MÁIS DE 50 EXPERTOS ABORDARÁN DENDE MAÑÁ A INVESTIGACIÓN E SEGUIMENTO QUE SE FAI NO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

  • Trátase das segundas xornadas que organiza a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, co obxectivo de difundir o resultado das actuacións e proxectos que facilitan un coñecemento máis completo deste medio

  • A primeira das conferencias centrarase na conservación das aves mariñas; mentres que a segunda xornada dedicarase á diversidade mariña, como a navalla, o pinto ou a maragota

Santiago, 11 de marzo de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia mañá as II Xornadas de difusión de investigación e seguimento no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza promove esta actividade durante os días 12 e 13 de marzo co obxectivo de dar a coñecer a profesionais relacionados co medio ambiente e ao público en xeral a actividade de investigación e seguimento neste enclave natural. Así, por segundo ano consecutivo, búscase difundir o resultado das actuacións e proxectos que nos axudan a acada cada día un coñecemento máis completo da súa contorna.

Compre lembrar que entre os obxectivos cos que se declara un parque nacional atópase o de fomentar o coñecemento dos seus valores e contribuír á investigación científica. Non obstante, este incremento do coñecemento producido polo nivel do estudo ten que ir asociado coa difusión dos resultados obtidos e a transmisión do coñecemento dirixida ás persoas con relación profesional e vocacional co medio ambiente e co público, en xeral.

Ao longo destas dúas xornadas, os participantes intercambiarán impresións e coñecemento sobre as actuacións para a conservación das aves mariñas, a dinámica poboacional do corvo mariño, as mecánicas levadas a cabo para o seguimento e estudo do visón americano e do gato; así como as ferramentas para a conservación da pardela cincenta.

A segundo das xornadas estará centrada na diversidade mariña do parque, xa que a segunda quenda, que se inicia ás 09:30 horas, comezará cunha explicación sobre a investigación sobre os peixes costeiros presentes no parque, como o pinto e a maragota; ou como os factores ambientais inflúen no ciclo da navalla.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: