Noticias Partido Popular

O GRUPO POPULAR DEFENDE AS VANTAXES DO ACTUAL MODELO DE REPARTO DE COTAS DO CERCO FRONTE A ALTERNATIVA PROPOSTA POLO PSOE QUE SERÍA MOI PREXUDICIAL

 O voceiro popular do Mar, Jose Manuel Balseiro, sinala que a moción defendida polos socialistas, no Pleno do Parlamento, está repleta de “incoherencias, cinismo e total descoñecemento”

  • Os populares alertan que un modelo de reparto baseado no número de tripulantes (eliminando os criterios históricos) sería moi prexudicial para a maioría das flotas de Galicia, incluída a do cerco, xa que suporía perder, por exemplo, 2.300 toneladas de xurelo, a principal especie desta flota.
  • MIGUEL SANTALICES AMOSA NO PARLAMENTO A SATISFACCIÓN POLO ACORDO DE PP E PSOE EN VIGO, “QUE RECOÑECE A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO FAGA AS ACOMETIDAS DE SERVIZOS AO NOVO HOSPITAL PÚBLICO

     O portavoz de Sanidade do Grupo Popular recorda que “cumpre o que se recollía no convenio asinado entre o Concello e a Xunta en 2006”

    • Asegurou que “nin en Galicia nin en España existen copagos asistenciais, unha situación que só comparten en toda Europa Dinamarca e Reino Unido”. 
    • PEDRO PUY ASEGURA QUE A PROPOSICIÓN DE LEI DE CONSULTAS POPULARES DO BNG SUPÓN “UN CAMBIO DO SISTEMA POLÍTICO ESPAÑOL E É INCONSTITUCIONAL”

       Explicou que a súa aprobación suporía que os referendos foran vencellantes sen ningún tipo de limitacións e os Parlamentos e concellos quedarían como meros controladores sen capacidade de participación

      • O portavoz popular salientou que a proposta do BNG “é unha copia literal da lei 4/2010 de consultas populares por vía de referendo de Cataluña, reproducindo 40 dos seus 44 artigos”
      • Puy amosouse disposto a “perfeccionar a democracia representativa facéndoa máis participativa”.

     O PARLAMENTO GALEGO APROBA A LEI POLA VISIBILIDADE E NON DISCRIMINACIÓN DE LESBIANAS, GAIS, TRANSEXUAIS, BISEXUAIS E INTERSEXUAIS

    “Consolida o principio de igualdade e erradica calquera forma de discriminación por razón de orientación sexual”, afirmou a portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marta Rodríguez-Vispo

    • “As medidas que se poñen en marcha con esta lei converten a Galicia na primeira comunidade autónoma que lexisla sobre o colectivo de LGTBI
    • Rodríguez-Vispo indicou que esta lei “non é limitante porque está pensada para impulsar políticas de acción positiva e para combater a discriminación, e posibilita que ámbitos que non están incluídos hoxe poidan ser incorporados a posteriori”
    • PEDRO PUY ASEGURA QUE “OS FEITOS DEMOSTRAN O POSITIVO QUE FOI MANTER NOVAGALICIA BANCO COMO UNHA ENTIDADE AUTÓNOMA E QUE DA MÁIS POSIBILIDADES AOS GALEGOS”

       O portavoz do Grupo Popular amosouse “sorprendido de que o traspaso final se estea alongando”, algo que achacou a “cuestións de carácter técnico porque se trata dun proceso complicado”

      • Respecto aos afectados polas preferentes e subordinadas, reiterou que “a nosa postura é que os enganados ou as persoas que non reunían as condicións para entender este produto deben recuperar a totalidade dos seus aforros”
      • PUY AVOGA POR “AVANZAR E REFORZAR A EUROPA NA QUE ESTAMOS E QUE PERMITIU QUE GALICIA TIVESE UNHA ETAPA DE CRECEMENTO E MODERNIZACIÓN SEN PRECEDENTES GRAZAS AO APOIO EUROPEO”

         O portavoz do Grupo Popular afirmou que “o importante, máis alá das persoas que encabecen as listas, é o que cada un defende en relación coa construción da Unión Europea”

        • Recordou que o PP xa presentou o manifesto electoral para toda España e o programa electoral específico para os sectores galegos que están condicionados polas políticas europeas”.
        • Figueroa: “El nuevo mapa judicial tiene que incluir una excepción que reconozca la singularidad de Vigo, como ciudad más importante de Galicia”

          • El portavoz del Grupo Popular asegura que “el PP vigués agotará todas las vías posibles para que el texto del anteproyecto de Ley Orgánica del Poder Judicial y de Planta y Demarcación Judicial se revise durante el trámite parlamentario”.

          • Las dotaciones judiciales no pueden verse reducidas porque no hay ningún otro caso en España que presente las tantas singularidades como Vigo”, afirma José Manuel Figueroa.

          • El líder del PP vigués hizo un repaso a las dotaciones judiciales de Vigo y enumeró comparativas con otras ciudades gallegas y españolas, que refuerzan la solicitud al ministerio.

          • El Partido Popular de Vigo ya elaboró y remitió al ministro de Justicia, hace un año, un completo informe en defensa de la singularidad de la situación judicial de la ciudad. Un documento sobre el que se insistirá ante el Gobierno central y ante la Xunta”, remarca Figueroa.

          • PEDRO PUY AVANZA A APROBACIÓN NO PLENO DA PROPOSICIÓN DE LEI PARA A IGUALDADE DE LESBIANAS, GAIS, TRANSEXUAIS E BISEXUAIS

             Sinala que o Grupo Popular traballa para que conte co respaldo de todos os grupos parlamentarios, logo de que o ditame xa tivera o apoio en Comisión de PP, PSOE e BNG, coa abstención de AGE

            • Tamén subliñou a comparecencia no Pleno do conselleiro de Economía e Industria para falar da internacionalización da economía galega
            • Cuestionado sobre o Código Ético aprobado pola xunta, o portavoz popular avanzou que, “cando se nos dea traslado, incorporarémolo á Comisión de Estudo sobre a corrupción”.

     

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: