OS MOZOS E MOZAS AUTÓNOMAS BENEFICIARANSE DUN ANO DE COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL “A CUSTO CERO” GRAZAS AO PLAN DE EMPREGO XUVENIL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou hoxe este anuncio no Parlamento galego, onde deu conta das principais liñas de actuación desta nova ferramenta

  • Por primeira vez, os menores de 30 anos que se constitúan como autónomos, e cuxa actividade non supoña un investimento elevado, recibirán 1.200 euros

  • Entre as 19 medidas do Plan, incorpórase de forma pioneira unha axuda de 200 euros mensuais para a contratación daqueles mozos que nin estudan nin traballan

  • Tamén se financiarán, como medida novidosa, 9 meses de prácticas para mozos e mozas titulados, que contarán cunha bolsa de 426 euros ao mes

  • Outro dos eixos principais será a formación, dado que o 60 por cento dos menores de 30 anos en situación de desemprego contan cunha nula ou escasa cualificación

 

Santiago, 11 de marzo de 2014.- Os galegos menores de 30 anos que decidan constituírse como autónomos poderán beneficiarse dun primeiro ano “a custo cero” de cotización á Seguridade Social grazas ás medidas que se inclúen no Plan de emprego xuvenil 2014-2015. Así o anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a súa comparecencia a petición propia no Parlamento galego para dar conta das principais liñas de actuacións incluídas nesta nova ferramenta.

 

Así, a titular do departamento autonómico explicou que unha das principais novidades do Plan será a publicación dunha orde específica para mozos e mozas autónomos, que contará con 9 millóns de euros e 3.100 beneficiarios. As subvencións oscilarán entre os 6.000 e os 10.000 euros, isto é, “ao redor dun 10 por cento máis que as axudas ordinarias para o establecemento de autónomos”.

 

Nesta liña de axudas, introdúcese por primeira vez unha iniciativa “ambiciosa e novidosa”. Por vez primeira, os menores de 30 anos que decidan constituírse como autónomos, e cuxa actividade non supoña un investimento elevado, recibirán 1.200 euros. Esta medida, combinada coa tarifa plana estatal de 50 euros, suporá que a súa cotización á Seguridade Social durante o primeiro ano estará subvencionada ao 100 por cento.

 

Mato sinalou que esta actuación inscríbese dentro da batería de medidas dirixidas ao emprendemento incluídas no Plan: un total de 6, dotadas con 15 millóns de euros e que contarán con máis de 14.000 beneficiarios.

 

Neste mesmo eido, tamén se habilitan medidas como o programa de axudas ás cooperativas xuvenís, que contarán con incentivos de ata 15.000 euros e cun 25 por cento adicional nas contías das outras axudas ao cooperativismo; o Xuventude Coop, un conxunto de actuacións dirixidas a promover o cooperativismo entre a mocidade galega; a rede de viveiros de empresa; a subvención a fondo perdido de ata un 50 por cento para a creación de pemes; as accións formativas en emprendedurismo; ou as accións formativas para a creación e a xestión de empresas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: