XUVENTUDE PON EN FUNCIONAMENTO O NOVO CONSELLO GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA QUE OUTORGA MÁIS PESO ÁS ENTIDADES

 

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que regula á modificación deste organismo que, segundo a Lei de acción voluntaria de 2011, ten entre as súas funcións a coordinación e o asesoramento nesta materia
  • O número de asociacións de acción voluntaria medrou un 15 por cento nos últimos anos, ata superar as 860

 

Santiago, 3 de abril de 2014– O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto que regula o novo Consello Galego de Acción Voluntaria que outorga máis peso ás entidades. A Consellería de Traballo e Benestar, deste xeito, pon en marcha este novo organismo, que xa existía, pero que agora se modifica a súa composición para promover o papel das asociacións, é dicir, o obxectivo desta cambio é dotar de máis representación ás entidades do sector, en detrimento da Administración autonómica.

A Lei de acción voluntaria de Galicia de 2011, que foi aprobada por unanimidade polo Parlamento galego, establece que este Consello é o máximo órgano de participación, coordinación e asesoramento na materia.

As principais funcións céntranse en emitir informes sobre os proxectos do Goberno no eido do voluntariado; asesorar e informar; servir de punto de encontro entre as administracións e as entidades; detectar e analizar as necesidades básicas na materia; velar pola calidade das prestacións; ou propoñer novas actuacións.

Para conseguilo, créase unha vicepresidencia segunda para o representante da confederación con maior número de entidades inscritas no Rexistro de acción voluntaria e créanse dúas novas vogalías para entidades . Deste xeito, os axentes que traballan neste ámbito contarán cun maior peso no órgano, que ademais pasa a incorporar tamén ás universidades.

Con estas modificacións, reafírmase a importancia das estruturas de participación cidadá e consolídase este Consello como máximo órgano de asesoramento en materia de voluntariado. Esta iniciativa inscríbese na aposta do Goberno galego por seguir apoiando o voluntariado, que cada vez ten unha maior relevancia na sociedade galega. Proba disto, é que as entidades inscritas no rexistro da Xunta aumentaron nun 15 por cento desde o 2008, de xeito que agora superan as 860 asociacións. Parello a este incremento, produciuse tamén un aumento no número de persoas voluntarias inscritas, que superan xa as 36.400.

Ademais deste cambio, a Xunta desenvolve diversas iniciativas relacionadas con este eido como os proxectos de voluntariado nos cárceres; o pasaporte solidario; o acompañamento a persoas con alzhéimer; o voluntariado dixital, nas bibliotecas, ou de carácter ambiental; o intercambio de voluntarios sénior con outros países; ou o Servizo de Voluntariado Xuvenil.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: