Cangas – Amor Flexible
Dende a compañía Redrum Teatro achegamos a información do espectáculo «Amor Flexible», unha comedia de enredo que representaremos este sábado ás 21.00 no Auditorio Municipal de Cangas.
Está protagonizado pola coñecida actriz galega Mela Casal (Mareas Vivas, Luar…) e comparte escenario con Tamara Canosa e Guillermo Carbajo, os que foron os nenos das series máis míticas da Tvg, Mareas Vivas e Pratos Combinados respectivamente.
O espectáculo está dirixido por Alex Sampayo, tamén moi coñecido no sector audiovisual por series como Padre Casares ou El Internado. Alex Sampayo está a piques de estrear nos cines a súa primeira película, rodada entre Galicia e Hungría e protagonizada por Candela Peña.
A estrea de «Amor Flexible» tivo lugar o pasado 27 de febreiro no Teatro Rosalía da Coruña e o espectáculo xa pasou este mes polo teatro principal de Santiago e polo de Ourense. Cangas é a cuarta praza dentro dunha xira que pasará por máis de 20 concellos galegos.
A través da seguinte ligazón podedes acceder á páxina web do espectáculo con toda a información: