A XVI Mostra de Teatro Universitario arranca mañá na UVigo con Apnea, unha obra chea de lirismo, da Aula de Teatro da USC
Vigo, 11 de marzo de 2014.- A XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, arranca mañá na Cidade Universitaria da Universidade de Vigo con Apnea (Variación 2ª), da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixida por Roberto Salgueiro, trátase dunha obra cun marcado compoñente lírico e chea de emocións non so éticas senón tamén, estéticas. Cinco personaxes sobre as táboas interpretados por Marcos Montiel (Home con paraugas), Alba López (Muller que xira), Carlos Hermida (Pai), Aldara Cidrás (Muller de PontNeuf) e Miguel Gender (Home que saltaría a corda), amosarán unha visión crítica da Galicia actual. A obra, con entrada libre, poderá verse mañá no teatro de Cidade Universitaria ás 18.30 horas.
AULA DE TEATRO DA USC Apnea (Variación 2ª ) Data: 12 de marzo Hora: 18.30 h // Entrada libre ata completar aforamento Lugar: Teatro Roberto Vidal Bolaño. Cidade Universitaria. Campus de Vigo
|