A DELEGACIÓN DA XUNTA EN VIGO ACOLLE DENDE MAÑÁ E ATA O 30 DE ABRIL A “PINTURA INSTROSPECTIVA” DO VIGUÉS ALEJANDRO LANDÍN

 

  • ARTELISAS8

  • A mostra é unha recompilación dos seus últimos traballos pictóricos e está formada por máis dunha decena de cadros realizados en óleo.

  • A exposición pode visitarse na planta baixa do edificio administrativo da Xunta en Vigo de luns a venres de 9.00 a 19.00 horas e os sábados de 9.00 e a 14.00 horas.

Vigo, 25 de marzo de 2014.- A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acolle dende mañá día 26 e ata o 30 de abril unha exposición do pintor vigués Alejandro Landín.

Baixo o título “Pintura Instrospectiva” a mostra está formada por máis dunha decena de óleos sobre lenzo en formato 70×86 e 110×120 que se caracteriza, coma sinala o propio autor, “por ser espontánea e figurativa, aínda que sen a menor intención de copiar a realidade”. Os seus traballos, en verbas de Alejandro Landín, “aparecen despois dun longo parón de máis de tres anos como solución do vacio angustioso que acompaña ao expresionismo abstracto da segunda metade do século XX”.

A exposición estará situada na planta baixa do edificio administrativo do Goberno galego en Vigo e poderá visitarse dende o día de mañá e durante todo o mes de abril en horario de apertura do Rexistro, é dicir, de luns a venres de 9,00 a 19,00 horas e os sábados, de 9,00 a 14,00 horas.

Esta mostra súmase ás múltiples exposicións de artistas, asociacións e colectivos culturais que xa se realizaron na planta baixa do edificio abrindo o edificio administrativo á participación de artistas e colectivos ofrecendo o seu espazo expositivo a todos aqueles que estean interesados en amosar as súas obras.

O artista

Alejandro Landín (Vigo, 1959) ten formación autodidacta e unha completa traxectoria que comezou no ano 1985 con exposicións individuais no Círculo Mercantil e na galería café Arco da Vella de Vigo. Participou en varias ocasións na Feira das Artes Plásticas de Vigo e A Coruña ademais de amosar as súas obras en exposicións colectivas en Santiago de Compostela, Ourense, Cangas ou Pontevedra, entre outras. A súa obra foi amosada por última vez no ano 2005 na Exposición Colectiva Miscelánea, na sala social Arga de Santiago

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: