A Fundación Novacaixagalicia celebra trinta anos á fronte do seu emblemático centro cultural en Vigo
Máis de 9.500.000 persoas participaron das actividades do centro nestes trinta anos
20.03.2014. A Fundación Novacaixagalicia comeza as celebracións do trinta aniversario do seu centro cultural cun almorzo informativo que terá lugar mañá, venres 20 de marzo, ás 10.00 h no propio edificio, localizado na céntrica rúa de Policarpo Sanz, 13. No encontro estará M.ª Teresa Cores, directora de Contidos Socioculturais da Fundación Novacaixagalicia, ademais do persoal habitual do centro.
O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia inaugurouse o 22 de marzo de 1984 e a primeira peza dramática que se representou no seu teatro foi Luces de bohemia por parte do Centro Dramático Nacional. Dende entón, nos últimos trinta anos este edificio acolleu máis de 9.500.000 espectadores e 40.950 actos.