XUVENTUDE PON EN FUNCIONAMENTO O NOVO CONSELLO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA QUE OUTORGA MÁIS PESO ÁS ENTIDADES
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que regula á modificación deste organismo que, segundo a Lei de acción voluntaria de 2011, ten entre as súas funcións a coordinación e o asesoramento nesta materia
- O número de asociacións de acción voluntaria medrou un 15 por cento nos últimos anos, ata superar as 860
Santiago, 3 de abril de 2014– O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que regula o novo Consello Galego de Acción Voluntaria que outorga máis peso ás entidades. A Consellería de Traballo e Benestar, deste xeito, pon en marcha este novo organismo, que xa existía, pero que agora se modifica a súa composición para promover o papel das asociacións, é dicir, o obxectivo desta cambio é dotar de máis representación ás entidades do sector, en detrimento da Administración autonómica.
A Lei de acción voluntaria de Galicia de 2011, que foi aprobada por unanimidade polo Parlamento galego, establece que este Consello é o máximo órgano de participación, coordinación e asesoramento na materia.
As principais funcións céntranse en emitir informes sobre os proxectos do Goberno no eido do voluntariado; asesorar e informar; servir de punto de encontro entre as administracións e as entidades; detectar e analizar as necesidades básicas na materia; velar pola calidade das prestacións; ou propoñer novas actuacións.
Para conseguilo, créase unha vicepresidencia segunda para o representante da confederación con maior número de entidades inscritas no Rexistro de acción voluntaria e créanse dúas novas vogalías para entidades . Deste xeito, os axentes que traballan neste ámbito contarán cun maior peso no órgano, que ademais pasa a incorporar tamén ás universidades.
Con estas modificacións, reafírmase a importancia das estruturas de participación cidadá e consolídase este Consello como máximo órgano de asesoramento en materia de voluntariado. Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego por seguir apoiando o voluntariado, que cada vez ten unha maior relevancia na sociedade galega. Proba disto, é que as entidades inscritas no rexistro da Xunta aumentaron nun 15 por cento desde o 2008, de xeito que agora superan as 860 asociacións. Parello a este incremento, produciuse tamén un aumento no número de persoas voluntarias inscritas, que superan xa as 36.400.
Ademais deste cambio, a Xunta desenvolve diversas iniciativas relacionadas con este eido como os proxectos de voluntariado nos cárceres; o pasaporte solidario; o acompañamento a persoas con alzhéimer; o voluntariado dixital, nas bibliotecas, ou de carácter ambiental; o intercambio de voluntarios sénior con outros países; ou o Servizo de Voluntariado Xuvenil.
Antón Salgado acude como experto a Televigo hoy a las 22 horas para debatir sobre el siniestro del Mar de Marín en la Ría de Vigo
El Vicepresidente de Pladesemapesga, Antón Salgado Clavo acude al programa de Televigo del Grupo VOZ que se emitirá hoy a las diez de la noche vía digital, que junto a destacados expertos en distintas áreas trataran de hacer llegar al público la causa del siniestro del pesquero Mar de Marín con 3 fallecidos y dos desaparecidos. Leer más…
GALICIA FOI A TERCEIRA COMUNIDADE CON MELLOR EVOLUCIÓN DO PIB E MENOR DÉFICIT DURANTE A CRISE, E PASOU A TER UNHA RATIO DE DÉBEDA INFERIOR Á MEDIA
- Galicia rexistrou o terceiro mellor comportamento do Produto Interior Bruto durante os últimos cinco anos, tres décimas mellor que a media
- A comunidade galega foi quen de converxer con España en máis de tres puntos pese a que o país rexistrou a peor crise das últimas décadas
- Tamén é a terceira autonomía con menor déficit dende 2009, grazas a un control das contas públicas que a convertiu na comunidade de referencia neste eido
- No exercicio 2013 Galicia reduciu o seu déficit en máis de 100 millóns de euros, volveu cumprir os obxectivos de estabilidade orzamentaria e mantén a senda de diminución progresiva e non abrupta
- No ámbito do endebedamento, a ratio débeda/PIB de Galicia na actualidade é 3,6 puntos inferior á media das comunidades, mentres que en 2008 era superior
- Galicia é a segunda autonomía onde menos medrou o endebedamento nos últimos cinco anos
- No último exercicio, a Xunta acadou unha execución do gasto non financeiro do 100,3% do seu orzamento inicial, priorizando o gasto social e cuns niveis de execución superiores á media
Actividades Novacaixagalicia
Os Business Program Days na Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia
A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia, nos seus campus da cidade da Coruña e mais de Vigo, desenvolverá esta fin de semana e mais a vindeira os seus seminarios encadrados no Business Program Days. Aquelas persoas interesadas en inscribirse nos cursos que terán lugar mañá e ao día seguinte, sábado, poderán facelo ata as 12.00 h do venres 4 de abril. A matrícula pode realizarse a través da seguinte ligazón da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia:http://www.escueladenegociosncg.edu/talleres-y-seminarios.php.
Os virtuosos Ara Malikian e Fernando Egozcue presentan «Con los ojos cerrados»
Ara Malikian, ao violín, e Fernando Egozcue, á guitarra, presentarán en Vigo e Pontevedra o seu espectáculo «Con los ojos cerrados», unha proposta na que se fusionan a música clásica e o jazz, cunha forte influencia do novo tango arxentino. Os dous virtuosos estarán a partir das 20.30 h, o próximo sábado 12 de abril, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo e unha semana despois, o sábado 19 de abril, no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia en Pontevedra.
As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade, enwww.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.
As relacións afectivas e a síndrome de Down a análise na Fundación Novacaixagalicia de Vigo
O vindeiro domingo, 13 de abril, ás 19.30 h, o Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá o comezo da segunda parte do período de abonos de teatro coa representación deMulleres de Shakespeare, a máis recente proposta teatral de Rafael Álvarez El Brujo. As entradas para este espectáculo están á venta a través das canles habituais da entidade, enwww.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.
A Orquesta Sinfónica de Galicia na Fundación Novacaixagalicia en Vigo
O vindeiro xoves, 10 de abril, o Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá un novo concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia incluído na tempada de abonos de clásica que organiza a entidade. A partir das 20.30 h, a agrupación de música clásica de Galicia ofrecerá un recital para o que contará con Eliahu Inbal na dirección e Isabelle van Keulen no violín e viola. O programa constará de pezas de Wolfang Amadeus Mozart ―Sinfonía núm. 35, en re maior, K. 385, «Haffner»―, Béla Bartók ―Concerto para violín núm. 1―, e Antonin Dvorák ―Sinfonía núm. 7, en re menor, op. 70―. As entradas para este espectáculo, non recomendado para menores de sete anos, están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce á entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.
A Real Filharmonía de Galicia na Fundación Novacaixagalicia en Vigo
O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá mañá, venres 4 de abril, ás 20.30 horas, o concerto en que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Christoph König, interpretará a Sinfonía núm. 1 en re maior, Hob. I/1, de Franz Joseph Haydn; O aniversario de Washington, núm. 1, S. 5, de Charles Ives; a Sinfonía núm. 9 en do maior, Hob. I/9, de Franz Joseph Haydn; a Suite de danzas francesas, de Paul Hindemith; e a Sinfonía núm. 48 en do maior, Hob. I/ 48 «María Teresa», de Franz Joseph Haydn.
GALICIA DEMANDA Á UNIÓN EUROPEA QUE SE INTRODUZA O PARÁMETRO DE DEMOGRAFÍA NA EXECUCIÓN DOS FONDOS EUROPEOS
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, desprazouse hoxe a Bruxelas co fin de elevar o problema demográfico ás diferentes institucións europeas xunto con representantes das outras cinco comunidades autónomas que asinaron a declaración de Zaragoza: Estremadura, Castela e León, Castela A Mancha, Aragón e Asturias
Abordaron a posibilidade de introducir o obxectivo de loita contra a crise demográfica na revisión que se vai acometer da Estratexia Europa 2020
Ademais desta petición, solicitaron que a diversidade dos problemas demográficos sexa tida en conta para a definición de “zonas con desvantaxes naturais”
Mantiveron unha xuntanza co comisario de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, László Andor
Ademais, participaron nun encontro no comité das Rexións e reuníronse co embaixador representante permanente adxunto ante a UE, José Pascual Marco Martínez
Bruxelas, 2 de abril de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en representación de Galicia, e xunto con outras cinco comunidades autónomas, demandou hoxe ante a Comisión Europea que se introduza o parámetro da demografía na execución dos fondos europeos 2014-2020.
Así o destacou hoxe a titular do departamento autonómico, tras unha xornada de traballo na que mantivo encontros en diversos estamentos da Unión Europea. A primeira hora da mañá, os representantes das seis comunidades autónomas tomaron parte nun encontro no Comité das rexións, xunto con outros territorios europeos. Mantiveron tamén unha xuntanza co comisario europeo de Emprego, Asuntos sociais e Inclusión, László Andor, así como con eurodeputados. Por último, reuníronse co embaixador representante permanente adxunto ante a UE, José Pascual Marco Martínez.
Na visita participaron as comunidades autónomas que tamén asinaron, o pasado mes de febreiro, a II Declaración institucional polo cambio demográfico: Asturias, Castela A Mancha, Aragón, Castela e León, Estremadura e Galicia. Estes territorios están tamén integrados na Rede europea de rexións con desafíos demográficos.
O obxectivo desta xornada de traballo foi abordar o problema demográfico, que xa está a afectar a moitas rexións españolas e europeas. En concreto, recordou Mato, segundo as últimas proxeccións do Instituto Nacional de Estatística (INE) España perderá progresivamente habitantes nas próximas décadas. Dentro desta tendencia nacional, as seis comunidades autónomas que se desprazaron hoxe a Bruxelas son as que “peores perspectivas” teñen, xa que o seu saldo vexetativo e a taxa de natalidade están por debaixo da media española.
Aínda así, Mato precisou que non se trata dun “problema exclusivo” de España, senón que a Unión Europea (UE) tamén está enfrontando ás consecuencias da crise demográfica. Segundo o informe Rexións 2020, ao redor dun terzo das rexións europeas rexistrarán, no prazo de seis anos, un descenso da poboación. Polo tanto, este é un dos principais retos que a medio e longo prazo “deben afrontar as autoridades da UE”.
Ante esta situación, Galicia, e as outras cinco comunidades autónomas, abordaron co comisario europeo a posibilidade de introducir o obxectivo de loita contra a crise demográfica na revisión que se vai acometer nos próximos meses da Estratexia Europa 2020. Neste sentido, Andor recordou a especial relevancia de que as rexións participen na actualización deste plan, dado que será a nova Comisión Europea, saída das eleccións do próximo mes de maio, a encargada de executalo.
Solicitaron, ademais, que se teña en conta a diversidade dos problemas demográficos que afrontan as distintas rexións na definición de “zonas con desvantaxes naturais ou demográficas graves e permanentes”.
En materia de financiamento, concretaron a súa petición en dous núcleos fundamentais: que o cambio demográfico sexa incluído como un criterio na execución de todos os programas de financiamento comunitario no período 2014-2020; e que os criterios poboacionais pesen con maior forza no deseño das novas políticas, especialmente na rexional e de desenvolvemento rural, durante o debate sobre o seguinte período financeiro 2020-2027. A finalidade é conseguir dotar ás zonas máis afectadas por esta situación dun orzamento e de instrumentos específicos.
Estas peticións a nivel europeo súmanse ás xa demandas xa presentadas a nivel nacional tras a reunión de Zaragoza do pasado mes de febreiro. Alí estas seis comunidades autónomas fixeron fincapé na necesidade de acadar un Pacto de estado en materia demográfica, de crear un grupo de traballo no Ministerio, e de elaborar unha estratexia nacional neste sentido.
No que se refire á xuntanza mantida no seo do Comité das Rexións, no que participaron tamén rexións de Alemaña, Finlandia, Lituania, Suecia e Polonia, valorouse especialmente a oportunidade de continuar con este tipo de encontros de forma periódica co obxectivo de aplicar aquelas iniciativas que teñan dado bos resultados nas diferentes rexións europeas.
Plan demográfico
Ademais da implicación do resto de institucións, Galicia xa está tomando as medidas que están na súa man para facer fronte ao problema, sinalou Mato. Deste xeito, impulsouse de forma pioneira o primeiro Plan de dinamización demográfica da historia da autonomía, composto por un total de 69 medidas.
Entre os seus eixos, Mato destacou especialmente o da sensibilización, xa que “recoñecer o problema é o primeiro paso para resolvelo”; e o das políticas de familia, no que se inclúen desde incentivos á natalidade a accións dirixidas á conciliación da vida laboral, persoal e familiar.
Neste sentido, recordou que Galicia ten aumentado nun 61 por cento as prazas de escolas infantís desde 2009, e que neste curso empezarase a ampliar a exención de pago da matrícula do segundo fillo nas escolas infantís. Ademais, xa se están desenvolvendo novas medidas como as casas-niño, ou o servizo de axuda no fogar para a infancia.
Xa por último, e en canto aos incentivos, Mato lembrou que este ano incrémentase nun 20 por cento a dedución fiscal por nacemento.
Actividades Novacaixagalicia
Obradoiros infantís para Semana Santa na Fundación Novacaixagalicia en Vigo
A Fundación Novacaixagalicia propón para esta Semana Santa unha divertida e educativa programación de obradoiros para os máis pequenos da casa. Os centros socioculturais da entidade acollerán durante eses días diversas actividades en que os rapaces poñerán a probas as súas habilidades e coñecerán os segredos de áreas tan dispares entre si como a cinematográfica ou a culinaria. Cada unha das sete cidades en que a Fundación Novacaixagalicia está presente grazas a un dos seus centros acollerá os distintos obradoiros que a entidade planificou para esa semana.
Symphonic of Abba na Fundación Novacaixagalicia en Vigo
O próximo domingo 6 de abril, ás 18.00 h, chega ao Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia o Symphonic of Abba, un espectáculo e unha produción sen precedentes, que combina as mellores e máis emblemáticas melodías de Abba coa música clásica. As entradas para este espectáculo encóntranse xa á venda a través das canles habituais da entidade en www.servinova.com ou ben no despacho telefónico no 902 504 500.
II Pinillo Rock FESTIVAL. CARTEL DEFINITIVO
6 Y 7 DE JUNIO
II FESTIVAL PINILLO ROCK
VIERNES 6: NOCHE DE TRIBUTOS – BUZZ LOVERS (NIRVANA) + RIFF RAFF REUNION (AC-DC) + THE HYPE (U2) + GUERRILLA (RAGE AGAINST THE MACHINE) + SPANISH CARAVAN (THE DOORS) + HELL HOUSE (GUNS N ROSES)
SÁBADO 7: REINCIDENTES + PONCHO K + ESKORZO + ESTIRPE + RETALES + SOBRAN CAUSAS
Abono dos días: 18€ anticipada hasta el 5 junio (Puntos de venta: www.ticketea.com, Discos Fuentes Guerra, Totemtanz.com, Record Sevilla, Oficina de Turismo Almodóvar)
Abono dos días: 23€ taquilla. Sólo 6 Junio 13€ taquilla. Sólo 7 Junio 18€ taquilla. Apertura 19.00h
RECINTO FERIAL – ALMODÓVAR DEL RÍO – CÓRDOBA