MEDIO AMBIENTE LICITA POR MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS A MELLORA DO FIRME DE 11 ESTRADAS AO SEU PASO POR 19 CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

clip_image002As obras consistirán na reparación do firme, con solucións adaptadas ás necesidades de cada punto e na reposición de marcas viais
 As tres actuacións implicarán o fresado de firme de case 450.000 m2 e a aplicación de máis de 12.000 toneladas de mesturas bituminosas
 Estes proxectos supoñen un bo exemplo da prioridade estratéxica da Xunta en materia de conservación e de mellora das infraestruturas, que incide na mellora da seguridade vial

Santiago, 28 de marzo de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licita a través do Diario Oficial de Galicia tres contratos para a mellora e rehabilitación de firme nos treitos deteriorados de 11 estradas da provincia de Pontevedra ao seu paso por 19 concellos. O importe dos mesmos elévase a máis de 1,5 millóns de euros e beneficiarán a máis de 350.000 veciños.

Coas actuacións de rehabilitación estrutural e superficial previstas prolongarase a vida útil do firme das estradas analizadas, que suman 106 quilómetros.

As obras consistirán ben na reparación do firme existente, a través do fresado e reposición da capa de rodadura de treitos localizados, ou ben na extensión de microaglomerados para o selado de grietas ou coa finalidade de mellorar as características superficiais do firme, nos treitos nos que resulte necesario. Estas actuacións complementaranse coa reposición de marcas viarias e de elementos de balizamento. Tamén, de ser necesario, levarase a cabo a limpeza e reperfilado das cunetas existentes.

Unha vez revisadas as estradas obxecto das obras en toda a súa lonxitude, nos proxectos recóllense actuacións localizadas nos seguintes treitos:

Licitación Estrada Tramo lonxitude concellos Poboación beneficiada Orz Licitación

RF localizado nas estradas PO-305 e PO-531 PO-305 0+000-0+500// 4+000-5+940 2,44 km Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa, Meis, Poio e Pontevedra.

153.970

599.996,44
PO-531 0+500-16+000 15,5 km
VG-4.8 0+050- 2+130 2,08 km
RF localizado nas estradas PO-224, PO-534, PO-902 e PO-960 PO-224 0+000-5+300// 6+200- 8+000 7,5 km

Vila de Cruces, Lalín, Silleda, Forcarei e Pontevedra.

 

121.773

 

499.742,63
PO-534 1+000-3+000// 6+000-11+800// 13+800-14+200// 29+000-30+000 9,2 km
PO-902 4+500-6+000 1,5 km
PO-960 17+000-22+000 5 km

RF localizado nas estradas PO-244, PO-254, PO-400 e PO-404
PO-244 2+280- 11+490 9,2 km Tui, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Mondariz, Ponteareas, Soutomaior e Ponte Caldelas
77.212
499.628,78
PO-254 0+000- 9+000 9 km
PO-400 0+880- 37+330 36,4 km
PO-404 2+710- 10+980 8,2 km

Estas tres actuacións implicarán o fresado de firme de case 450.000 m2 e a aplicación de mestura bituminosa quente ou formigón bituminoso de máis de 12.000 toneladas. Tamén se levará a cabo a reposición das marcas viais e da sinalización vertical. O prazo de execución que se recolle no prego de contratación é de 6 meses para cada proxecto.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas aos tres contratos de obra pública que hoxe se licitan dispoñen ata o 2 de maio.

Nos seguintes mapas sinálanse os puntos nos que se actuará:

1.- Reparación de firme localizado nas estradas PO-305 (Rede Primaria Básica) e PO-531 (Rede Primaria Complementaria)

2.- Reparación de firme localizado nas estradas PO-224 (Rede Secundaria), PO-534 (RPB), PO-902 (RPC) e PO-960 (RS)

3.-Reparación de firme localizado nas estradas PO-244 (RS), PO-254 (RS), PO-400 (RPC) e PO-404 (RPC)

Plan de seguridade viaria
Dende a Consellería de Medio Ambiente sinálase que estas actuacións supoñen un bo exemplo do labor no que está a centrado o actual Goberno en materia de estradas: mellorar as infraestruturas e o conxunto de variables que poidan incidir na redución da sinistralidade, tal e como consta no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2011-2015.

Para acadar este obxectivo a Consellería ten previsto mobilizar arredor de 306 millóns de euros en obras e contratos de servizo. A maior parte deste investimento diríxese a contratos de obra para actuacións de conservación e seguridade viaria, ás que se destinará preto de 190 millóns de euros, un 62% do total dos contratos de obra que se realizarán en 2014.

A estas actuacións hai que sumar as obras de reforzo de firme extraordinarias, así como a conservación de noiros e taludes que a Xunta ten a Xunta puxo en marcha ao longo deste ano.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: