Concello de Vigo


O alcalde di que o acordo de orzamentos “permitirá seguir apoiando o desenvolvemento, o crecemento e a saída da crise da cidade”

Abel Caballero deu conta dun acordo orzamentario “de gran envergadura” que permitirá, cos dos votos do PP e do PSOE, “seguir apoiando o desenvolvemento, o crecemento e saída da crise da cidade”. Indicou que hoxe mesmo deu orde de iniciar o proceso de elaboración do proxecto orzamentario que incluirá o acordo acadado co PP, e que podería aprobarse en Xunta de Goberno en 15 días.

 

O Concello inicia a humanización de Camelias entre a rúa Ourense e Doutor Marañón

O goberno local comezará nos próximos días os traballos de humanización da segunda fase de Camelias, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. A Xunta de Goberno local temén deu luz verde ao inicio das obras para a posta en marcha das escaleiras mecánicas da Segunda República.

 

O goberno de Vigo aproba as condicións da poxa das vivendas de República Arxentina

Abel Caballero informou da aprobación, na Xerencia de Urbanismo deste xoves, do expediente e do prego de condicións económico-administrativas para a poxa das 40 vivendas municipais de República Arxentina coas que se financiará a expropiación dos terreos da Cidade da Xustiza. Os prezos oscilan entre os 120.000 e os 204.000 euros.

 


O domingo arranca na Senda da Auga o primeiro dos catro roteiros do Programa Bici-Rutas

Abel Caballero presentou hoxe venres os catro roteiros incluidos este ano no Programa Bici-Rutas, organizado polo Club Ciclista Vigues en colaboración co Concello. A primeira será o domingo 30 de marzo e descurrirá pola Senda da Auga.

 


Caballero recibiu á selección saharaui de fútbol e trasladoulles o apoio á súa “causa xusta”

A selección xogará mañá venres un partido na Madroa contra unha selección de xogadores de equipos de Vigo, incluíndo veteranos do Celta. O alcalde sinalou que “seguimos coa nosa política de proximidade ao pobo saharaui” e ofreceu “o noso apoio político para a súa causa xusta” e tamén respaldo “persoal” para os rapaces do Sahara que pasan as vacacións de verano no cidade.

 


Vigo celebra unha Reconquista de tres días

A festa da Reconquista da Vila de Vigo contará este ano cun día máis de celebración, tres xornadas de actos, deste venres ao domingo, que incluirá as tradicionais representacións, postos no Casco Vello, concertos e animación de rúa. O Concello incrementa en 2014 o financiamento da cita, ata os 85.000 euros.

 

Pleno da Corporación
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: