Concello de Vigo

 


O alcalde presenta unha tarxeta solidaria que substitúe aos cheques sociais de alimentos

Os cheques municipais para axudas de emerxencia de alimentos serán substituídos por tarxetas de crédito coas que os usuarios poderán comprar comida e productos de hixiene de primeira necesidade en calquera establecemento da cidade. Tal e como explicou o rexedor, este novo instrumento significa “dignidade e discreción” para os beneficiarios que serán persoas sen ingresos. No 2013, o Concello investiu 445.000 euros en axudas de emerxencia social.

 


Vigo incorpora un autobús urbano híbrido e sumará dez no prazo dun ano

O novo vehículo presta servizo desde hoxe martes na liña Circular a modo de proba. O alcalde salientou as vantaxes medioambientais do híbrido -o aforro no consumo de combustible e a reducción das emisións de CO2- e avanzou que o transporte urbano vigués incorporará dez á súa flota de autobuses no prazo dun ano.

 


O Concello organizará en outono un concerto adicado á música que fala de Vigo

O alcalde e o Valedor do Pobo acordaron a organización en outorno dun concerto que recollerá música e letras que falan de Vigo. Trátase, dixo o rexedor, dunha ideal “xenial” que pretende preservar e aumentar o acervo cultural da cidade.

 


Inauguración exposición “Os que habitan” de Eva Díez, na Casa das Artes

Este mércores, 19 de marzo, ás 20:00 h, inauguráse na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a exposición “Os que habitan”, da viguesa Eva Díez, promovida pola Concellería de Cultura e Festas.

 

Relatorio sobre “Saúde e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”

A Concellería de Igualdade programa para o mércores 19 de marzo ás 19.00h, o relatorio “Saúde e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres” a cargo da xinecóloga Isabel Blanco Domínguez, premio de Igualdade “Ernestina Otero” 2014.

 


concurso “Gústame o galego nos centros de ensino”

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo colaboran no concurso “Gústame o galego nos centros de ensino” no que se propón ás e aos estudantes de todos os niveis educativos da cidade e ao alumnado da UVigo que manden microrrelatos, vídeos de rap, contos ilustrados, bandas deseñadas, carteis, viñetas…

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: