A XUNTA VEDA A PESCA EN DOUS TRAMOS DO RÍO LAGARES NO CONCELLO DE VIGO

 Os dous tramos suman unha lonxitude de case 11 quilómetros
 Esta veda fundaméntase na necesidade de favorecer a recuperación da fauna do río, tras o impacto causado polo vertido rexistrado o 23 de marzo

Santiago, 8 de abril de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se veda a pesca en dous tramos da conca do río Lagares, no Concello de Vigo.

Os treitos afectados son o tramo do río Lagares comprendido entre a ponte da Avenida de Madrid e a ponte da rúa dos Muíños, cunha lonxitude de 7,8 quilómetros. O segundo tramo é o que discorre entre a Ponte Babío e a desembocadura no Lagares, cunha lonxitude aproximada de 3 quilómetros.

Esta veda fundaméntase na necesidade de favorecer a recuperación da fauna do río, tras o impacto causado polo vertido rexistrado o 23 de marzo, poucos días despois da apertura da tempada de pesca. A veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca fluvial da tempada de 2015.

Suceso en 2008
Compre lembrar que no ano 2008 produciuse unha grave contaminación no río Lagares como consecuencia dun incendio nunha nave industrial. Ao curso fluvial chegaron restos dos produtos de limpeza que se almacenaban na nave, xunto con produtos empregados para apagar o lume, que afectaron á fauna, polo que se recolleron peixes mortos, sobre todo reñosas, anguías, troitas e sollas.

O estado no que quedaron as poboacións de peixes aconsellou unha veda do curso principal do río Lagares na tempada de 2009. Esta veda incluía un tramo do couto de pesca de Fragoso. Ao ano seguinte vedáronse tamén todos os afluentes para favorecer a recuperación da troita. A veda incluíu xa a totalidade do couto de pesca de Fragoso.

Nos anos seguintes, o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra realizou o seguimento da recuperación das poboacións de peixes na conca do río Lagares. Os resultados do inventariado con pesca eléctrica permitiron a reapertura do couto de pesca de Fragoso na tempada de 2014. Ao mesmo tempo tamén se creou un tramo libre de pesca sen morte no curso principal do río, augas abaixo do tramo acoutado.

Novo vertido
O pasado 23 de marzo, un novo vertido nun dos afluentes do Lagares, afectou ó curso principal do río, neste caso o tramo libre de pesca sen morte recentemente creado. Aínda que a mortaldade non foi tan severa coma a do ano 2008, o estado das poboacións de peixes aconsella vedar con carácter de urxencia os tramos afectados, tanto no curso principal do río Lagares coma no afluente río Barxa.

Situación da investigación
Por súa parte, Augas de Galicia (en colaboración co SEPRONA e o concello de Vigo) realizou xa unha rolda por todas as empresas do polígono industrial, así como outras instalacións próximas que puideran ser orixe do vertido. Aínda que non se encontraron indicios claros dunha vertedura procedente das empresas inspeccionadas, a investigación continúa aberta respecto dalgunhas irregularidades atopadas. Tamén realizouse unha análise das gravacións das cámaras de seguridade do polígono de Valadares, sen encontrar movementos aparentemente sospeitosos.

En paralelo, Augas de Galicia prosegue con traballo en laboratorio. As analíticas realizadas ás mostras de auga tomadas tras o vertido non amosan tampouco parámetros con valores estraños, polo que o vertido foi moi puntual e o río recuperou rapidamente os valores normais.

Dende Conservación da Natureza se indica que de momento nas mostras analizadas dos peixes non se atoparon tóxicos nin ningún outro indicio que puidera relevar a causa dunha mortaldade tan elevada. Analizaron por un lado o estado dos órganos dos peixes e por outro fixeron unha análise de tóxicos. Coas mostras que aínda quedan, esta previsto que se analice algún outro parámetro dos que Augas de Galicia mide no seu seguimento da calidade das auga.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: