AS PERSOAS TUTELADAS DA FUNGA PODERÁN ACCEDER Á QUENDA DE SERVIZOS PROFESIONAIS DO COLEXIO OFICIAL DE TRABALLADORES SOCIAIS

140404 traballo 01a

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a presidenta do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia (COTSG), Marta Capeáns, veñen de asinar un convenio de colaboración para o uso desta ferramenta
 A Quenda de Servizos Profesionais Independentes do COTSG ten por obxectivo prover de profesionais independentes de acreditada competencia a aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que o precisen

Santiago, 7 de abril de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, vén de asinar un convenio de colaboración coa presidenta do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia (COTSG), Marta Capeáns, para que as persoas tuteladas pola Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas (FUNGA) poidan facer uso da Quenda de Servizos Profesionais Independentes do Colexio.

Esta ferramenta ten por obxectivo principal prover de profesionais independentes de acreditada competencia a aquelas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que o precisen. Polo que a partir de agora, os membros da FUNGA poderán recorrer a este servizo. A Fundación, para elo, terá que informar axeitadamente ás persoas usuarias das condicións deste servizo, en especial dos requisitos ou condicións concretas para cada servizo encomendado, debendo colaborar co profesional designado de maneira que o labor se poida efectuar coa calidade e celeridade requirida.

O Colexio Oficial de Traballadores Sociais, pola súa banda, informará a cada profesional que os servizos serán prestados directamente polo profesional designado á persoa beneficiara designada pola FUNGA, polo que se xerará unha relación directa entre o profesional e a persoa usuaria.

Un dos obxectivos principais da FUNGA é facilitar aos seus tutelados ou tuteladas o acceso ás actividades de asistencia, prevención, rehabilitación, reinserción, integración socio laboral e formación necesarios que favorezan a súa integración na sociedade, así como promover a realización, sexa directa ou indirectamente, de programas que faciliten o desenvolvemento social das persoas tuteladas.

É preciso lembrar que a FUNGA leva a cabo a protección xurídica, patrimonial e social das persoas maiores de idade incapacitadas legalmente ou incursas nun procedemento de incapacitación, que se atopen en situación de desamparo e cuxa protección sexa encomendada xudicialmente á FUNGA, a través da tutelada, curadoría, defensa xudicial ou administración de bens.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: