Actividades Novacaixagalicia

Os Business Program Days na Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia

A Escola de Negocios da Fundación Novacaixagalicia, nos seus campus da cidade da Coruña e mais de Vigo, desenvolverá esta fin de semana e mais a vindeira os seus seminarios encadrados no Business Program Days. Aquelas persoas interesadas en inscribirse nos cursos que terán lugar mañá e ao día seguinte, sábado, poderán facelo ata as 12.00 h do venres 4 de abril. A matrícula pode realizarse a través da seguinte ligazón da Escola de Negocios Fundación Novacaixagalicia:http://www.escueladenegociosncg.edu/talleres-y-seminarios.php.

 Os virtuosos Ara Malikian e Fernando Egozcue presentan «Con los ojos cerrados»

Ara Malikian, ao violín, e Fernando Egozcue, á guitarra, presentarán en Vigo e Pontevedra o seu espectáculo «Con los ojos cerrados», unha proposta na que se fusionan a música clásica e o jazz, cunha forte influencia do novo tango arxentino. Os dous virtuosos estarán a partir das 20.30 h, o próximo sábado 12 de abril, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo e unha semana despois, o sábado 19 de abril, no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia en Pontevedra.

As entradas para este espectáculo están á venda a través das canles habituais da entidade, enwww.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

As relacións afectivas e a síndrome de Down a análise na Fundación Novacaixagalicia de Vigo

Mañá, venres 4 de abril, ás 17.30 h o Centro Social da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá a conferencia de Beatriz Garvía, licenciada en Psicoloxía pola Universidad Complutense de Madrid, «Relacións afectivas e sexualidade en persoas con síndrome de Down / discapacidade intelectual».
El Brujo inaugura a segunda parte da temporada de abonos de teatro en Vigo

O vindeiro domingo, 13 de abril, ás 19.30 h, o Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá o comezo da segunda parte do período de abonos de teatro coa representación deMulleres de Shakespeare, a máis recente proposta teatral de Rafael Álvarez El Brujo. As entradas para este espectáculo están á  venta a través das canles habituais da entidade, enwww.servinova.com ou ben na  billeteira telefónica no 902 504 500.

 A Orquesta Sinfónica de Galicia na Fundación Novacaixagalicia en Vigo

O vindeiro xoves, 10 de abril, o Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá un novo concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia incluído na tempada de abonos de clásica que organiza a entidade. A partir das 20.30 h, a agrupación de música clásica de Galicia ofrecerá un recital para o que contará con Eliahu Inbal na dirección e Isabelle van Keulen no violín e viola. O programa constará de pezas de Wolfang Amadeus Mozart ―Sinfonía núm. 35, en re maior, K. 385, «Haffner»―, Béla Bartók ―Concerto para violín núm. 1―, e Antonin Dvorák ―Sinfonía núm. 7, en re menor, op. 70. As entradas para este espectáculo, non recomendado para menores de sete anos, están á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. Ademais, o interese por achegar a cultura a un maior espectro da sociedade galega conduce á entidade a continuar coa iniciativa mediante a cal todas aquelas persoas menores de 35 anos poderán adquirir a súa entrada media hora antes do concerto na billeteira a un prezo de 5 euros.

A Real Filharmonía de Galicia na Fundación Novacaixagalicia en Vigo

O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá mañá, venres 4 de abril, ás 20.30 horas, o concerto en que a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Christoph König, interpretará a Sinfonía núm. 1 en re maior, Hob. I/1, de Franz Joseph Haydn; O aniversario de Washington, núm. 1, S. 5, de Charles Ives; a Sinfonía núm. 9 en do maior, Hob. I/9, de Franz Joseph Haydn; a Suite de danzas francesas, de Paul Hindemith; e a Sinfonía núm. 48 en do maior, Hob. I/ 48 «María Teresa», de Franz Joseph Haydn.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: