Inauguración O BOSQUEXO DO MUNDO na Fundación Luis Seoane

 

Este xoves 13 de marzo, inaugúrase na Fundación Luis Seoane (A Coruña) a exposición ‘O BOSQUEXO DO MUNDO’.

Comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, esta mostra está producida conxuntamente polo MARCO de Vigo (onde se exhibiu entre abril e setembro de 2013), o Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, outubro 2013-febreiro 2014), e a Fundación Luis Seoane, onde permanecerá aberta ao público ata o 25 de maio.

Marta Bran, Berta Cáccamo, Bosco Caride, Rosendo Cid, Tamara Feijoo, Beatriz Lobo, Juan Loeck, Rut Massó, Din Matamoro, Chelo Matesanz, Santiago Mayo, Tatiana Medal, Miguel Mosquera, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Ignacio Pérez-Jofre, Isaac Pérez Vicente, Juan Carlos Román, Luis Seoane, Teo Soriano, Tayone, Mauro Trastoy.

Un proxecto comisariado por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre

Marta Bran_Berta Cáccamo_Bosco Caride_Rosendo Cid_Tamara Feijoo_Beatriz
Lobo_Juan Loeck_Rut Massó_Din Matamoro_Chelo Matesanz_Santiago Mayo_Tatiana
Medal_Miquel Mosquera_Doa Ocampo_Kiko Pérez_Ignacio Pérez-Jofre_Isaac Pérez
Vicente_Juan Carlos Román_Luis Seoane_Teo Soriano_Tayone_Mauro Trastoy

-Do 13 de marzo ao 25 de maio de 2014. Fundación Luis Seoane, A Coruña-

O bosquexo do mundo é unha mostra colectiva comisariada por Ángel Cerviño e
Alberto González-Alegre e coproducida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea
de Vigo, o Auditorio de Galicia e a Fundación Luis Seoane, que ofrece a posibilidade
dunha visita a ese crisol de formas que é o taller do artista, e trae ao museo un
conxunto de útiles e documentos, tamén obras e os seus antecedentes que, como
pezas dun crebacabezas en perpetuo movemento, proporciona sustento e alimenta
as creacións. Unha aposta polas mostras de produción propia extensible aos tres
centros, como nova experiencia de coprodución e de traballo en rede.

O título da exposición sérvese da ambigüidade e riqueza do termo bosquexo, como
proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe
mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor
conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada
un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie
de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas
lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados.

Así, xunto a obras en distintos soportes, a mostra componse sobre todo de
apuntamentos, bosquexos, e pezas inacabadas. O bosquexo do mundo trae ás salas
da Fundación Luis Seoane un conxunto de útiles e documentos —obxectos, cadernos
de notas, esquemas, recortes de prensa, vídeos, fotografías, repertorios de imaxes,
textos propios e alleos, xestos e materiais atopados…— que se sitúan na base ou, por
así dicir, na zona de influencia de cada artista, do seu quefacer e da súa particular

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: