O VENRES 21, MAXIA EN DETRÁS DO MARCO
O VENRES 21 DE MARZO, “A MAXIA DE XULIO MERINO” CHEGA A DETRÁS DO MARCO
O venres 21 de marzo (18:00 horas) contaremos en Detrás do Marco coa actuación do mago Xulio Merino, acto incluído no festival O GRITO ROCK, un programa mundial colaborativo que orixinalmente naceu como un circuíto cultural.
Xulio Merino leva dedicándose exclusivamente á maxia dende fai mais ou menos tres anos, actuando dende festas, festivais, espectáculos ata eventos de toda clase… Seus espectáculos teñen bastante variedade de efectos e elementos levados a cabo por un personaxe absurdo, espontáneo e hilarante que interactua moito cos espectadores.
O Grito Rock nace en Brasil no año 2006, e despóis de 7 anos de producción colaborativa, hoxe non atende somentes a circulación de bandas polo territorio do Brasil senon que a sua metodoloxía traspasou fronteiras chegando a celebrarse no ano 2013 arredor de 300 cidades en 30 países.
Ademais da actuación en Detrás do Marco, pola noite (23:00 horas) en Alga Lag (Valladares) celebrarase un concerto cos grupos Bate na Cobre, Die Fritzles e Balú Seluba.
Reblogueó esto en AsturGalicia Noticias.