O PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS CONVOCA A IX EDICIÓN DAS XORNADAS FORMATIVAS PARA PROFESIONAIS DO SECTOR TURÍSTICO

  Terán lugar os vindeiros 4 e 5 de abril e contarán cunha visita ao Centro de Visitantes e outra ao arquipélago das Illas Cíes

 A finalidade de estas xornadas de formación é proporcionar a máxima información posible do espazo protexido aos profesionais que poidan estar en contacto cos potenciais visitantes do Parque Nacional

 Inauguradas pola directora xeral de Conservación da Natureza e coordinadas por José Antonio Fernández Bouzas promoverán unha visión integral da rede de espazos naturais galegos e da  súa conservación e a sostibilidade

Santiago, 13 de marzo de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente acolle os vindeiros 4 e 5 de abril no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a IX edición das xornadas formativas para técnicos informadores e guías turísticos que darán a coñecer aos profesionais relacionados co sector os valores naturais e culturais deste entorno protexido.

Un dos principais obxectivos do Parque Nacional é a divulgación e difusión dos seus valores naturais e culturas, para o que se fai imprescindible o papel dos informadores turísticos. A formación destes axentes permite ofrecer aos potenciais visitantes do espazo protexido a posibilidade de organizar a súa visita dun xeito que lle permita un máximo aproveitamento, da forma máis respectuosa posible e podendo contribuír, na súa medida, na conservación do Parque Nacional.

Esta acción formativa, que se ven a realizar de xeito consecutivo dende o ano 2006, ten coma finalidade proporcionar aos participantes ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potenciais visitantes do Parque, dunha forma clara e precisa, sobre os servizos, normativa ou xestión do mesmo. De este xeito poderán propoñer suxestións e actuacións de mellora no espazo, especialmente nos aspectos relacionados coa súa área de traballo, para que os visitantes poidan aproveitar a súa visita e contribuír na conservación do Parque Nacional.

Coordinadas por José Antonio Fernández Bouzas, director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, promoverán unha visión integral da rede de espazos naturais de Parques Nacionais españois e galegos, na que o Parque Nacional é referente da conservación e a sostibilidade. Ademais se transmitirá a necesidade de protección dos valores dos espazos naturais protexidos, e a importancia da labor do Parque na transmisión de dichas premisas aos visitantes.

Contidos das xornadas

As xornadas constan de dous partes principais, unha teórica, que se realizará o venres 4 de abril no salón de actos do Centro de Visitantes do Parque Nacional (Edificio Cambón, Rúa Oliva, 3, Casco vello, Vigo), e outra de carácter práctico que consistirá na visita ao arquipélago das Cíes.

 

No primeiro día, a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, xunto ao director do Parque Nacional, presentarán as xornadas, e os participantes coñecerán o papel dos informadores turísticos na divulgación dos valores do espazo protexido, e os recursos e materiais de apoio para mellorar a información se dita divulgación.

Para conseguilo se ensinará o entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas a través da súa historia, patrimonio cultural, normativa vixente, e características coma a composición do mesmo, medio físico, fondos mariños, flora e fauna terrestre. Ademais darase a coñecer o uso público no Parque, o seu funcionamento e turismo.

A parte teórica das xornadas completaranse cunha visita o sábado 5 de abril ao arquipélago das Illas Cíes, co obxecto de contrastar de xeito práctico e participativo os contidos tratados no día anterior, a través dunha ruta guiada e de actividades en grupo.

Proceso de inscrición

Destinadas a técnicos, informadores e guías turísticos -que non teñan participado en ningunha das anteriores edicións destas xornadas nin no curso de formación de guías do Parque Nacional-, contan cun máximo de 65 prazas.

Os interesados poderán inscribirse ata o 19 de marzo e a listaxe provisional de participantes publicarase na páxina web do Parque Nacional o luns 26 de marzo, mentres que a definitiva volverase publicar no mesmo medio o luns 31 de marzo.

No caso de que o número de solicitudes supere a demanda ofertada, realizarase unha selección en base a relación entre o traballo actual do solicitante coa temática das xornadas, a súa profesión, estudos académicos e a orde de chegada de solicitudes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: