O DOG PUBLICA HOXE A ORDE DE INICIATIVA XOVE DOTADA CON MÁIS DE 500.000 EUROS E QUE FINANCIARÁ OS PROXECTOS LIDERADOS POLA MOCIDADE

Programa de participación xuvenil Iniciativa Xove 2014.
 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe o Espazo Xove de Noia, onde explicou os principais aspectos desta convocatoria
 Iniciativa Xove subvencionará as propostas que elaboren os propios mozos e mozas, cun orzamento máximo de 4.000 euros para cada unha delas
 Poderán presentarse tanto asociacións xuvenís, como grupos informais que decidan unirse para emprender unha iniciativa
 Terán prioridade os proxectos baseados en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino

Noia (A Coruña), 15 de abril de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para este ano da orde de axudas “Iniciativa Xove”, un programa dotado con máis de 500.000 euros e que ten como obxectivo financiar proxectos presentados e elaborados polos propios mozos e mozas.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe o Espazo Xove de Noia, onde recordou que o período de inscrición para participar nesta iniciativa ábrese mañá, e rematará o próximo 15 de maio. Na súa visita coñeceu tamén as actuacións que leva a cabo a Asociación Vella Escola no marco dos distintos programas da Consellería de Traballo e Benestar.

Poderán presentarse ao Iniciativa Xove tanto asociacións xuvenís xa constituídas, como grupos informais de mozos e mozas que decidan unirse para emprender un novo proxecto. Cada un deles optará a un máximo de 4.000 euros.

Terán prioridade aquelas actuacións que se baseen en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino, entre outras.

Ata o momento, nas catro primeiras edicións de Iniciativa Xove, financiáronse 718 proxectos nos que participaron preto de 3.600 mozos e mozas.

Con Iniciativa Xove estimúlanse, segundo Rodeiro, valores e habilidades “moi importantes” como o “talento e a creatividade, pero tamén a responsabilidade, o traballo en grupo ou a capacidade de liderado”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: