Archive | marzo 18, 2014

Concello de Vigo

 


O alcalde presenta unha tarxeta solidaria que substitúe aos cheques sociais de alimentos

Os cheques municipais para axudas de emerxencia de alimentos serán substituídos por tarxetas de crédito coas que os usuarios poderán comprar comida e productos de hixiene de primeira necesidade en calquera establecemento da cidade. Tal e como explicou o rexedor, este novo instrumento significa “dignidade e discreción” para os beneficiarios que serán persoas sen ingresos. No 2013, o Concello investiu 445.000 euros en axudas de emerxencia social.

 


Vigo incorpora un autobús urbano híbrido e sumará dez no prazo dun ano

O novo vehículo presta servizo desde hoxe martes na liña Circular a modo de proba. O alcalde salientou as vantaxes medioambientais do híbrido -o aforro no consumo de combustible e a reducción das emisións de CO2- e avanzou que o transporte urbano vigués incorporará dez á súa flota de autobuses no prazo dun ano.

 


O Concello organizará en outono un concerto adicado á música que fala de Vigo

O alcalde e o Valedor do Pobo acordaron a organización en outorno dun concerto que recollerá música e letras que falan de Vigo. Trátase, dixo o rexedor, dunha ideal “xenial” que pretende preservar e aumentar o acervo cultural da cidade.

 


Inauguración exposición “Os que habitan” de Eva Díez, na Casa das Artes

Este mércores, 19 de marzo, ás 20:00 h, inauguráse na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición “Os que habitan”, da viguesa Eva Díez, promovida pola Concellería de Cultura e Festas.

 

Relatorio sobre “Saúde e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”

A Concellería de Igualdade programa para o mércores 19 de marzo ás 19.00h, o relatorio “Saúde e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres” a cargo da xinecóloga Isabel Blanco Domínguez, premio de Igualdade “Ernestina Otero” 2014.

 


concurso “Gústame o galego nos centros de ensino”

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo colaboran no concurso “Gústame o galego nos centros de ensino” no que se propón ás e aos estudantes de todos os niveis educativos da cidade e ao alumnado da UVigo que manden microrrelatos, vídeos de rap, contos ilustrados, bandas deseñadas, carteis, viñetas…

Anuncios

Noticias PP

O PP DE SALCEDA SOSTÉN QUE O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2014 É IRREAL E INFORMA A TODOS OS VECIÑOS DA DISPOÑIBILIDADE DE CONSULTAR O DOCUMENTO NA SÚA SEDE  

Os populares aseguran que as cifras expostas no Orzamento presentado polo Bipartito (non adscritos – PSOE) non se cumprirán como xa sucedeu no 2013, cando a cantidade de ingresos previstos viuse reducida en moitas partidas

Ese superávit anunciado correspóndese ao remanente negativo rexistrado no exercicio 2012, que por lei debe presentarse agora en positivo

O PP pon a disposición de todos os veciños o documento para que o analice e poidan presentar as reclamacións que consideren oportunas, como así tamén o fará o Grupo Popular, antes de que remate o prazo, o vindeiro xoves día 27 .

El Grupo Popular reclama una actuación urgente para eliminar baches en las calles provocados por los temporales del invierno

  • La concejala del PP, Teresa Egerique, plantea que “brigadas municipales realicen los trabajos de emergencia, dado el deterioro que han sufrido calzadas y aceras por las inclemencias meteorológicas”.

  • El Partido Popular sigue recibiendo quejas de problemas en el casco urbano y en las parroquias a través del correo electrónicohayunproblemaenmicalle@ppdevigo.com y canaliza también las que llegan a través de las asociaciones y de la federación vecinal”, asegura Egerique.

  • O GRUPO POPULAR INCORPORA O DEBATE DE ADMISIÓN NO PLENO DA ILP PARA GARANTIR SERVIZOS DE HEMODINÁMICA, RADIOTERAPIA E MEDICINA NUCLEAR EN TODA GALICIA

     Os deputados populares tamén defenderán proposicións non de lei para o acceso á historia clínica e sobre a pobreza enerxétic

    • ·        En total, a sesión plenaria incorpora 29 temas, dos que o Goberno e o Grupo Popular incluíron 6 fronte a 22 da oposición
    • ·        Puy lamentou a falta de vontade dos representantes da Administración central para comparecer na Comisión de Estudo de Seguridade Viaria e avanzou que a Presidenta do Parlamento solicitará que reconsideren esta postura
  • La edil del Grupo Popular reclama, además, que “los cambios de tráfico que se produzcan a consecuencia de obras en las calles tengan información suficiente para evitar problemas a los conductores, como ha ocurrido en la plaza de Compostela”.

O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE XESTUR APROBOU A AMPLIACIÓN DE CAPITAL DA SOCIEDADE PÚBLICA

  • Tamén aprobou ampliar de cinco a sete anos o prazo para o pago do solo empresarial
  • Aprobouse a venda de cinco parcelas, por preto de 1,1 millóns de euros, nos parques empresariais de Melide, A Sionlla e o Barco de Valdeorras
  • Xestur adquirirá como autocarteira as accións da Deputación Provincial de Lugo, que abandona a empresa, ofrecéndolle en pago solo a elixir nos parques das Gándaras e Cervo ou en Garabolos Leer Más…

El Naufragio del pesquero portugués Santa Ana en Cabo de Peñas deja al descubierto la incapacidad de los responsables de Sasemar

Los erróneos criterios de Sasemar dejan al descubierto agravios comparativos por los que deberían asumir responsabilidades.

El naufragio del pesquero santoñes Nuevo Pilín en noviembre de 2004 permitió entonces el arrastre con la ayuda de flotadores hasta el puerto de Bilbao. Leer Más…

PRESENTACIÓN “O SEXO MARSCULINO DOS ANXOS”, de Manuel Janeiro en Vigo

O acto será introducido por unha peza teatral breve titulada
Desamordazamento,  interpretada polos actores Pedro Placer e Pablo Car
rera.  Intervirán no acto, ademais do autor, os escritores
Víctor F. Freixanes (director  xeral de Editorial Galaxia) e Damián Villalaín (profesor da Escola Superior de Arte Dramática, ESAD).

Xoves, 20 de marzo, ás 20,15 horas, en La Fiesta de los Maniquíes
(rúa Rogelio Abalde, 11)

SOBRE A OBRA:

Nunha sociedade que vive os últimos anos da ditadura, no Madrid estudantil de principios dos setenta, comeza unha amizade que se alonga no tempo e na distancia.

Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro.

 

SOBRE O AUTOR

 

 

Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial e o audiovisual foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos e autor, a partir dos seus propios guións, de dúas obras sobre o traballo de dous arquitectos: Mínimo (2003) e As persoas do verbo (2004). Como poeta, publicou Primera edad (1977), Poemas sobreros (1989) e Ensayos para el habla (2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (IBBY, 2007) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos (Galaxia. Literaria, 2014) é a súa última obra en prosa. Unha novela coa que sube un chanzo máis que o leva a se converter nunha das voces máis singulares da nosa literatura.

Amor Flexible con Mela Casal en Cangas

representación da montaxe teatral “Amor Flexible”, da compañía Redrum Teatro, que terá lugar os vindeiro sábado 22 de marzo ás 20.30 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo.

“Amor Flexible” está protagonizada pola famosa actriz Mela Casal, xunto con Tamara Canosa e Guillermo Carbajo e dirixida por Alex Sampayo.

O vindeiro sábado 22 de marzo o Auditorio Municipal de Cangas acollerá, a partir das 20.30 h, a representación do espectáculo Amor Flexible, da compañía de teatro Redrum.

Producida co apoio da AGADIC, Amor Flexible é unha comedia de enredo que fala das relacións de parella a través dos sete pecados capitais. Está protagonizada pola veterana actriz Mela Casal, con grande sona polos seus traballos no audiovisual galego, como alcaldesa de Mareas Vivas, a viuva de A vida por diante ou a entrañable Socorrito, do programa Luar. Xunto a ela dous actores novos pero cunha ampla experiencia, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, ambos os dous coñecidos polo gran público por ser os nenos das dúas series de televisión máis míticas da Tvg: Mareas Vivas e Pratos Combinados respectivamente.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no eido audiovisual no que ten dirixido series como El Internado ou Padre Casares. Neste momento está a piques de estrear nos cines a súa ópera prima, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Amor Flexible é unha comedia escrita por Avelino González, Araceli Gonda, Tamara Canosa, Borja F. Caamaño e Alex Sampayo.

Trátase da cuarta produción da compañía Redrum Teatro, unha compañía fundada no 2009 que xa levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; o espectáculo infantil Moito Conto e a comedia Curriculum Vitae.

 

EL CONCELLO DE PORRIÑO MANTIENE LAS BUENAS CIFRAS EN MATERIA DE SEGURIDAD CIUDADANA

Porriño_Junta_Local_Seguridad (2)El alcalde Nelson Santos presidió esta mañana la Junta Local de Seguridad en la cual se destacó el coordinado trabajo, sobre todo preventivo y disuasorio, de los diferentes cuerpos y fuerzas de seguridad en el municipio

La reducción de delitos y un mayor esclarecimiento de los mismos fueron algunos de los datos presentados. Además, se trató la vigilancia en los polígonos industriales y en los mercadillos; el balance del Plan Operativo de Ocio y del Plan Director y la activación del sistema operativo “Viogen”, mediante el cual la Policía Local de Porriño podrá tener acceso a la base de datos de los casos de violencia de género

SON Estrella Galicia presenta a Xoel López en la Sala Capitol de Santiago de Compostela

SON Estrella Galicia presenta a Xoel López en la Sala Capitol de Santiago de Compostela
Será este viernes 21 de marzo a las 21.30 h.

 noname

Xoel López continúa este fin de semana su Gira SON Estrella Galicia, que recala en la Sala Capitol de Santiago de Compostela el próximo viernes 21 de marzo.

Xoel presentará su último y aclamado disco: Atlántico, con el que está girando por gran parte de la geografía nacional y cuya Gira SON Estrella Galicia arrancó el pasado 23 de enero en Madrid con el cartel de “no hay entradas”.

Atlántico (Esmerarte 2012), el duodécimo trabajo de la carrera de Xoel López, y el primero editado bajo su propio nombre. Producido junto a Juan de Dios Martín y grabado entre A Coruña y Buenos Aires, supone una nueva etapa musical y personal para Xoel, que ha enriquecido los ritmos y fortalecido las melodías.

Xoel López, mejor músico independiente de 2013
Xoel fue el gran vencedor de la Gala de los V Premios de la Música Independiente celebrada el pasado junio en Madrid, en la que se hizo con 2 galardones: mejor álbum de autor por “Atlántico”, y mejor artista nacional, categoría a la que se presentaron cerca de 400 propuestas.

Las entradas para el concierto en la Sala Capitol ya están a la venta en Ticketea, web de Capitol y A Reixa Tenda a un precio de 15 € + gastos de distribución. En taquilla costarán 18 €.

O DOG PUBLICA HOXE A CONVOCATORIA DE AXUDAS POR FILLO A CARGO DE 360 EUROS QUE SE PODERÁ SOLICITAR DESDE MAÑÁ

bebe  A prestación da Consellería de Traballo e Benestar consiste nun pagamento único por cada un dos fillos menores de 3 anos

  A petición formalizarase no formulario normalizado que está dispoñible na sede electrónica da Xunta no enderezo https://sede.xunta.es

 O prazo de presentación das solicitudes, segundo publica hoxe o DOG, será de corenta días naturais contados desde mañá

  A resolución destas axudas, que o ano pasado beneficiaron a preto de 3.000 persoas, será nun prazo de cinco meses

 Esta medida forma parte do Plan de Dinamización Demográfica de Galicia que inclúe este ano, como novidade, un incremento dos incentivos fiscais 

 

Santiago, 17 de marzo de 2014.- A prestación por fillo a cargo da Consellería de Traballo e Benestar poderá solicitarse desde mañá, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). A axuda consiste nun pagamento único de 360 euros por cada un dos fillos menores de 3 anos.

  Leer Más…

A XUNTA SOLVENTA OS PROBLEMAS DE SEGURIDADE ELÉCTRICA DO IES SANTO TOMÉ DE FREIXEIRO COA REFORMA COMPLETA DA SÚA INSTALACIÓN, ONDE INVESTIU CASE 43.000 EUROS

 

§_MG_5033

  A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria executou unha mellora no centro educativo debido a que se detectaron defectos moi graves de seguridade nas proteccións dos circuítos eléctricos, falta de illamento nas liñas secundarias e deterioro do alumeado de emerxencia.

§  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, comprobou esta mañá a finalización dos traballos, que se veñen a sumar ao investimento de case 133.000 euros que o departamento de Educación leva destinado ao centro vigués.

§  No ano 2013 e no que levamos de 2014, a Xunta leva executado un importante investimento en obras de reforma e mellora dos centros educativos de primaria e secundaria da cidade olívica, e que ascenden a preto de 830.000 euros.

Vigo, 17 de marzo de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de rematar os traballos de reforma da instalación eléctrica do IES Santo Tomé de Freixeiro de Vigo cun investimento de case 43.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o centro para comprobar in situ a finalización dos traballos que se levaron a cabo debido a detección de defectos moi graves de seguridade nas proteccións dos circuítos eléctricos, na falta de illamento nas liñas secundarias e o deterioro do alumeado de emerxencia. Con esta obra, coma subliñou a delegada, queda solventado o problema de seguridade eléctrica que tiña o centro educativo.

Bravo Bosch, que estivo acompañada polo director do colexio e o xefe territorial de Educación, lembrou que esta obra ven a sumarse aos traballos que xa se levan realizando no instituto de secundaria da cidade nos últimos anos e que supuxeron un investimento total de case 133.000 euros. Neste senso, as actuacións acometidas pasaron por reformas de albanelería, adaptación de ascensores, reparación da traída da auga, traslado da aula de informática, colocación de estores, reparación do salón de actos ou substitución de tuberías de calefacción, entre outras.

A delegada destacou a traxectoria do IES Santo Tomé, coma un dos institutos “máis emblemáticos” da cidade. O centro conta con 726 alumnos e ofrece ensinanzas de secundaria e bacharelato, nas modalidades de Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais.

Por último, Bravo Bosch recordou que no ano 2013 e no que levamos de 2014, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a inversión en obras de mellora e reforma dos centros educativos da cidade olívica –tanto en CEIP coma en IES- ascendeu a case 830.000 euros mentres que nos concellos que conforman a área territorial de Vigo, o investimento superou os 1,7 millóns de euros.