PRESENTACIÓN “O SEXO MARSCULINO DOS ANXOS”, de Manuel Janeiro en Vigo

O acto será introducido por unha peza teatral breve titulada
Desamordazamento,  interpretada polos actores Pedro Placer e Pablo Car
rera.  Intervirán no acto, ademais do autor, os escritores
Víctor F. Freixanes (director  xeral de Editorial Galaxia) e Damián Villalaín (profesor da Escola Superior de Arte Dramática, ESAD).

Xoves, 20 de marzo, ás 20,15 horas, en La Fiesta de los Maniquíes
(rúa Rogelio Abalde, 11)

SOBRE A OBRA:

Nunha sociedade que vive os últimos anos da ditadura, no Madrid estudantil de principios dos setenta, comeza unha amizade que se alonga no tempo e na distancia.

Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro.

 

SOBRE O AUTOR

 

 

Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial e o audiovisual foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos e autor, a partir dos seus propios guións, de dúas obras sobre o traballo de dous arquitectos: Mínimo (2003) e As persoas do verbo (2004). Como poeta, publicou Primera edad (1977), Poemas sobreros (1989) e Ensayos para el habla (2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (IBBY, 2007) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos (Galaxia. Literaria, 2014) é a súa última obra en prosa. Unha novela coa que sube un chanzo máis que o leva a se converter nunha das voces máis singulares da nosa literatura.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: