Actividades Novaixagalicia de Vigo

Pablo Chiapella na Fundación Novacaixagalicia de Vigo

O Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá o vindeiro sábado 5 de abril ás 22.00 h o monólogo do actor Pablo Chiapella titulado Si, son o señor. As entradas para este espectáculo, non recomendado para menores de 13 anos, están xa á venda a través das canles habituais da entidade: en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. 

Concerto da Real Filharmonía de Galicia na Fundación Novacaixagalicia de Vigo

O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá o vindeiro venres 4 de abril, ás 20.30 horas, o concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph König. As entradas para este espectáculo están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce á entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.

‘Bon appétit’ na Fundación Novacaixagalicia de Vigo

Desde o vindeiro luns 31 de marzo ata o venres 4 de abril, a Fundación Novacaixagalicia ofrecerá aos escolares de Vigo a oportunidade de gozar dun dos espectáculos máis curiosos en que o humor e a gastronomía se complementan creando unha atmosfera máxica: Bon appétit.O bo quefacer do Teatro dos Ghazafelhos conseguirá que os máis de dous mil cincocentos nenos e nenas, procedentes de 79 escolas, que van acudir á función teñan a lembranza dun espectáculo inesquecible. A asistencia dos centros escolares producirase en dúas quendas: unha ás 10.00 e outra ás 12.00 h no auditorio do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: