Alba María gaña o I Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’

• Nastasia Zürcher recibiu os premios do público á mellor artista e mellor canción orixinal na gala final celebrada no CSC da Ramallosa

5 de abril de 2014. Alba María impúxose aos restantes sete finalistas na gala decisiva do I Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo’. O director artístico do certame, Xoán Curiel, salientou que o xurado tivo un labor “difícil” polo “elevado nivel” dos oito artistas que chegaron á fase final do concurso.
Carme Hermida, concelleira de Cultura e membro do xurado, foi a encargada de xustificar o premio “polo enraizamento da proposta musical de Alba María na tradición galega e pola orixinalidade, variedade e actualidade das sáus cancións”.
Ademais de Hermida, formaron parte do xurado Uxía Senlle, unha das artistas galegas máis recoñecidas representando á parte artística; Pepe Cunha, fundador do portal http://www.abretedeorellas.com en representación da prensa especializada e Montse Rivera, directora de Merlo Branco Produccións representando as industrias culturais.
Como premio, Alba María vai ter a posibilidade de gravar un disco de oito temas. Para tal fin, contará co local de Nsaio de Teo, facilitado polo Concello. Ademais, disporá dunha serie de concertos e de promoción dese primeiro traballo discográfico.
A concelleira de Cultura teense destacou tamén que “o resto dos participantes, a pesar de non gañaren, deben estar orgullosos da súa participación”. Tras destacar “a diversidade das propostas”, Carme Hermida expresou o desexo de que o ano que vén “poidamos celebrar a segunda edición deste certame”.
Premios do público
Xoán Curiel sinala tamén o “importante apoio” dun público “moi participativo” que concedeu dous accésits que recaeron en Nastasia Zürcher como mellor artista e á canción orixinal polo seu tema ´Voar´. Na súa opinión, a gala foi o punto culminante a meses dun proceso cultural “pioneiro” que deixa “un fabuloso sabor de boca” tanto na parte estritamente artística como entre participantes e público.
Por último, o director artístico agradécelle á organización, o Concello de Teo, aos patrocinadores —Secretaría Xeral de Política Lingüística e Gadis— e ás entidades colaboradoras —Músicos ao Vivo, Asociación de apoio aos Músicos Noveis Galegos Amunoga, cafetería A Senra (Pontevea-Teo) e a tenda de música compostelá ‘O Pazo das Musas’—a súa implicacion, sen a cal «non sería posible este evento».
Alta participación
A esta primeira edición do certame inscribíronse 23 artistas, unha cifra elevada que “superou as nosas expectativas”, enfatiza Xoán Curiel. Número amplo, “como tamén ampla foi a calidade demostrada”, conclúe.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: