MEDIO AMBIENTE REMITIRÁ MAÑÁ AOS CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO A PROPOSTA DE CONVENIO DE ADHESIÓN AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO

O conselleiro de Medio Ambiente traslada a o alcalde de Redondela que este proxecto de mobilidade non ten marcha atrás

  • Ambos mandatarios tamén abordaron o proxecto de ampliación da estrutura e beirarrúa na PO-250 sobre o río Alvedosa e o proxecto da mellora tecnolóxica da depuradora de Redondela, que se licitarán antes do verán
  • Agustín Hernández comunicou ao alcalde de Redondela que no escrito de alegacións ao Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda recóllese a petición da anulación da alternativa 5 do proxecto da autovía A-59

 

Santiago, 10 de marzo de 2014.- A Xunta de Galicia remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio para a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, así como unha estimación do custo económico que suporá a súa incorporación a este programa, co obxectivo de que as administracións locais inicien os trámites necesarios para poder poñer en marcha o plan a partires do vindeiro ano.

Así o avanzou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ao alcalde de Redondela, Javier Bas, co que mantivo unha reunión esta mañá na casa do Concello.

Hernández asegurou que para a Xunta xa non hai marcha atrás na posta en marcha desta iniciativa, que constitúe un dos exemplos máis claros de emprego axeitado e eficiente dos fondos públicos.

 

Tal e como xa se anunciara, a posta en marcha do transporte metropolitano na área de Vigo permitirá aforros que poden superar os 1.000 euros por cidadán e ano, así como a redución do uso dos vehículos privados, e aínda máis na cidade de Vigo que con ao redor de 500.000 habitantes ten rexistrados uns 250.000 automóbiles.

Reiterou que o seu desexo é que ao longo do 2014 se acade o acordo e se poida aprobar o plan por parte das distintas corporacións locais establecendo así a súa posta en marcha no 2015.

Por último, engadiu que, a pesar de que o Plan de Transporte Metropolitano é un ámbito de negociación multilateral con todos os concellos da área, non existe inconvinte en manter reunións bilaterais para trasladar os beneficios que reportará o plan as usuarios, tal e como aconteceu o sábado 1 de marzo, data na que o conselleiro se reuniu co alcalde de Vigo

Outros proxectos

O responsable de Medio Ambiente tamén abordou co alcalde outros proxectos do seu departamento no concello de Redondela, entre os que destacou dúas actuacións que se licitarán antes do verán. Unha delas é o agardado proxecto de ampliación da estrutura e beirarrúa na PO-250 sobre o río Alvedosa, que conta cun orzamento de mais de 150.000 euros. O outro proxecto que terá luz verde antes de xuño será a mellora tecnolóxica da depuradora de Redondela, que ten como un dos seus obxectivos a desodorización desta instalación.

Proxecto A-59: anulación da alternativa 5

Agustín Hernández tamén comunicou ao alcalde de Redondela que no escrito de alegacións ao PITVI (Plan Estatal de Infraestruturas, Transporte e Vivenda) que está a preparar a Xunta de Galicia recóllese a petición da anulación da alternativa 5 do proxecto da autovía A-59. No seu lugar, o Executivo galego, como xa comunicou tanto ao actual goberno como ao anterior, entende que a alternativa con menor impacto, menor custe e maior capacidade vertebradora é a alternativa 11 por Pazos de Borbén.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: