Archive | abril 4, 2014

CINCO CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO PARTICIPAN NO PROGRAMA ´CULTURA NO CAMIÑO´, UN CICLO QUE OFRECE 23 ACTUACIÓNS NOS VINDEIROS MESES

 

  • Baiona, Nigrán, Mos, Redondela e Soutomaior ofrecerán actuacións de música, teatro infantil, maxia ou novo circo entre os meses de abril, xuño, xullo e agosto.
  • O programa ´Cultura no Camiño´ se encadra na conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.
  • En colaboración coa actividade cultural dos concellos polos que discorre o Camiño Portugués, encherá de espectáculos culturais para todos os públicos as 5 localidades participantes da área territorial.

 

Vigo, 04 de abril de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e xunto á Axencia de Turismo de Galicia, poñen en marcha a segunda edición do circuíto ´Cultura no Camiño´, ciclo que se encadra na conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, e que levará un total de 323 actuacións escénicas e musicais a 81 concellos polos que transcorren algunha das rutas xacobeas do Camiño de Santiago.

 

No que respecta aos concellos que pertencen á área territorial de Vigo, son 5 as localidades que participarán nesta iniciativa cultural. Baiona, Nigrán, Mos, Redondela e Soutomaior, municipios por onde discorre o Camiño Portugués ou o Camiño Portugués pola costa formarán parte deste programa cultural ofrecendo un total de 23 actuacións de música, teatro infantil, maxia ou novo circo durante os meses de abril, xuño, xullo e agosto.

 

´Cultura no Camiño´ retoma e reforza deste xeito unha actividade —tivo a súa primeira entrega en outubro de 2013— que encherá de espectáculos culturais para todos os públicos as localidades participantes, todas elas radicadas nas distintas rutas xacobeas e que conseguirán achegar ao público das distintas vilas e cidades parte do inmenso talento artístico co que conta Galicia. Ademais, todos os espectáculos teñen que ser producidos e distribuídos por asociacións culturais, sociedades civís, mercantís ou empresarios individuais con sede na Comunidade autónoma de Galicia.

 

Este ciclo realízase de forma conxunta e en colaboración coa actividade cultural dos concellos participantes, sendo así un exemplo de traballo colectivo e de colaboración institucional co obxectivo de ofrecer a mellor programación posible, involucrando a administracións pero tamén a creadores, compañías e programadores, nun circuíto pensado, deseñado e realizado por e para o público.

 

Actuacións no Val Miñor

Nos concellos de Baiona e Nigrán ofreceranse un total de 8 actuacións –3 na Vila Real e 5 no municipio nigranés- de teatro infantil, música e maxia. A primeira delas terá lugar en Nigrán o vindeiro 27 de abril ás 18,30 horas. A compañía EducaTeatro Producións ofrecerá unha mostra de teatro infantil baixo o nome Os tres porquiños. As seguintes actuacións serán:

 

Concello Data Hora Compañía Actuación Categoría
Nigrán 27/04/2014 18:30 EducaTeatro Producións Os tres porquiños Teatro infantil
Nigrán 20/06/2014 21:00 Felipe Villar Trío   Música
Nigrán 04/07/2014 20:30 Dani García Don Gelati Maxia
Nigrán 10/07/2014 20:30 Títeres Cascanueces O fillo do panadeiro Teatro Infantil
Nigrán 12/08/2014 20:30 A Xanela do Maxín Titeremusicontos Teatro infantil

Baiona

12/07/2014

23:00

Os contos de Joselín

Os contos de Joselín

Teatro

Baiona

15/07/2014

23:00

Mago Rafa

Momentos máxicos

 

Baiona

18/07/2014

23:00

Orquestra Os Modernos

 

Música

 

No Concello de Mos

No caso do Concello de Mos as actuacións que se ofrecerán serán tres, de música e de teatro infantil, e todas elas a celebrar durante o mes de xuño.

 

Mos 01/06/2014 20:21 Malvela Raianas Música
Mos 14/06/2014 20:21 Moxenas Musical Galego Homenaxe a Nazario González Música
Mos 15/06/2014 20:21 Migallas Teatro Un avó especial Teatro infantil

 

Redondela e Soutomaior

Por último, os concellos de Redondela e Soutomaior ofrecerán o maior número de actuacións culturais na área de Vigo. Serán un total de 12 actuacións: 7 na Vila dos Viadutos e 5 no municipio de Soutomaior nos meses de xuño, xullo e agosto. Novo circo, maxia e teatro infantil serán as principais actividades que os veciños e veciñas poderán disfrutar.

 

Redondela 19/06/2014 18:00 Peter Punk Peor imposible Novo circo
Redondela 19/06/2014 17:00 Pistacatro productora de soños Up 2 down Novo circo
Redondela 20/06/2014 18:00 Barafunda Maxia Branca  
Redondela 20/06/2014 17:00 Dani García Don Gelati Maxia
Redondela 01/08/2014 19:00 Cayetano Lledó O peregrino máxico Maxia
Redondela 01/08/2014 19:00 Culturactiva Pistactiva.Combinado de Circo Galego Novo circo
Soutomaior 28/06/2014 21:00 A illa dos nenos Maxia no camiño Maxia
Soutomaior 13/07/2014 21:00 Compañía Asacocirco Casal en risco Novo circo
Soutomaior 08/08/2014 21:00 Chrystyan Magic A casiña da maxia na rúa Maxia
Soutomaior 14/08/2014 21:00 Magín Blanco A nena e os grilos Teatro infantil
Soutomaior 22/08/2014 21:00 Os tres tenedores Cocido sinfónico Teatro infantil

 

 

 

Acto Penzol

Acto-Penzol-Antonio-Perez-PradoInvitación Casa de la Cultura en Vigo

O INDICADOR DE CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS MELLOROU 18 PUNTOS NO ÚLTIMO ANO E SITÚASE NO NIVEL MÁIS ALTO DENDE MEDIADOS DE 2011, SEGUNDO O IGE

 

  • Este índice mostra unha mellora das perspectivas que teñen as familias galegas sobre a evolución da súa situación financeira persoal, sobre a economía de Galicia e sobre o mercado laboral
  • Os consumidores contan con ter máis capacidade de aforro nos vindeiros meses
  • O número de fogares que chegan con dificultades a final de mes reduciuse en 3,6 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2013

 

Santiago, 4 de abril de 2014.- O indicador de confianza dos fogares galegos mellorou 18 puntos no primeiro trimestre do ano respecto ao mesmo período de 2013, ata situarse no nivel máis elevado dende o terceiro trimestre de 2011, segundo reflicte a Enquisa Coxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto ás súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.
En canto aos indicadores parciais, a enquisa do IGE indica que as perspectivas dos fogares galegos sobre a súa situación financeira persoal melloran en case 13 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2013.

 

No último ano tamén melloran as perspectivas sobre a capacidade de aforro das familias galegas –en máis de 8,5 puntos-, sobre a situación económica de Galicia –medran 23 puntos- e sobre a evolución do desemprego, que mellora en máis de 27 puntos.

 

Situación dos fogares galegos

Ademais, o instituto estatístico da Xunta tamén analiza a situación económica dos fogares galegos. Segundo o IGE, no primeiro trimestre do ano aumentou o número de familias que di chegar a fin de mes con facilidade ou moita facilidade –3,6 puntos máis que hai un ano-, polo que diminúen nesa mesma porcentaxe os fogares que chegan con algún tipo de dificultade a fin de mes.

 

Finalmente, a enquisa do IGE revela unha redución do número de fogares que tomaron algún tipo de medida para diminuír os seus gastos.

 

Por exemplo, a porcentaxe de familias que cambian os seus hábitos de compra para reducir gastos baixou 13 puntos no último ano, mentres que as que diminúen outros gastos comúns –como roupa ou calzado- baixou en 18 puntos.

 

 

Sister Act se estrenará el 24 de octubre en Barcelona / Entradas ya a la venta

image006El 24 de octubre Sister Act se estrenará en el Teatre Tívoli de Barcelona

Entradas ya a la venta

Barcelona ha sido la ciudad elegida, por los productores Whoopi Goldberg, Stage Entertainment  y El Terrat, para su estreno en España. El próximo 24 de octubre el musical levantará el telón en el Teatre Tívoli de la Ciudad Condal

“Sister Act es una gran comedia para toda la familia. Os prometo que pasaréis una increíble noche en el teatro! Escuchar a la gente reír y aplaudir tanto como lo hacen en SISTER ACT – un espectáculo que la gente cree conocer, pero con el que luego se llevan una grata sorpresa al ver que no es lo que esperaban – es una experiencia mágica para un productor,” dice la productora Whoopi Goldberg.

 

Precedido de un gran éxito en Broadway, y el West End londinense donde el musicalha sido nominado a 4 Premios Oliver y a 5 Premios Tony,  ha cosechado excelentes críticas en las ciudades en las que se ha representado:

“¡Irresistible!”                                                                                            “Simplemente divino”

THE TIMES                                                                                                  TIME OUT LONDON

“Una comedia musical realmente divertida con una fabulosa partitura de Alan Menken”  – THE DAILY TELEGRAPH

 

“Perfecta en el reino de la comedia musical”                                    “Rabiosamente divertida!”

THE NEW YORK TIMES                                                                            NEW YORK POST

 

“¡Irresistiblemente divertido! Un musical que contagia buen rollo”

THE LONDON EVENING STANDARD

 

 

Basada en la taquillera película, SISTER ACT, protagonizada por la actriz Whoopi Goldberg, el musical  cuenta con un banda sonora  inspirada en los estilos musicales que van desde la música de Motown, el soul o el funk, hasta los grandes himnos de música disco, pasando por Barry White.

 

O SÁBADO 5 DE ABRIL, SEGUNDA MAN EN DETRÁS DO MARCO

segunda man

O sábado 5 de abril (dende ás 16:30 horas) SEGUNDA edición de SEGUNDA MAN, o mercado cultural que realizamos os primeiros sábados de cada mes en Detrás Do Marco (Rúa Londres, s/n).

Ademais de contar cun montón de artigos relacionados coa cultura a espectaculares prezos, poderedes encontrar obra gráfica de diferentes artistas, fanzines, serigrafías e outras moitas cousas.

Se tes material deste tipo e che apetece pasar unha tarde de sábado amena, en boa compañía, e compartir os teus máis prezados tesouros, contacta connosco!!!!

5 ABRIL – 16:30

A Fundación Novacaixagalicia presenta a Pablo Chiapella en Vigo

O Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá mañá, sábado 5 de abril, ás 22.00 h o monólogo do actor Pablo Chiapella titulado Si, son o señor. As entradas para este espectáculo, non recomendado para menores de 13 anos, están xa á venda a través das canles habituais da entidade: en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

 

AXENCIA SINSALAUDIO // SEGUE A XIRA DE PRESENTACIÓN DE CAXADE

Abril, Maio, Xuño

O 2º trimestre de CAXADE

Segue a xira de presentación do disco de CAXADE “A Dança dos Moscas”

CAXADE

  Imágenes integradas 1


Ames, 3 de abril de 2014. Negreira, Melide, Coruña, A Baña, Culleredo, Ourense ou Lugo son algúns dos lugares nos que proximamente CAXADE presentarán en concerto o seu primeiro disco “A Dança dos Moscas”. Un LP con moi boa acollida e que esgotaba a primeira edición xusto ao comezar a xira de presentación.

Este sábado dia 5 de abril o grupo de folk-pop CAXADE inician o último trimestre antes da chegada do verán, presentando “A Dança dos Moscas” ás 21h30 no Auditorio da Casa de Cultura de Negreira, unha xira que as persoas interesadas poden seguir desde o web www.alonsocaxade.com. Como adianto dos concertos do verán, estarán tamén en Foz e en Cambados.

CAXADE traballa así mesmo noutros proxectos: a participación no disco que sairá a finais da primavera “Monstros da Máquina vol.I”  do selo “Discos da Máquina”, e tamén nunha proposta que se presentará a finais de ano xunto a unha banda de música de 60 persoas.

 

Valença Promove Saúde com Desporto

 

A Câmara Municipal de Valença promove o Dia Mundial da Atividade Física, com um demonstração de modalidades desportivas, domingo, 6 de abril, na avenida da Estação, a partir das 10h.

Sessões de zumba e aeróbica, tiro ao alvo, malha e corrida de sacos são algumas das atividades que será possível praticar nesta manhã dedicada ao desporto.

A jornada proporciona a realização de exames médicos básicos, bem como esclarecimento sobre alimentação saudável.

Valença possui, hoje, uma assinalável atividade desportiva fruto de uma renovada dinâmica associativa, transversal às mais diversas modalidades, que está a envolver um número crescente de valencianos, superando já os 1115 atletas, num universo populacional de 14500 habitantes. Uma realidade reforçada e projetada com a integração, com Tui, no Projeto Desportivo da Eurocidade.

O programa do Dia Mundial da Atividade Física insere-se no programa anual “Mexa-se pela Sua Saúde” que tem por objetivo promover a atividade física como fator fundamental para a saúde e bem-estar da população em geral.

A iniciativa conta com a Colaboração da Realzoom e do Gymvalença.

Para o Presidente da Câmara, Jorge Mendes “Valença é uma cidade ativa, com uma dinâmica desportiva que incentiva hábitos saudáveis e proporciona uma terra com qualidade de vida, boa para viver e visitar”

Valença, 4 de abril de 2014

 

A CONSELLERÍA DE FACENDA E A UNIVERSIDADE DE VIGO ASINAN UN CONVENIO PARA AFONDAR NA INVESTIGACIÓN E A ANÁLISE DO SISTEMA DE FINANCIAMENTO AUTONÓMICO

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, e o reitor da UVIGO, Salustiano Mato, subscribiron hoxe un acordo de colaboración neste eido

  • O acordo permitirá impulsar o labor da Rede de Investigadores sobre financiamento autonómico e descentralización fiscal en España (Rifde), cuxo nó central está en Galicia
  • A Rifde está integrada por 70 investigadores de varias universidades españolas
  • Muñoz Fonteriz lembrou que o financiamento autonómico “é un punto básico para o desenvolvemento das nosas políticas”, xa que supón arredor do 80% do total de ingresos,

NOVEDADES CARMIÑA E A MASTER CLASS DE PEREDA, PRATOS FORTES MAÑÁ NO PLAY-DOC / NOVEDADES CARMINHA Y LA MASTER CLASS DE PEREDA,

ojaydocA MÚSICA CANALLA DE NOVEDADES CARMINHA
ANIMA A NOITE DO SÁBADO NO PLAY-DOC
• A xornada estará tamén marcada pola clase maxistral que ofrece o cineasta mexicano
Nicolás Pereda e por altas doses de cinema galego
Tui, 4 de abril de 2014. Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui volve dar
protagonismo á música co concerto que Novedades Carminha ofrece mañá na sala Metropol, ás
00.30 horas. Acompáñanos para quentar motores Sequin e Malandrómeda. As entradas, a 7 euros,
poderán adquirirse na propia sala, ou en venda anticipada en entradasgo.com.
Sequin supón un descubrimento no contexto español. Esta lisboeta fai un pop electrónico moi
persoal, que escapa ás etiquetas. Con ritmos que beben da música tradicional hindú ou o afrobeat,
entre outras influencias de carácter cosmopolita, Sequin abrirá o concerto para cederlle despois un
espazo a Malandrómeda. Os seus directos son enérxicos e sen medo ao ridículo, sempre dispostos á
experimentación. O rap bailable dos galegos é divertido, enxeñoso e sobre todo moi canalla, un
espírito que comparten con Novedades Carminha. Irreverentes coma sempre, con esa factura lo-fi
que os caracteriza, nun lugar entre a psicodelia e o punk, os composteláns presentan este ano disco,
Juventud Infinita. O seu sinxelo, do mesmo nome, está a recoller boas críticas, e o público dálles
boa acollida nos concertos que están a ofrecer estes meses. Con este percorrido, o seu novo álbum
será, seguro, unha das sensacións musicais do panorama independente do 2014.
Clase maxistral de Nicolás Pereda
Outro dos protagonistas da xornada será Nicolás Pereda, cineasta mexicano homenaxeado este ano,
que ofrecerá á tarde unha clase maxistral para falar do seu método híbrido entre o documental e a
ficción. Os espectadores poderán descubrir os títulos Los mejores temas e Perpetuum Mobile, que
se suman ás outras sete sesións que este ano lle dedica Play-Doc. Estes son dous dos seus filmes
máis representativos e persoais, que tratan temas de índole social na súa natal México DF.
Por último, a xornada está cargada dunha boa dose de cinema galego. A contemplativa Costa da
Morte, de Lois Patiño, abre unha tarde na que tamén se proxectan Camping Wesertal, A Raia e
varios títulos musicais rodados en Galicia. A isto hai que sumar o domingo Pettring, Ecos de lo
urbano, Spaces of Time#1 – Vigo e VidaExtra. Todas estas películas confirman a boa saúde do
cinema galego, polo que o festival Play-Doc vén apostando nas últimas edicións.