CINCO CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO PARTICIPAN NO PROGRAMA ´CULTURA NO CAMIÑO´, UN CICLO QUE OFRECE 23 ACTUACIÓNS NOS VINDEIROS MESES
- Baiona, Nigrán, Mos, Redondela e Soutomaior ofrecerán actuacións de música, teatro infantil, maxia ou novo circo entre os meses de abril, xuño, xullo e agosto.
- O programa ´Cultura no Camiño´ se encadra na conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.
- En colaboración coa actividade cultural dos concellos polos que discorre o Camiño Portugués, encherá de espectáculos culturais para todos os públicos as 5 localidades participantes da área territorial.
Vigo, 04 de abril de 2013.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e xunto á Axencia de Turismo de Galicia, poñen en marcha a segunda edición do circuíto ´Cultura no Camiño´, ciclo que se encadra na conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, e que levará un total de 323 actuacións escénicas e musicais a 81 concellos polos que transcorren algunha das rutas xacobeas do Camiño de Santiago.
No que respecta aos concellos que pertencen á área territorial de Vigo, son 5 as localidades que participarán nesta iniciativa cultural. Baiona, Nigrán, Mos, Redondela e Soutomaior, municipios por onde discorre o Camiño Portugués ou o Camiño Portugués pola costa formarán parte deste programa cultural ofrecendo un total de 23 actuacións de música, teatro infantil, maxia ou novo circo durante os meses de abril, xuño, xullo e agosto.
´Cultura no Camiño´ retoma e reforza deste xeito unha actividade —tivo a súa primeira entrega en outubro de 2013— que encherá de espectáculos culturais para todos os públicos as localidades participantes, todas elas radicadas nas distintas rutas xacobeas e que conseguirán achegar ao público das distintas vilas e cidades parte do inmenso talento artístico co que conta Galicia. Ademais, todos os espectáculos teñen que ser producidos e distribuídos por asociacións culturais, sociedades civís, mercantís ou empresarios individuais con sede na Comunidade autónoma de Galicia.
Este ciclo realízase de forma conxunta e en colaboración coa actividade cultural dos concellos participantes, sendo así un exemplo de traballo colectivo e de colaboración institucional co obxectivo de ofrecer a mellor programación posible, involucrando a administracións pero tamén a creadores, compañías e programadores, nun circuíto pensado, deseñado e realizado por e para o público.
Actuacións no Val Miñor
Nos concellos de Baiona e Nigrán ofreceranse un total de 8 actuacións –3 na Vila Real e 5 no municipio nigranés- de teatro infantil, música e maxia. A primeira delas terá lugar en Nigrán o vindeiro 27 de abril ás 18,30 horas. A compañía EducaTeatro Producións ofrecerá unha mostra de teatro infantil baixo o nome Os tres porquiños. As seguintes actuacións serán:
Concello | Data | Hora | Compañía | Actuación | Categoría |
Nigrán | 27/04/2014 | 18:30 | EducaTeatro Producións | Os tres porquiños | Teatro infantil |
Nigrán | 20/06/2014 | 21:00 | Felipe Villar Trío | Música | |
Nigrán | 04/07/2014 | 20:30 | Dani García | Don Gelati | Maxia |
Nigrán | 10/07/2014 | 20:30 | Títeres Cascanueces | O fillo do panadeiro | Teatro Infantil |
Nigrán | 12/08/2014 | 20:30 | A Xanela do Maxín | Titeremusicontos | Teatro infantil |
Baiona |
12/07/2014 |
23:00 |
Os contos de Joselín |
Os contos de Joselín |
Teatro |
Baiona |
15/07/2014 |
23:00 |
Mago Rafa |
Momentos máxicos |
|
Baiona |
18/07/2014 |
23:00 |
Orquestra Os Modernos |
|
Música |
No Concello de Mos
No caso do Concello de Mos as actuacións que se ofrecerán serán tres, de música e de teatro infantil, e todas elas a celebrar durante o mes de xuño.
Mos | 01/06/2014 | 20:21 | Malvela | Raianas | Música |
Mos | 14/06/2014 | 20:21 | Moxenas Musical Galego | Homenaxe a Nazario González | Música |
Mos | 15/06/2014 | 20:21 | Migallas Teatro | Un avó especial | Teatro infantil |
Redondela e Soutomaior
Por último, os concellos de Redondela e Soutomaior ofrecerán o maior número de actuacións culturais na área de Vigo. Serán un total de 12 actuacións: 7 na Vila dos Viadutos e 5 no municipio de Soutomaior nos meses de xuño, xullo e agosto. Novo circo, maxia e teatro infantil serán as principais actividades que os veciños e veciñas poderán disfrutar.
Redondela | 19/06/2014 | 18:00 | Peter Punk | Peor imposible | Novo circo |
Redondela | 19/06/2014 | 17:00 | Pistacatro productora de soños | Up 2 down | Novo circo |
Redondela | 20/06/2014 | 18:00 | Barafunda | Maxia Branca | |
Redondela | 20/06/2014 | 17:00 | Dani García | Don Gelati | Maxia |
Redondela | 01/08/2014 | 19:00 | Cayetano Lledó | O peregrino máxico | Maxia |
Redondela | 01/08/2014 | 19:00 | Culturactiva | Pistactiva.Combinado de Circo Galego | Novo circo |
Soutomaior | 28/06/2014 | 21:00 | A illa dos nenos | Maxia no camiño | Maxia |
Soutomaior | 13/07/2014 | 21:00 | Compañía Asacocirco | Casal en risco | Novo circo |
Soutomaior | 08/08/2014 | 21:00 | Chrystyan Magic | A casiña da maxia na rúa | Maxia |
Soutomaior | 14/08/2014 | 21:00 | Magín Blanco | A nena e os grilos | Teatro infantil |
Soutomaior | 22/08/2014 | 21:00 | Os tres tenedores | Cocido sinfónico | Teatro infantil |
Trackbacks / Pingbacks