreiro impartiuse no cárcere un curso de colocación de prefabricados lixeiros de 328 horas
  • Os asistentes, reclusos dun módulo de preparación para a vida en liberdade, recibiron hoxe os diplomas acreditativos

Santiago, 10 de marzo de 2014.- A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, entregaron hoxe a un grupo de internos do centro penitenciario de Teixeiro os diplomas acreditativos dun curso de formación ocupacional que se desenvolveu entre os meses de outubro e febreiro. Na entrega estivo presente tamén a delegada da Xunta en A Coruña, Belén Do Campo.

Os asistentes ao curso son internos do módulo Nelson Mandela de preparación para a vida en liberdade. A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Plan de Inclusión, desenvolve distintas actividades nese módulo dirixidas a facilitar aos reclusos a súa inserción social, familiar e laboral cando saian en liberdade.

O curso de formación ocupacional que vén de rematar foi de albanelería, en concreto de colocación de prefabricados lixeiros e é o primeiro impartido en Teixeiro que contou con mulleres entre os asistentes, dúas dos once participantes totais. O curso constou de 328 horas.

O proxecto Nelson Mandela incorporouse no ano 2010 aos circuitos formativos sociolaborais da Consellería de Traballo e Benestar, polo que o módulo acolle cursos que supoñen unha formación homologada que permite aos asistentes contar cunha cualificación profesional certificada cara ao momento no que abandonen o centro penitenciario.

Itinerarios personalizados cara á inserción

Durante a súa permanencia no módulo de preparación para a vida en liberdade, os internos seguen un itinerario personalizado de inserción, un percorrido deseñado polos técnicos do plan de inclusión que inclúe as accións e cursos máis adecuados cara ao obxectivo final, a súa reinserción sociolaboral no momento no que saian en liberdade.

Así, os 67 reclusos que actualmente participan no Plan de Inclusión en Teixeiro asisten diariamente a distintas actividades; como poden ser cursos de prevencion de recaidas, talleres ocupacionais ou formación en educación vial, entre outras. Poden asimesmo asistir a outros cursos que se impartan no centro penitenciario.

O equipo de inclusión de Teixeiro está formado por unha pedagoga, unha educadora e unha traballadora social. Dende que estes técnicos do plan comezaron a traballar neste centro, o plan chegou a un total de 515 persoas.

Ademáis, unha vez que os internos acadan a liberdade a Xunta mantén o seu apoio a través da rede do Plan de inclusión social de Galicia, que é a encargada de facer un seguimento das personas que están integradas neste programa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “A XUNTA ACHEGA FORMACIÓN OCUPACIONAL A INTERNOS DE TEIXEIRO PARA MELLORAR AS SÚAS OPCIÓNS FUTURAS DE INSERCIÓN LABORAL”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: