O INDICADOR DE CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS MELLOROU 18 PUNTOS NO ÚLTIMO ANO E SITÚASE NO NIVEL MÁIS ALTO DENDE MEDIADOS DE 2011, SEGUNDO O IGE

 

  • Este índice mostra unha mellora das perspectivas que teñen as familias galegas sobre a evolución da súa situación financeira persoal, sobre a economía de Galicia e sobre o mercado laboral
  • Os consumidores contan con ter máis capacidade de aforro nos vindeiros meses
  • O número de fogares que chegan con dificultades a final de mes reduciuse en 3,6 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2013

 

Santiago, 4 de abril de 2014.- O indicador de confianza dos fogares galegos mellorou 18 puntos no primeiro trimestre do ano respecto ao mesmo período de 2013, ata situarse no nivel máis elevado dende o terceiro trimestre de 2011, segundo reflicte a Enquisa Coxuntural a Fogares que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).

 

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto ás súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.
En canto aos indicadores parciais, a enquisa do IGE indica que as perspectivas dos fogares galegos sobre a súa situación financeira persoal melloran en case 13 puntos respecto ao primeiro trimestre de 2013.

 

No último ano tamén melloran as perspectivas sobre a capacidade de aforro das familias galegas –en máis de 8,5 puntos-, sobre a situación económica de Galicia –medran 23 puntos- e sobre a evolución do desemprego, que mellora en máis de 27 puntos.

 

Situación dos fogares galegos

Ademais, o instituto estatístico da Xunta tamén analiza a situación económica dos fogares galegos. Segundo o IGE, no primeiro trimestre do ano aumentou o número de familias que di chegar a fin de mes con facilidade ou moita facilidade –3,6 puntos máis que hai un ano-, polo que diminúen nesa mesma porcentaxe os fogares que chegan con algún tipo de dificultade a fin de mes.

 

Finalmente, a enquisa do IGE revela unha redución do número de fogares que tomaron algún tipo de medida para diminuír os seus gastos.

 

Por exemplo, a porcentaxe de familias que cambian os seus hábitos de compra para reducir gastos baixou 13 puntos no último ano, mentres que as que diminúen outros gastos comúns –como roupa ou calzado- baixou en 18 puntos.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: