A XUNTA ACORDA O DESPEDIMIENTO DUN EMPREGADO LABORAL POR FALTA TOTAL E CONTINUADA AO TRABALLO SEN XUSTIFICACIÓN

§  O seu comportamento esta tipificado como moi grave no V Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia

§  A Administración considera que non había causas de forza maior para esta ausencia prolongada ao non presentarse en ningún momento durante a tramitación do expediente, alegacións nin documentos que a xustifiquen

Santiago, 17 de marzo de 2014.- O Goberno galego acordou o despedimento dun empregado laboral da Administración autonómica debido a unha falta total e continuada de asistencia ao traballo e sen xustificar esa ausencia prolongada. A Xunta acordou incoar expediente disciplinario o 16 de setembro de 2013, logo de que o traballador non se incorporase ao traballo dende o 12 de xuño de 2013 nin xustificase a súa ausencia.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a sanción deste persoal laboral que prestaba os seus servizos como Oficial de defensa contra incendios forestais no Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

Esta sanción baséase en que incorreu nunha falta de ‘abandono de servizo’ tipificada como moi grave no artigo 47.3.c.3 do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia e que comportará a inhabilitación para ser titular dun novo contrato de traballo con funcións similares ás que desempeñaba.

A Administración autonómica tivo en conta a intencionalidade do empregado público na comisión da falta, xa que é unha falta total e continuada de asistencia ao traballo ao que está obrigado pola súa condición de empregado público.

Así mesmo, valorouse a inexistencia de forza maior que xustifique esta ausencia prolongada, xa que en ningún momento durante a tramitación do expediente se presentan alegacións nin documentos que poidan indicar a existencia de forza maior para non acudir ao seu posto.

O Goberno galego tamén tomou en consideración o dano realizado ao servizo público, xa que este persoal laboral ocupaba un posto de Oficial de defensa contra incendios forestais dependente do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais e, tendo lugar esta prolongada ausencia, en parte nos meses de alto risco, afectou de maneira grave á a organización do servizo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: