Archive | abril 9, 2014

A Orquesta Sinfónica de Galicia na Fundación Novacaixagalicia en Vigo

Mañá, xoves 10 de abril, o Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá un novo concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia incluído na tempada de abonos de clásica que organiza a entidade. A partir das 20.30 h, a agrupación de música clásica de Galicia ofrecerá un recital para o que contará con Eliahu Inbal na dirección e Isabelle van Keulen no violín e viola. O programa constará de pezas de Wolfang Amadeus Mozart ―Sinfonía núm. 35, en re maior, K. 385, «Haffner»―, Béla Bartók ―Concerto para violín núm. 1―, e Antonin Dvorák ―Sinfonía núm. 7, en re menor, op. 70. 

Concello de Vigo

 


Caballero asegura que o inicio dos voos de Volotea impulsa a recuperación de Peinador

O próximo 2 de xuño arrancan os vóos de Volotea a Ibiza, Mallorca e Valencia, o que suporá, en verbas do rexedor, un novo impulso na recuperación da terminal viguesa. Acompañado polo director xeral da compañía, Lázaro Ros, Caballero non descartou a ampliación destes enleces nun futuro. 

 


Goberno local e avogados rexeitan a nova lei e reclaman que Vigo sexa a referencia xudicial na provincia

O alcalde e o decano do Colexio de Avogados de Vigo mantiveron unha reunión este mércores para falar do anteproxecto de Lei do Poder Xudicial, que elimina o partido xudicial de Vigo pasando a ser sede delegada de Pontevedra. Ambos coincidiron en rexeitar o texto e esixiron que, de sair adiante a lei, Vigo sexa a referencia na provincia. 

 


O Auditorio Mar de Vigo acolle a estrea de «Eclectic Man», o novo espectáculo de Rafael Amargo

O alcalde de Vigo e o propio bailarín e coreógrafo presentaron este mércores no Concello a nova montaxe de Amargo, con estrea o 12 de abril no Mar de Vigo. O espectáculo inclúe música, baile e poesía e suma a presencia de Laura Llader e os nenos do Pelouro. O artista cederá os seus honorarios ao Centro de Innovación e Investigación Psicopedagógica O Pelouro.

 

O Concello abre o prazo para solicitar as axudas do bonotaxi ata o 28 de abril

Desde hoxe mércores ata o luns 28 de abril estará aberto o prazo para solicitar as axudas de bonotaxi. Cunha partida económica de 25.000 euros, este ano, ademais do grado de dicapacidade dos usuarios, terase en conta o nivel de renda e as achegas oscilarán entre os 100 e os 300 euros.