Amor Flexible con Mela Casal en Cangas

representación da montaxe teatral “Amor Flexible”, da compañía Redrum Teatro, que terá lugar os vindeiro sábado 22 de marzo ás 20.30 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo.

“Amor Flexible” está protagonizada pola famosa actriz Mela Casal, xunto con Tamara Canosa e Guillermo Carbajo e dirixida por Alex Sampayo.

O vindeiro sábado 22 de marzo o Auditorio Municipal de Cangas acollerá, a partir das 20.30 h, a representación do espectáculo Amor Flexible, da compañía de teatro Redrum.

Producida co apoio da AGADIC, Amor Flexible é unha comedia de enredo que fala das relacións de parella a través dos sete pecados capitais. Está protagonizada pola veterana actriz Mela Casal, con grande sona polos seus traballos no audiovisual galego, como alcaldesa de Mareas Vivas, a viuva de A vida por diante ou a entrañable Socorrito, do programa Luar. Xunto a ela dous actores novos pero cunha ampla experiencia, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, ambos os dous coñecidos polo gran público por ser os nenos das dúas series de televisión máis míticas da Tvg: Mareas Vivas e Pratos Combinados respectivamente.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no eido audiovisual no que ten dirixido series como El Internado ou Padre Casares. Neste momento está a piques de estrear nos cines a súa ópera prima, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Amor Flexible é unha comedia escrita por Avelino González, Araceli Gonda, Tamara Canosa, Borja F. Caamaño e Alex Sampayo.

Trátase da cuarta produción da compañía Redrum Teatro, unha compañía fundada no 2009 que xa levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; o espectáculo infantil Moito Conto e a comedia Curriculum Vitae.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: