NOVEDADES CARMIÑA E A MASTER CLASS DE PEREDA, PRATOS FORTES MAÑÁ NO PLAY-DOC / NOVEDADES CARMINHA Y LA MASTER CLASS DE PEREDA,

ojaydocA MÚSICA CANALLA DE NOVEDADES CARMINHA
ANIMA A NOITE DO SÁBADO NO PLAY-DOC
• A xornada estará tamén marcada pola clase maxistral que ofrece o cineasta mexicano
Nicolás Pereda e por altas doses de cinema galego
Tui, 4 de abril de 2014. Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui volve dar
protagonismo á música co concerto que Novedades Carminha ofrece mañá na sala Metropol, ás
00.30 horas. Acompáñanos para quentar motores Sequin e Malandrómeda. As entradas, a 7 euros,
poderán adquirirse na propia sala, ou en venda anticipada en entradasgo.com.
Sequin supón un descubrimento no contexto español. Esta lisboeta fai un pop electrónico moi
persoal, que escapa ás etiquetas. Con ritmos que beben da música tradicional hindú ou o afrobeat,
entre outras influencias de carácter cosmopolita, Sequin abrirá o concerto para cederlle despois un
espazo a Malandrómeda. Os seus directos son enérxicos e sen medo ao ridículo, sempre dispostos á
experimentación. O rap bailable dos galegos é divertido, enxeñoso e sobre todo moi canalla, un
espírito que comparten con Novedades Carminha. Irreverentes coma sempre, con esa factura lo-fi
que os caracteriza, nun lugar entre a psicodelia e o punk, os composteláns presentan este ano disco,
Juventud Infinita. O seu sinxelo, do mesmo nome, está a recoller boas críticas, e o público dálles
boa acollida nos concertos que están a ofrecer estes meses. Con este percorrido, o seu novo álbum
será, seguro, unha das sensacións musicais do panorama independente do 2014.
Clase maxistral de Nicolás Pereda
Outro dos protagonistas da xornada será Nicolás Pereda, cineasta mexicano homenaxeado este ano,
que ofrecerá á tarde unha clase maxistral para falar do seu método híbrido entre o documental e a
ficción. Os espectadores poderán descubrir os títulos Los mejores temas e Perpetuum Mobile, que
se suman ás outras sete sesións que este ano lle dedica Play-Doc. Estes son dous dos seus filmes
máis representativos e persoais, que tratan temas de índole social na súa natal México DF.
Por último, a xornada está cargada dunha boa dose de cinema galego. A contemplativa Costa da
Morte, de Lois Patiño, abre unha tarde na que tamén se proxectan Camping Wesertal, A Raia e
varios títulos musicais rodados en Galicia. A isto hai que sumar o domingo Pettring, Ecos de lo
urbano, Spaces of Time#1 – Vigo e VidaExtra. Todas estas películas confirman a boa saúde do
cinema galego, polo que o festival Play-Doc vén apostando nas últimas edicións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: