HERNÁNDEZ CONFIRMA AOS EMPRESARIOS DE MOAÑA QUE O PARQUE INDUSTRIAL ESTARÁ INCLUÍDO NO PLAN SECTORIAL DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA

  • DSC_1427
  • O conselleiro reuniuse onte pola tarde con representantes do sector

Santiago, 21 de marzo de 2014.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo onte unha xuntanza coa directiva da Asociación de Empresarios do polígono industrial de Moaña, co obxectivo de abordar diversas cuestións de interese para o sector empresarial local. Na reunión tamén estivo presente o alcalde, José Fervenza.

O principal punto da reunión foi o futuro parque industrial de Moaña. Tanto os empresarios como o propio concello solicitaron en diversas ocasións que dita infraestrutura figure no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia que está a elaborar a Xunta de Galicia.

 

Hernández trasladou aos representantes do sector que o Goberno galego incorporou o parque de Moaña no documento, que será aprobado antes do verán, en canto remate a súa tramitación.

O plan sectorial recolle a planificación das actuacións de solo empresarial que se poderán executar en Galicia nos vindeiros anos. O documento servirá para cuantificar, planificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial e definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións deste tipo para cubrir as necesidades de solo empresarial a longo prazo.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Una respuesta a “HERNÁNDEZ CONFIRMA AOS EMPRESARIOS DE MOAÑA QUE O PARQUE INDUSTRIAL ESTARÁ INCLUÍDO NO PLAN SECTORIAL DE ÁREAS EMPRESARIAIS DE GALICIA”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: