SEIS MENSAXES DE AMOR ESCRITAS POR MOZAS E MOZOS GALEGOS GAÑAN O CERTAME ‘LINGUA DE NAMORAR’ PROMOVIDO POLA XUNTA

1024×768

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:»Tabla normal»;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:»»;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

  O xurado vén de concederlles os premios de entre as 50 mensaxes máis votadas polos usuarios e usuarias, tal e como establecían as bases do certame

  Nas súas deliberacións, o xurado tivo en conta o grao de elaboración das mensaxes, a orixinalidade e a calidade da lingua

 Preto dun milleiro de mozos e mozas participaron en ‘Lingua de namorar’ durante as cinco semanas nas que se desenvolveu o concurso, ben enviando mensaxes, ben como votantes

A Lei de Xuventude de Galicia, aprobada na pasada lexislatura, establece a promoción da lingua galega como un eixo prioritario da acción de Goberno

Santiago, 12 de marzo de 2014.- Un total seis mozos e mozas gañaron coas súas mensaxes de amor na rede o certame ‘Lingua de namorar’, convocado polas consellerías de Traballo e Benestar e Cultura e Educación e, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, respectivamente.

O xurado vén de concederlles os premios de entre as 50 mensaxes das que concorreron ao concurso máis votadas polos usuarios e usuarias, tal e como establecían as bases do certame.

Na categoría A, de 14 a 19 anos, resultou gañadora do primeiro premio Alba García Pose (Santiago de Compostela, A Coruña), coa mensaxe “O zume de laranxa”; a gañadora do segundo premio foi Aitana Iglesias Márquez (Narón, A Coruña), coa mensaxe “Ti = Vida” e a gañadora do terceiro premio foi Ángela Lago Seijo (O Porriño, Pontevedra), coa mensaxe “Cando me apertas”.

Na categoría B, de 20 a 35 anos, Lidia María Bao Martínez (A Coruña), gañou o primeiro premio coa mensaxe “O amor é producir dúas veces”; o segundo premio recaeu na mensaxe “Cicloxéneses” de Olaia Costas González (Vigo, Pontevedra), e o terceiro premio foi para a mensaxe “Todo contigo”, de Borja Pérez Castro (Pontevedra)

O xurado do concurso, que estivo presidido pola escritora Yolanda Castaño, realizou tamén unha mención especial para a mensaxe “O crebacabezas”, de Juan Pons Herrera (Vigo, Pontevedra).

Nas súas deliberacións, o xurado tivo en conta o grao de elaboración das mensaxes, a orixinalidade e a calidade da lingua. As mensaxes gañadoras pódense ler na páxina do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html.

Preto dun milleiro de mozos e mozas participaron en ‘Lingua de namorar’ durante as cinco semanas nas que se desenvolveu o concurso, ben enviando mensaxes, ben como votantes. O prazo de participación estivo aberto ata o 23 de febreiro. A partir desta data, os usuarios e usuarias puideron votar polas súas mensaxes favoritas ata o 28 de febreiro.

A Lei de Xuventude de Galicia, aprobada na pasada lexislatura, establece a promoción da lingua galega como un eixo prioritario da acción de Goberno. Ademais, o Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2014-2016 contará con 11 medidas para fomentar o uso do galego nos distintos ámbitos sociais.

Doutra banda, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega recolle entre os seus obxectivos o de impulsar o uso do idioma propio de Galicia entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario