O Sonora14 reúne mañá a Maryland e Havalina no teatro da Universidade de Vigo

 

VVigo, 25 de marzo de 2014.- Os vigueses Maryland e os madrileños Havalina reuniranse mañá no escenario do teatro de Cidade Universitaria da Universidade de Vigo con motivo da edición de 2014 do Festival Sonora. Este ciclo ten por obxectivo traer á Universidade os sons máis independentes e sempre apostando por un grupo local e outro de fóra.

Os madrileños Havalina, habituais xa de festivais independentes como Sonorama, levan xa sete traballos e máis de dez anos pisando escenarios. Conta con sete álbums publicados, sendo H o seu último larga duración co que se consolidan xa no escenario como un dos grupos máis sólidos do panorama indie. Tras Junio, Imperfección, eLas Hojas Secas, e outros tres discos anteriores baixo o nome Havalina Blu, o grupo publica no 2012 H. Havalina está liderado por Manuel Cabezalí (voz e guitarra), e a crítica destaca deles o seu directo, considerándoo como un dos mellores do panorama musical español. De feito, ese é un dos motivos polo que son habituais nos carteis dos principais festivais independentes. En Vigo tocarán mañá a partir das 18.30 horas.maryland 2

Os seus teloneiros do Sonora14 serán os vigueses Maryland, banda que está a presentar estes meses o seu último traballo, Los años muertos, de xira por toda España. Un disco considerado pola crítica como continuísta e de consolidación do seu estilo, baseado nun son contundente e limpo no que a guitarra ten sempre un papel principal. O que sorprende neste novo álbum é o cambio de idioma con respecto aos seus dous discos aanteriores, no que unicamente empregaban o inglés (Surprise e Get Cold Feet).

SONORA14: MARYLAND + HAVALINA

Data: 26 de marzo

Hora: 17.30 h

Lugar: Teatro de Cidade Universitaria. Campus de Vigo

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: