Archivo | marzo 21, 2014

MATO DEFENDE A NECESIDADE DA IMPLICACIÓN DO CONXUNTO DA SOCIEDADE PARA FACER FRONTE AO “INVERNO DEMOGRÁFICO”

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago de Compostela o Congreso Internacional de Demografía, que conta coa presenza de distintos expertos europeos
  • Sinalou que é preciso acadar un “Pacto de Estado” e “involucrarnos todos na loita contra a perda de poboación e o envellecemento”, co impulso e liderado das administracións públicas
  • O Goberno galego está a traballar en tres eixos: a concienciación social, a posta en marcha de novas políticas de familia, e a colaboración en rede con outras rexións
  • O incremento dos beneficios fiscais sitúa actualmente a Galicia á cabeza de todas as autonomías nesta materia
  • Galicia está a traballar con outras seis comunidades autónomas para buscar solucións comúns, e trasladar a súa problemática tanto ao Goberno central como á Unión Europea
  • De continuar a tendencia actual, Galicia podería perder 150.000 habitantes en 10 anos, e situarse nunha poboación total inferior á que existía en 1900

 

Santiago, 21 de marzo de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apelou hoxe á necesidade dun “compromiso total, dun Pacto de Estado” para facer fronte á crise demográfica, unha “loita” na que tamén debe estar involucrada toda a sociedade no seu conxunto nunha sorte de “pacto social”.

Así o afirmou hoxe durante a súa participación no Congreso Internacional de Demografía, impulsado polo departamento autonómico que dirixe. Neste evento, que ten como principal obxectivo a sensibilización da sociedade e a transferencia de experiencia, están a participar expertos europeos recoñecidos na materia.

A responsable autonómica cualificou o problema demográfico como “estrutural e de calado”, polo que a súa resposta require dun “compromiso estable e continuado, máis aló de conxunturas económicas e de cores políticas”.

Aínda que indicou que a solución debe partir do “conxunto da sociedade”, asegurou que esta resposta debe estar “impulsada e liderada” polas administracións públicas. Precisamente, iso é o que está a facer o Goberno galego, que traballa actualmente sobre tres liñas principais: a concienciación social e a sensibilización; a posta en marcha de novas políticas de familia e apoios á natalidade, inscritos no Plan de dinamización demográfica; e a creación de grupos de traballo con outras rexións, a nivel español e europeo, para crear sinerxias e trasladar boas prácticas.

Trátase da primeira vez na historia da autonomía que un Goberno está a liderar un Plan de dinamización demográfica, composto por 69 medidas. A sensibilización é un dos seus eixos principais, pero a articulación de novas políticas son tamén fundamentais e constitúen un paso necesario na mellora do comportamento poboacional, como demostra o exemplo de “moitos países do noso contorno que, con políticas de familia axeitadas, teñen equilibrado o déficit demográfico nos últimos anos”, entre os que citou o modelo nórdico, ou o caso francés.

Como proba tamén de que as políticas de conciliación funcionan citou un estudio realizado en Italia que concluíu que un 10 por cento de aumento da ratio de cobertura de escolas infantís públicas supón un incremento de 0,2 puntos no índice sintético de fecundidade. De feito, esta ten sido unha das principais apostas da área de Benestar. Grazas a este esforzo, a rede autonómica de escolas para nenos e nenas de 0-3 anos conta actualmente con 8.750 prazas, un 61 por cento máis que en 2009.

Ademais, dentro do Plan demográfico estanse deseñando novos instrumentos como as casas-niño ou o servizo de axuda no fogar para a infancia. Engádese a isto que se teñen incrementado as deducións fiscais por nacemento ou adopción dun fillo nun 20 por cento –pasaron de 300 a 360 euros este ano-, unha liña de aumento que se seguirá nos próximos anos. Deste xeito, Galicia sitúase á cabeza de todas as autonomías en beneficios fiscais á natalidade.

En canto á colaboración con outras rexións afectadas pola mesma problemática, Mato lembrou que Galicia está a participar en diversos proxectos europeos como o Symbios, ou a Rede de rexións afectadas polo cambio demográfica (DCRN), da que tamén forman parte outras 40 rexións.

A cooperación estase impulsando tamén a nivel nacional. Galicia, xunto con outras 5 comunidades autónomas que están a “sufrir o inverno demográfico” –Asturias, Castela e León, Castela –A Mancha, Aragón e Estremadura-, forman parte dun grupo de traballo na procura de solucións comúns. Na última xuntanza, acordaron trasladar ao Goberno central á necesidade de acadar un Pacto de Estado. Este grupo tamén ten previsto levar a súa problemática ante a Unión Europea.

Datos demográficos

A conselleira inscribiu todas estas medidas na necesidade de facer fronte ao problema demográfico porque “non vai ser posible manter nas próximas décadas a sociedade do benestar, tal e como hoxe a entendemos”.

Lembrou, por exemplo, que a taxa de reemprazo poboacional sitúase en 2,1 fillos por muller en idade fértil, mentres que en Galicia actualmente non chega ao 1,1, “moi lonxe de acadar a renovación xeracional”. Esta caída da natalidade “non é nova, xa que leva ocorrendo desde os anos 70. No 1981 a taxa caeu por primeira vez por debaixo do umbral de reemprazo, e en 1998, en época de bonanza, marcou o seu mínimo histórico”.

Estas cifras supuxeron que en Galicia, desde o ano 1981, se perderan 46.000 habitantes. De continuar esta tendencia, a poboación podería caer noutras 15.000 persoas en 10 anos, polo que o número total de habitantes da comunidade autónoma en 2051 podería estar por debaixo dos que existían en 1900.

A perda da poboación non é a única consecuencia, xa que non se pode esquecer o envellecemento da poboación. En 1975 a idade media da poboación galega era de 35 anos, e hoxe sitúase nos 45,4.

Todos estes datos supoñen que, “de non tomar medidas, Galicia seguirá a perder poboación en idade laboral e haberá un número crecente de maiores e, en consecuencia, das situacións de dependencia”. Isto repercute na economía, de aí que a OCDE asegure que a crise demográfica vai rebaixar o crecemento do PIB europeo nun 0,7 por cento anual ao longo das próximas décadas.

No que se refire ás causas do inverno demográfico, a conselleira lembrou que todos os estudos destacan a existencia de diversos factores. Entre outros, citou a incorporación da muller ao mercado laboral, a postergación da maternidade, os cambios na estrutura familiar ou a crise económica, aínda que apuntou que este último factor “non se pode considerar de peso dado que o problema vense producindo desde os anos 70”.

En resumo e para rematar, Mato apostou por seguir afondando na sensibilización da sociedade, por continuar intercambiando experiencias, por seguir deseñando novas políticas de familia para impulsar á natalidade, e por conseguir o compromiso de toda a sociedade e de todas as administracións.

ASETRANSPO ORGANIZA UNA JORNADA EN LA QUE SE DARÁN LAS DIRECTRICES A SEGUIR PARA RECLAMAR EL CÉNTIMO SANITARIO

Será el próximo jueves, 27 de marzo, a las 20.00 horas en la sede de la CEP en Vigo

Los expedientes de reclamación tramitados a través de CETM y sus organizaciones desde 2009 superan los 1.300 y supondrían la devolución de más de 300 millones de euros, aunque, tras la sentencia, se están incorporando reclamaciones de todas aquellas empresas que no habían hecho nada hasta la fecha a la espera de que se despejase la incertidumbre al respecto.

HERNÁNDEZ CONFIRMA AOS EMPRESARIOS DE MOAÑA QUE O PARQUE INDUSTRIAL ESTARÁ INCLUÍDO NO PLAN SECTORIAL DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA

  • DSC_1427
  • O conselleiro reuniuse onte pola tarde con representantes do sector

Santiago, 21 de marzo de 2014.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo onte unha xuntanza coa directiva da Asociación de Empresarios do polígono industrial de Moaña, co obxectivo de abordar diversas cuestións de interese para o sector empresarial local. Na reunión tamén estivo presente o alcalde, José Fervenza.

O principal punto da reunión foi o futuro parque industrial de Moaña. Tanto os empresarios como o propio concello solicitaron en diversas ocasións que dita infraestrutura figure no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia que está a elaborar a Xunta de Galicia.

 

Hernández trasladou aos representantes do sector que o Goberno galego incorporou o parque de Moaña no documento, que será aprobado antes do verán, en canto remate a súa tramitación.

O plan sectorial recolle a planificación das actuacións de solo empresarial que se poderán executar en Galicia nos vindeiros anos. O documento servirá para cuantificar, planificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial e definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións deste tipo para cubrir as necesidades de solo empresarial a longo prazo.

 

 

La ‘I Festa de exaltación da Navalla de Cíes’ consumirá más de mil kilogramos de este molusco de características singulares por tamaño y crianza

rps20140321_141049_623

Los precios, entre 5 y 19 euros, tratan de popularizar el consumo de este bivalvo, del que los mariscadores de la cofradía de Cangas extrajeron 66 toneladas en el 2013.

• Una veintena de restaurantes de Cangas participarán entre el 28 y el 30 de marzo de la iniciativa promovida por el Concello y los hosteleros.
• José Enrique Sotelo: “A Festa será unha ocasión excepcional para achegarse ata Cangas e degustar esta excelencia gastronómica propia da nosa costa”.
• El representante de los hosteleros, José Lorenzo, explica que todos los restaurantes servirán la navaja a la plancha y habrá un concurso con preparaciones singulares.
• Los niños hasta 12 años viajarán gratis en el barco de Vigo a Cangas durante los tres días de la fiesta.

Vigo, 21 de marzo. La ‘I Festa de exaltación da Navalla de Cíes’, que se desarrollará en Cangas entre los días 28 y 30 de marzo, consumirá más de mil kilogramos de este preciado molusco con denominación de origen -por sus cualidades especiales de tamaño o crianza-, según las estimaciones de los organizadores. Como ayer concluyeron el alcalde de la localidad anfitriona, José Enrique Sotelo; el representante de los hosteleros, José Lorenzo Núñez; o el portavoz de la Cofradía de Navalleiros, Daniel Arbones, la celebración será “la mejor ocasión de comprobar la excelencia gastronómica de este bivalvo abundante y de extraordinaria calidad en las costas de las Illas Atlánticas”.
La iniciativa está apadrinada por el Concello de Cangas y una veintena de restaurantes de la zona. Juntos tratan de consolidar a este municipio de O Morrazo como una de las “cunas gastronómicas da navalla”.
Acompañado de la diputada provincial Marta Iglesias, el regidor cangués aprovechó la presentación de la fiesta en la sede de la Diputación en Vigo para invitar a todos los vigueses a que visiten O Morrazo el fin de semana del 28, 29 y 30 de marzo, que coincide además con la Festa da Reconquista en la ciudad olívica. Para ello, anunció que los niños hasta 12 años disfrutarán de transporte gratuito en la línea marítima regular entre Vigo y Cangas.
Los mariscadores de la zona pescaron el pasado año 66 toneladas de este producto, con una facturación estimada de 541.000 euros y un precio de referencia situado entre los 6 y los 12 euros por kilogramo, con picos de hasta 25 euros en la temporada navideña. Un total de 25 familias viven de la extracción y comercialización del molusco en las playas de Cíes, Rodeira, Liméns y Barra. Las navajas se extraen durante 12 meses al año, a razón de un cupo diario máximo de 20 kilogramos por persona.
Durante los tres días de fiesta, la veintena de restaurantes cangueses que participan en esta primera edición gastronómica y festiva servirán las navajas con precios que irán desde los 5 euros de la media ración (6 unidades), hasta los 19 euros de la ración completa acompañada de una botella de vino de la bodega colaboradora Lagar  de Cervera. La ración de 12 unidades se cobrará a 9 euros, mientras que la media ración acompañada de una copa de vino costará 6,80.
En esta fiesta gastronómica participan los restaurantes: O Portujés, O Chinchorro, Anuska, Aliño, O Arco, El Jabuguito, Cabo Home, Casa Macillos, O Pelao, Sol Poniente, Pandemillo, El Cortijo, Tía Brígida, Artemar, Guimeráns, Il Popolo, Luscofusco, O Faro, Dos Chata y O Batel.

Además de la tradicional preparación a la plancha, que será obligatoria en todos los locales de Cangas, cada uno de los establecimientos podrá presentar las navajas en cualquier otra forma, sea guisada, en empanada o con diferentes aditamentos. Un jurado premiará la que se considere mejor presentación gastronómica alternativa.

En el acto celebrado esta mañana en la sede viguesa de la Diputación estuvieron presentes además del alcalde José Enrique Sotelo y la diputada Marta iglesias, el representante de los hosteleros José Lorenzo Núñez, los portavoces de la Cofradía de Cangas David Fernández y Daniel Arbones; directivos de la Bodega Lagar de Cervera y concejales cangueses.

O DÍA 22 DE MARZO, EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E ACTIVIDADES DA ONG “SEMILLA PARA EL CAMBIO”

60285_639043819499981_651516017_n

Este sábado, 22 de marzo, a ONG “Semilla para el cambio” realizará en Detrás Do Marco unha serie de actividades con motivo da exposición fotográfica “Dalits, os oprimidos” que dará comezo ás 12:00 e estará na rúa Londres ata as 20:30. Durante todo o día organizaranse actividades como iniciación ao ioga, globoflexia, proxección de curtametraxes e máis. Con iso coñeceremos de preto a situación da India, e achegarémonos á súa cultura.

“Dalits, os oprimidos” é unha exposición itinerante contra a segregación, un reclamo aos dereitos humanos. Retrata a realidade do colectivo dalit en India (máis coñecidos como intocables), centrándose nos colleiteiros de lixo dos slums de Varanasi.

Concello do Porriño

La capacidad de gestión y polivalencia, claves para el empleo en el sector de la hostelería
Triángulo_Empleo_20_marzo (3)
En una de las ponencias celebradas esta mañana en el Triángulo de Empleo, María José Agrafojo, del departamento de Marketing del Centro Superior de Hostelería de Galicia, puso de ejemplo su propia trayectoria y experiencia profesional que comenzó haciendo prácticas en una lavandería a ser directora de hotel, regentando ahora su propia empresa

El centro cuenta con una bolsa de trabajo de 1.500 ofertas anuales con un alto índice de inserción, que en el caso de cocina es del cien por cien. La metodología de estudio combina una semana de práctica y otra de teoría, realizándose además prácticas en empresas del sector de Europa, América, África y Asia

La Concejalía de Empleo y Formación organizará una visita guiada a este centro para conocer más pormenorizadamente el día a día en estas instalaciones líderes en formación hostelera en España y referente a nivel mundial .

PORRIÑO INAGURA UN PUNTO DE ASESORAMIENTO EMPRESARIAL EN NUEVAS TECNOLOGÍAS

El alcalde Nelson Santos, el concejal de Empleo y Formación M. Alejandro Lorenzo y la diputada provincial Marta Iglesias presidirán mañana, a las 12.30 horas en el Multicentro de Torneiros, el acto de inauguración al que están invitados todos los empresarios del municipio y de las comarcas de Vigo y Baixo Miño, a los cuales está dirigido este nuevo servicio de información, análisis y asesoramiento presencial y personalizado en relación a las tecnologías de la información y comunicación.

400 ESCOLARES DE EDUCACIÓN PRIMARIA y secundaria VISITArán EL CONCELLO De PORRIÑO

Porriño_visita_escolares_PinoManso (1)  Alumnado de los diferentes centros educativos del municipio realizarán una visita guiada la semana próxima a la Casa Consistorial a través de la cual conocerán los diferentes departamentos, sus funciones y servicios prestados al ciudadano

Oito finalistas chegan á gala final do I Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’

Canción autor fasefinal A4  O 5 DE ABRIL SERÁ A ACTUACIÓN DECISIVA

O I Certame de Canción de Autor en galego ‘Concello de Teo’ entra na fase final. O xurado,  composto por destacados representantes do mundo da cultura, da comunicación e da produción musical, así como pola concelleira de Cultura do Concello de Teo, escolleron os oito finalistas: Alba María, Gamy, María Costas, MJ Pérez, Nastasia Zürcher, O Neno Elliot, Sofía Espiñeira e Susana Martínez.

O director artístico do proxecto, o músico Xoán Curiel, salienta que “houbo propostas moi interesantes e variadas con diferentes instrumentos, dende cancións máis intimistas con piano ata rap cunha base electrónica”.

Segundo a análise do director artístico do certame, o feito de que participasen músicos de diferentes estilos e con formación do máis diversa “amósanos e danos a medida do que se está a cocer hoxe en día na nosa terra” e anima as persoas interesadas a se achegaren á gala para “gozar da música que se fai no noso país”.

Pola súa parte, a concelleira de Cultura de Teo, Carme Hermida, destaca a ledicia “pola alta participación” e tamén polo “nivel tan alto” das persoas inscritas. Na súa opinión, o xurado puido comprobar o traballo, esforzo e mérito de cada un dos artistas, pero só oito podían pasar á final. “É unha mágoa non poder admirar o traballo da totalidade en directo, seguro que nos farían pasar tan bos momentos coma os que nos ofrecerán os seleccionados” explica a edil teense.

A gala

Do total de 23 inscritos, só os oito indicados chegan á gala final. Esta terá lugar o vindeiro 5 de abril, ás 20 h, no Centro Sociocultural da Ramallosa, a carón da Casa do Concello. Nela disporán de 8 minutos para defenderen a súa actuación, estilo e calidade.

O premio

O premio ao gañador ou gañadora será, entre outros, a gravación dun disco de oito temas. Para tal fin, contarán co local de Nsaio de Teo, facilitado polo Concello. Ademais, a vencedora ou vencedor disporá dunha serie de concertos e de promoción na prensa. Finalmente, tamén se recolle a posibilidade de dous accésits, un ao mellor artista e outro á canción máis orixinal, ambos outorgados polo público asistente.

O certame

O xurado do certame estará formado por Carme Hermida, concelleira de Cultura do Concello de Teo; Uxía Senlle, unha das artistas galegas máis recoñecidas representando á parte artística; Pepe Cunha, fundador do portal www.abretedeorellas.com en representación da prensa especializada e Montse Rivera, directora de Merlo Branco Produccións representando as industrias culturais.

O I Certame de Canción de Autor en galego ‘Concello de Teo’ está organizado polo propio Concello e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de Gadis e conta coas colaboracións de, entre outras entidades, Músicos ao Vivo e a Asociación de apoio aos Músicos Noveis Galegos Amunoga a cafetería A Senra (Pontevea-Teo).

Noticias PP

O PARLAMENTO ACORDA DE XEITO UNÁNIME SOLICITAR AO GOBERNO CENTRAL QUE AXILICE A BUSCA DE SOLUCIÓNS AOS TITULADOS PRE-BOLONIA CUXOS TÍTULOS NON SE RECOÑECEN NO ESTRANXEIRO

 O acordo “ten como fundamento a emenda presentada polo Grupo Popular ás tres proposicións non de lei dos grupos da oposición, que se complementou con achegas dos outros grupos parlamentarios

Santiago, 20 de marzo de 2014.- O Parlamento de Galicia acordou esta tarde por unanimidade dirixirse ao Goberno do Estado para solicitar a axilización do proceso de elaboración das táboas de equivalencia e as correspondentes normas transitorias do Real Decreto 1027/2011, polo que se establece o marco español de cualificación para a educación superior (MECES) a fin de homologalo ao marco europeo de cualificacións e posibilitar que titulacións como os enxeñeiros superiores pre-Bolonia sexan considerados ao nivel EQF7 e se busquen as solucións que correspondan ao resto das titulacións afectadas.

O portavoz de Educación do Grupo Popular, Román Rodríguez, salientou que este acordo unánime “ten como fundamento a emenda que presentamos ás tres proposicións non de lei dos grupos da oposición que se debateron esta tarde na Comisión 4ª, que se complementou con achegas dos outros grupos parlamentarios”.

“Somos conscientes de que o Goberno do Estado xa está a traballar neste problema e mostra disto é que esta mesma semana, no seo da Conferencia de  Política Universitaria xa se avanzou un borrador de texto para a habilitación destas carreiras que pasará aos diferentes órganos consultivos de ámbito estatal”, apuntou Rodríguez.

Así mesmo, o portavoz popular salientou que “esta situación conta con certa complexidade técnica, como proba o feito de que veña arrastrándose desde hai varios anos sen que se

lle dera solución”.

 

 

 

O PARLAMENTO GALEGO INSTA Á XUNTA A IMPULSAR A DIFUSIÓN DA FIGURA E OBRA DO INTELECTURAL PONTEVEDRÉS VÍCTOR SAID ARMESTRO, CON MOTIVO DO CENTENARIO DO SEU PASAMENTO

 

 A figura de Víctor Said destaca polas súas múltiples facetas nos ámbitos da literatura e as letras en xeral, facendo del un verdadeiro erudito e un persoeiro a destacar dentro da cultura galega

 

·        Foi responsable da primeira cátedra de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa impartida na Universidade Española, así como impulsor da fundación da Real Academia Galega.

Normal
0

21

false
false
false

ES
X-NONE
X-NONE

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:”Tabla normal”;
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-priority:99;
mso-style-qformat:yes;
mso-style-parent:””;
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:11.0pt;
font-family:”Calibri”,”sans-serif”;
mso-ascii-font-family:Calibri;
mso-ascii-theme-font:minor-latin;
mso-fareast-font-family:”Times New Roman”;
mso-fareast-theme-font:minor-fareast;
mso-hansi-font-family:Calibri;
mso-hansi-theme-font:minor-latin;
mso-bidi-font-family:”Times New Roman”;
mso-bidi-theme-font:minor-bidi;}

 O GRUPO POPULAR AFIRMA QUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE TEN ELABORADO E EN TRAMITACIÓN UN NOVO DECRETO SOBRE POLICÍA SANITARIA MORTUORIA

 A deputada Marta Rodríguez-Vispo criticou que os socialistas soliciten a aplicación do decreto 133/2008 que xa está derrogado desde a entrada en vigor da Lei 9/2013

Santiago, 20 de marzo de 2014.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo afirmou hoxe no Parlamento que a Consellería de Sanidade ten elaborado e en tramitación un novo decreto sobre policía sanitaria mortuoria, polo que “non ten moito sentido que os socialistas galegos soliciten a aplicación do decreto 133/2008 que xa está derrogado desde a entrada en vigor da Lei 9/2013 de emprendemento e competitividade económica”.

A Lei 9/2013 instaura un novo réxime da avaliación de incidencia, acorde coa supresión xeneralizada das licencias municipais de actividade e a súa substitución por comunicacións previas, como medida necesaria para facilitar e axilizar o acceso dos emprendedores á actividade económica.

CONDICIÓNS HIXIÉNICO-SANITARIAS

“Aínda no caso de que unha actividade de cremación se atopase suxeita a avaliación de incidencia ambiental, as determinacións a observar en canto ao seu distanciamento con respecto a núcleos habitados serían as eventualmente establecidas pola norma sectorial aplicable”, matizou a deputada popular.

A modo de avance, Rodríguez-Vispo dixo que o actual proxecto de decreto de sanidade mortuoria “non establece cambios respecto ao procedemento específico para a autorización da instalación destes establecementos, nin tampouco establece criterios de distancia porque en saúde pública resultaría indefendible e dificilmente xustificable”.

“Tanto o decreto en vigor como o proxecto de novo decreto establecen as condicións hixiénico-sanitarias que deben de cumprir este tipo de instalacións, polo que si estes requisitos se cumpren son instalacións totalmente inocuas para a saúde”, indicou Rodríguez-Vispo.

El grupo del PP apoya las demandas del colectivo Imán para solucionar el conflicto de Sereos y le pide al gobierno local una solución definitiva y distinta a la que aplica en la actualidad

 

  • Teresa Cendón: “Reivindicamos la necesidad de un local permanente, que mantenga la dignidad en la prestación del servicio. Es lo que venimos pidiendo desde hace meses y lo que aprobó el pleno el pasado mes de septiembre sin que el Gobierno haya resuelto el problema”.

  • La concejala del PP recordó que el servicio de Sereos se presta en Vigo desde hace quince años sin que ningún gobierno municipal de diferentes signos haya cuestionado su utilidad.

  • El Grupo Popular asegura que Samil estará en obras en pleno periodo estival, al no haberse iniciado aún el derribo del edificio de As Dornas ni el proceso de concesión del antiguo Jonathan

  • El concejal del partido Popular, Antonio Bernárdez, visitó esta mañana la zona y constató que “lo único que se ha hecho es vallar el inmueble”.

  • El plazo de ejecución de la demolición es de tres meses y todavía restaría la adecuación del terreno, que no figura en el contrato suscrito a finales de diciembre”, evidencia el edil del PP.

  • En estos momentos, casi a finales de marzo, desconocemos el motivo por el que se ha producido el retraso en la ejecución del derribo”, subraya Bernárdez que anuncia una pregunta en el pleno ordinario de este mes.

  O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE TODO ESPAÑOL QUE REGRESE A ESPAÑA RECUPERA A ASISTENCIA SANITARIA SOLICITÁNDOA ANTE O INSS

 O deputado Aurelio Núñez dixo que os emigrantes galegos dispoñen da tarxeta Galicia Saúde Exterior que facilita asistencia en países sen convenio bilateral

 

O deputado Aurelio Núñez dixo que os emigrantes galegos dispoñen da tarxeta Galicia Saúde Exterior que facilita asistencia en países sen convenio bilateral

 

·        “En ningún caso cabe falar de que existe unha supresión do dereito á asistencia sanitaria: no caso de desprazamento temporal dun cidadán español a Europa, ten cuberta a asistencia coa tarxeta sanitaria europea ou o certificado provisional substitutorio”, manifestou

 

 

·        “En ningún caso cabe falar de que existe unha supresión do dereito á asistencia sanitaria: no caso de desprazamento temporal dun cidadán español a Europa, ten cuberta a asistencia coa tarxeta sanitaria europea ou o certificado provisional substitutorio”, manifestou.