Segunda parte dos abonos da clásica na Fundación Novacaixagalicia en Vigo
A Fundación Novacaixagalicia poñerá, o vindeiro luns 17 de marzo, á venda a segunda parte dos abonos de música clásica na cidade olívica que estarán á disposición do público ata o 31 de marzo de 2014. Todas aquelas persoas que xa mercasen os abonos para a primeira parte da tempada e que agora os desexen renovar, terán á súa disposición os días 17 e 18 de marzo para adquirir os da segunda. O día 19 de marzo, mércores, abrirase ao público xeral a adquisición dos abonos a través das canles habituais de comercialización de espectáculos da fundación galega, a web de Servinova, www.servinova.com, e a billeteira telefónica 902 504 500.