O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE XESTUR APROBOU A AMPLIACIÓN DE CAPITAL DA SOCIEDADE PÚBLICA

  • Tamén aprobou ampliar de cinco a sete anos o prazo para o pago do solo empresarial
  • Aprobouse a venda de cinco parcelas, por preto de 1,1 millóns de euros, nos parques empresariais de Melide, A Sionlla e o Barco de Valdeorras
  • Xestur adquirirá como autocarteira as accións da Deputación Provincial de Lugo, que abandona a empresa, ofrecéndolle en pago solo a elixir nos parques das Gándaras e Cervo ou en Garabolos

Santiago, 18 marzo de 2014.- O Consello de Administración da empresa pública Xestur aprobou unha ampliación de capital que será subscrita integramente polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, por importe de 32.184.893,31 euros. Asemade, o Consello aprobou a venda de parcelas en varios parques empresariais, o aumento do prazo que se ofrece aos empresarios para o pago das parcelas que adquiran e a oferta de solo á Deputación de Lugo como pago polas accións de dita Deputación, que asumiría a propia Xestur unha vez que a administración provincial decidiu abandonar a empresa pública.

Ampliación de capital

A ampliación de capital de Xestur, que ascenderá a 32.184.893,31 euros, será subscrita integramente polo IGVS, que desa maneira pasará a ostentar o 83,11 por cento do total do capital da sociedade pública, correspondendo o resto ás Deputacións Provinciais da Coruña (2,7 por cento), Lugo (2,2 por cento), Ourense (a través do Inorde, 1,02 por cento) e Pontevedra (0,35 por cento), así como á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia (11,81 por cento). Unha vez ampliado, o capital de Xestur será de 85.058.223,30 euros.

O desembolso do capital correspondente á ampliación deberá realizarse en dous pagos, un antes do 30 de maio e outro antes do 30 de novembro de 2014.

Vendas de solo

O pago do solo empresarial vendido por Xestur poderá aprazarse ata un período máximo de sete anos unha vez que o Consello de Administración acordou hoxe incrementar ese prazo, que ata o de agora era de cinco anos como máximo.

No momento da sinatura do contrato de compravenda os adquirentes pagarán o 30 por cento do importe da venda, así como a totalidade do IVE. O 70 por cento restante poderá aprazarse ata un máximo de 7 anos garantíndose dito pagamento no caso de outorgamento de escritura pública.O tipo de xuro anual será o 6,75 %. Nos Parques Empresariais integrados no Plan Impulsa (todos os das provincias de Lugo e Ourense), e para os incluídos no Plan Revive Costa da Morte (Carballo e Ponteceso) e no Plan Ferrol (Ortigueira, Cedeira, Pontedeume, Somozas e As Pontes) rebaixarase o tipo de xuro anual o 5,75%.

Mantense como ata o de agora a posibilidade de pago ao contado e pronto pago.

Por outra parte, aprobouse a venda de cinco parcelas de solo empresarial nos polígonos de Melide, A Sionlla (Santiago de Compostela) e o Barco de Valdeorras, por un importe total de preto de 1,1 millóns de euros.

 

No parque empresarial de Melide aprobouse a venda de dúas parcelas a unha única empresa. As parcelas suman un total de 2.654 metros cadrados. Na Sionlla a autorización de venda é para unha parcela de 6.000 metros cadrados e no Barco de Valdeorras para dúas parcelas (1.220 metros cadrados).

Adquisición de accións

O Consello de Administración de Xestur tamén abordou o desexo da Deputación de Lugo de abandonar o capital social da empresa pública e a forma de facelo. Dado que ningún dos socios actuais de Xestur está interesado en adquirir o capital da Deputación lucense, adoptouse a decisión de que sexa a propia empresa pública a que adquira ditas accións (autocarteira), pagándoas en especie.

Con tal fin, Xestur ofrecerá diversos solos á Deputación Provincial para que o organismo provincial escolla o que lle resulte máis interesante. Xestur ofrécelle á Deputación cinco emprazamentos a elixir, dos que tres se atopan no parque empresarial das Gándaras (Lugo), outro no solo residencial de Garabolos (Lugo) e o último no parque empresarial de Cervo. O valor da participación da Deputación Provincial no capital de Xestur é de 1.417.328,85 euros.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: