Archive | abril 22, 2014

Máis oferta en cursos de cociña na primavera da Fundación Novacaixagalicia

A Aula de Cociña da Fundación Novacaixagalicia continúa nesta primavera coa súa cita para aprender diferentes menús. Desta volta, a oferta formativa para o mes de maio inclúe cursos de cociña creativa con ingredientes galegos, pratos deliciosos realizados en menos de trinta minutos, e receitas de brunch e buffet. Os cursos de cociña do mes de xuño que a entidade dedicará aos máis pequenos para rematar a tempada de cociña teñen xa todas as prazas cubertas. Todos os obradoiros serán impartidos na Aula de Cociña da fundación galega en Vigo, emprazada na rúa Policarpo Sanz, 24. A matrícula para os cursos pode formalizarse na web de Servinova www.servinova.com e na billeteira telefónica 902 504 500.

A Fundación Novacaixagalicia trae a Vigo o cabaré burlesque da Terremoto de Alcorcón

A Fundación Novacaixagalicia presentará a vindeira semana o espectáculo The Hole, unha creación de Paco León, Yllana e LetsGo que chegará a Vigo, ao centro cultural da fundación galega, o 30 de abril e permanecerá ata o 4 de maio. Na obra, non recomendada para menores de 18 anos, destaca a mestura de xéneros: música, circo, cabaré, burlesque e humor, unha combinación que fai de The Hole un evento diferente marcado, sobre todo, pola expectación e a sorpresa.

Todos aquelas persoas que desexen facerse cunha localidade xa poden facelo a través das canles de comercialización habituais da Fundación Novacaixagalicia, a web de Servinova,www.servinova.com, ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500, aberta en horario de 08.00 a 22.00 h. As funcións que o espectáculo celebrará na cidade olívica son as seguintes: mércores 30, ás 20:30 h; xoves 1 e venres 2, dobre función, ás 19:30 h e ás 22:30 h; sábado 3, dobre función, ás 20:00 h e ás 23:00 h; e domingo 4, ás 18:00 h.

 

Concello do Porriño

LA BIBLIOTECA DE PORRIÑO CELEBRA EL DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO CON UN TALLER DE CREACIÓN

Este miércoles, a partir de las 10.30 horas, un grupo de niños de entre 7 y 14 participarán de una actividad a través de la cual fabricarán sus propios libros ilustrados y ahondarán en todas las fases de la creación del mismo: texto, personajes, diseño de la página, realización de las ilustraciones, diferentes técnicas, montaje y encuadernación 

El alcalde Nelson Santos hará entrega, mañana, del “libro viaxeiro” a los escolares de las escuelas unitarias de Pontellas y Mosende para que sean ellos los primeros en escribir y dibujar en sus páginas en blanco, recorriendo luego el resto de colegios y guarderías del municipio .

“UNIÓN CERVECERAS” Y “TOCA Y VETE”, VENCEDORES DEL I TORNEO DE FÚTBOL INDOOR CONCELLO DO PORRIÑO
UNIÓN CERVECERAS - FEMENINO
Fueron tres días de competición continua con más de 500 participantes en las categorías senior e inferiores que atrajeron a un numeroso público al polideportivo municipal.

EL MERCADO DE LA MIEL Y LA ARTESANÍA, CON DEGUSTACIONES Y TALLERES, CENTRAN LA XXVI FEIRA APÍCOLA DAS RÍAS BAIXAS 
Presentación_XXVI_Feria_Apícola (3)Este fin de semana, 26 y 27 de abril, en Porriño
El alcalde Nelson Santos y el concejal de Comercio Marcelino Coto presentaron esta mañana, junto a responsables de la organización, este evento de tradición implantada en Porriño que presenta como una de las novedades de este año un puesto de helados 
en el que se ofrecerán todos los sabores acompañados de nueces y buen chorro de Miel de Galicia

La plaza Arquitecto Antonio Palacios acogerá, en horarioininterrumpido, el Bee Happy Market con gran variedad de productos artesanos, habrá actividades para los más pequeños, una cata de miel comentada abierta el público y conferencias dirigidas a los profesionales del sector en el centro cultural 

Noticias Partido Popular

O GRUPO POPULAR RECLAMA A AGE E BNG QUE “NON ESPECULEN CON CUESTIÓNS TÉCNICAS QUE SE ESTÁN A INVESTIGAR XUDICIALMENTE POR EXPERTOS” SOBRE O ACCIDENTE DE ANGROISO

portavoz de Infraestruturas, Alejandro Gómez Alonso, dixo que “se queren facer unha cacería política leven as probas aos tribunais e digan que ministros tomaron decisións políticas sobre cuestións dos técnicos”.

O GRUPO POPULAR REPROCHA Á OPOSICIÓN QUE ESTEA A CRITICAR A CARTEIRA DE SERVIZOS DE INCLUSIÓN CANDO AÍNDA ESTÁ EN ELABORACIÓN

 A portavoz de Servizos Sociais, Marta Rodríguez Arias, recordou que a propia conselleira anunciou que en canto teña o borrador remitirao a entidades, concellos e profesionais para que dean a súa opinión

  • “Este novo modelo social, que integra as carteiras de servizos de dependencia, maiores, infancia e inclusión, responde a un obxectivo claro: ofrecer máis e mellores servizos aos cidadáns”, explicou Marta Rodríguez.
  •  

    O GRUPO POPULAR ACUSA A AGE DE “TENTAR RACHAR O ACORDO UNÁNIME ACADADO NO PARLAMENTO NA DEFENSA DO SECTOR NAVAL”

    • O deputado Miguel Tellado afirmou que “a postura da actual Xunta e do PP é coñecida por todos: reclamar carga de traballo para os estaleiros e defender o proxecto de construción do dique flotante”

      Tellado sinalou que o PSOE “carece de credibilidade para falar cun mínimo rigor do sector naval galego, porque foron os inimigos dos nosos estaleiros e os que traizoaron a un sector naval fundamental para a nosa economía.

    •  

      O GRUPO POPULAR DEFENDE A NECESIDADE DUNHA “EVOLUCIÓN LÓXICA” NO SISTEMA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO CO IMPULSO DOS BANCOS DE MATERIAL ESCOLAR E OS LIBROS DIXITAIS

      O portavoz de Educación, Román Rodríguez, afirmou que “a verdadeira equidade e promoción da xustiza social e da igualdade é priorizar ás familias que teñen menos recursos”

      • “O carácter gratuíto do ensino obrigatorio en Galicia e en España está absolutamente garantido en toda a rede sostida con fondos públicos, tanto centros públicos como concertados”, asegurou.

      O GRUPO POPULAR AVOGA POR SEGUIR POÑENDO AO SERVIZO DAS MULLERES O SEUS SEUS FILLOS MEDIDAS QUE GARANTAN A SÚA POTESTADE PARA DECIDIR SOBRE A SÚA MATERNIDADE”

      A portavoz de Igualdade, Rosa Oubiña, afirmou que “apoiar á muller embarazada non é iniciativa ideolóxica, senón de sentido común”.

    • O PP DE SALCEDA DESMINTE QUE O CONCELLO PAGUE AOS SEUS PROVEDORES EN 34 DÍAS

      Os populares non entenden como o Bipartito presume desta actuación cando xeraron nestes sete anos de Goberno case 1,5 millóns de débeda, estando pendentes de pago un préstamo de 800.000 euros e facturas por importe de 665.000 euros

      “Si son puntuais coas facturas daqueles provedores que lles interesa, como tamén cos seus soldos que supoñen un gasto anual de máis de 222.000 euros; non así cos colectivos veciñais, culturais e deportivos aos que tardan en abonarlle a subvención nominativa 120 días dende a aprobación do Orzamento”, sinala Rodríguez Davila .

Figueroa anuncia el inicio de reuniones con todos los colectivos de la ciudad para exponerles el “acuerdo por Vigo” en torno al presupuesto municipal

  • El portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular califica de “momento sin precedentes” el acuerdo presupuestario alcanzado esta mañana en la comisión de Economía, que se ratificará en el pleno del próximo 2 de mayo.

  • El Partido Popular ha incluido en el presupuesto todos los grandes proyectos que marcarán el futuro de Vigo para los próximos 20 años”, afirma José Manuel Figueroa.

  • Hemos sido totalmente respetuosos durante el periodo de negociación de este acuerdo y, a partir del pleno del día 2 seremos totalmente escrupulosos en la vigilancia de su cumplimiento”, enfatiza el líder del PP vigués.

  • Desde ese momento continuaremos la labor de fiscalización al gobierno municipal y mostraremos el Partido Popular más propositivo, con iniciativas de futuro para Vigo”, subraya.

 

A LEI DE MEDIDAS URXENTES QUE ADAPTA A GALICIA A REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CONTINÚA O TRÁMITE PARLAMENTARIO AO REXEITARSE ÁS EMENDAS A TOTALIDADE DE PSOE E BNG

 “A Xunta está a apoiar aos concellos disipando incertezas e blindando a súa carteira de servizos e a suficiencia financeira”, asegurou a portavoz de Administracións Públicas, Paula Prado

  • Prado apuntou que “hai alcaldes de todos os signos políticos que están desexando que entre en vigor esta norma porque lles vai servir de moito”
  • Criticou a “incongruencia” manifestada polo Grupo Socialista, que en Galicia presenta unha emenda á totalidade ao texto lexislativo cando en Castela e León “teñen votado a favor a convalidación dun decreto-lei cun texto idéntico”.
  • O PARLAMENTO GALEGO APROBA A REFORMA DA LEI DO CONSELLO CONSULTIVO “QUE REFORZA E FAI MÁIS EFICAZ ESTA INSTITUCIÓN, AO TEMPO QUE FORTALECE O AUTOGOBERNO DE GALICIA”

    A portavoz de Administracións Públicas do Grupo Popular, Paula Prado, salientou o consenso conseguido na aprobación deste texto, que contou co voto favorable de PP e PSOE e a abstención do BNG

    • “Aceptamos ou transaccionamos máis da metade das emendas presentadas polo Grupo Socialista e outras moitas dos outros grupos da oposición, o que supuxo realizar cambios en case a metade dos artigos da proposición de lei”, concretou.

PEDRO PUY AFIRMA QUE O PPDEG “MANTERÁ O ÁNIMO DE CONSENSO E TRANSPARENCIA” COA OPOSICIÓN PARA FIXAR A POSICIÓN DE GALICIA NO DEBATE SOBRE O NOVO FINANCIAMENTO AUTONÓMICO

 

O portavoz do Grupo Popular avanza que “buscaremos no Pleno o apoio dos outros grupos parlamentarios para aprobar a reforma da Lei do Consello Consultivo e nas medidas urxentes ante a reforma local”

  • Asegura que “nunca se constituíu unha Comisión de Estudo” sobre o financiamento autonómico e apuntou que dada a inminencia da convocatoria por parte do  Goberno central dubida de que “as súas conclusións non chegarían a tempo”.

El Grupo Popular urge la creación de una comisión para decidir por consenso el futuro de la playa y del entorno de Samil

  • El concejal del PP, Antonio Bernárdez, anuncia la presentación de una moción urgente al pleno ordinario del próximo lunes para que se constituya dicho foro.

  • Es el momento de adoptar un gran acuerdo en el que participe toda la ciudad porque está en juego el destino del emblema turístico de Vigo”, afirma el concejal del Grupo Popular.

  • En la comisión deberían participar, además de los grupos municipales, representantes de los sectores de ocio, deportes, hostelería, etcétera”, recalca Antonio Bernárdez.

 

 

O NOVO PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2014 FINANCIARÁ CON ATA 4.000 EUROS OS PROXECTOS LIDERADOS POR MOZOS E MOZAS DE VIGO E A SÚA ÁREA‏

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informou esta mañá da nova orde de axudas que vén de ser recentemente publicada no DOG.
 Poderán presentarse tanto asociacións xuvenís, como grupos informais que decidan unirse para emprender unha iniciativa.
 Terán prioridade os proxectos baseados en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino.
 A iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está dotada con máis de 500.000 euros para toda Galicia.

Vigo, 22 de abril de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar recentemente a convocatoria para este ano da orde de axudas Iniciativa Xove 2014, un programa dotado con máis de 500.000 euros e que ten como obxectivo financiar con ata 4.000 euros proxectos presentados e elaborados polos propios mozos e mozas.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recordou hoxe en rolda de prensa que o período de inscrición para participar nesta iniciativa xa está aberto e rematará o próximo 15 de maio.

Coma explicou, a este programa poden presentarse tanto asociacións xuvenís xa constituídas como grupos informais de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que decidan unirse para emprender un novo proxecto. Cada un deles optará a un máximo de 4.000 euros para a posta en marcha de iniciativas xuvenís que se desenvolvan durante o ano 2014 e nos cales “as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas”, matizou Bravo Bosch.

Terán prioridade aquelas actuacións que se baseen en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino, entre outras. Os interesados poden obter máis información no seguinte enderezo web: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Ata o momento, nas catro primeiras edicións de Iniciativa Xove, financiáronse 718 proxectos nos que participaron preto de 3.600 mozos e mozas. E no caso do ámbito da xefatura territorial de Vigo desenvolvéronse ao abeiro deste programa máis de 170 proxectos cun importe concedido de preto de 270.000 euros.

Con Iniciativa Xove estimúlanse, segundo considerou a delegada, valores e habilidades moi importantes como o talento e a creatividade, pero tamén a responsabilidade, o traballo en grupo ou a capacidade de liderado.

 

A Mostra de Teatro Universitario da Universidade de Vigo trasládase mañá ao Auditorio do Concello

Nocturnos_icn01_BN  Vigo, 21 de abril de 2014.- A XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, incluída na programación do segundo cuadrimestre da UVigo, cambia de emprazamento e trasládase mañá ao Auditorio do Concello de Vigo co obxectivo de achegar ao público xeral o traballo das aulas de teatro universitarias. Mañá, 22 de abril, poderá gozarse da representación da Universidade da Coruña coa obra Nocturnos, de Paco Zarzoso. Un elenco formado por unha ducia de actrices e actores e dirixido por Rubén Ruibal.

 

Balance ‘Ron Galella’ na Fundación Novacaixagalicia de Vigo

«RON GALELLA. PAPARAZZO EXTRAORDINAIRE!» CLAUSUROUSE O PASADO SÁBADO
Preto de cinco mil persoas achegáronse á Fundación Novacaixagalicia de Vigo

I A mostra reflectiu a traxectoria do recoñecido fotógrafo
I Con 107 retratos fotográficos de celebridades da sociedade dos anos setenta

21.04.2014 O Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia na cidade viguesa clausurou a súa exposición «Ron Galella. Paparazzo Extraordinaire!» con preto de cinco mil asistentes. A mostra, que foi inaugurada o pasado 23 de xaneiro, estaba composta por 107 instantáneas, retratos na súa meirande parte, realizadas polo mítico paparazzo Ron Galella.
Os retratos de Jackie Kennedy, Marlon Brando, Greta Garbo, Liz Taylor, Liza Minelli, Andy Wharhol ou Alfred Hitchcock chegaron á Fundación Novacaixagalicia de Vigo atrapados pola cámara do paparazzo Ron Galella, o fotógrafo de celebridades máis famoso e controvertido, o pioneiro do mundo paparazzi. A través destas 107 instantáneas que foron portada, moitas delas, de revistas como Vogue ou Vanity Fair, a mostra recollía momentos privados de personaxes públicos dos anos setenta, persoeiros icónicos que foron e seguen a ser unha referencia para os grandes creadores de moda. O proxecto expositivo deixaba constancia, así mesmo, do traballo que Galella realizou durante máis de tres décadas, nas que se dedicou ao negocio de capturar a vida privada de grandes e mediáticos persoeiros, así pois «Ron Galella. Paparazzo Extraordinaire!» é o seu particular e permanente diario visual da fama, da riqueza e do éxito nos Estados Unidos de América durante a década dos anos setenta.

RON GALELLA, UNHA VIDA PARA CAPTURAR CELEBRIDADES
Ron Galella naceu en 1931 no Bronx, Nova York, actualmente está considerado o pioneiro do mundo paparazzi. Alcumado «Paparazzo Extraordinario» pola revista Newsweek e «O Padriño da cultura dos paparazzi de EE. UU.» polas revistas Time e Vanity Fair, é considerado o fotógrafo máis importante do mundo das celebridades. As súas fotografías poden ser vistas nun gran número de publicacións como Time, Harper’s Bazaar, Vogue, Vanity Fair, People, Rolling Stone, The New Yorker, The New York Times e Life.
Galella serviu aos Estados Unidos como fotógrafo da Forza Aérea durante a Guerra de Corea e asistiu ao Art Center College of Design nos Ánxeles, California, onde se graduou cunha licenciatura en fotoxornalismo en 1958. Actualmente vive en Nova Jersey coa súa esposa e fai, no cuarto escuro da súa casa, as súas propias copias que foron expostas en museos e galerías de todo o mundo, como os museos de Arte Moderno de Nova York e San Francisco, a Tate Modern de Londres e o Museo da Fundación Helmut Newton de Fotografía en Berlín. Ron Galella é amplamente coñecido polo seu tratamento obsesivo da figura de Jacqueline Kennedy Onassis e as súas batallas legais posteriores asociadas a ela, o New York Post definiuna como «a máis co-dependente das relacións entre a celebridade e o paparazzo vista xamais». A mostra recompilaba unha boa selección de fotografías de Jacqueline realizadas polo fotógrafo.

O PROXECTO DIDÁCTICO DA EXPOSICIÓN
O proxecto expositivo completouse cun programa didáctico que a Fundación Novacaixagalicia dirixiu a escolares, familias e colectivos de adultos co obxectivo de afondar na figura de Ron Galella e na arte da fotografía. Para os escolares as propostas foron as seguintes: «Imaxinando retratos de cor», unha visita-taller para educación infantil e 1º ciclo de educación primaria na que os pequenos descubriron os segredos da fotografía en branco e negro e fixeron un divertido retrato. «E se as fotografías falasen…?», unha visita-obradoiro que se dirixiu ao 2º ciclo de primaria e ao 1º ciclo da ESO, nela o cine, a arte, a música, a sociedade… destaparon o mundo a través do obxectivo dun fotógrafo. «Ron Galella, Paparazzo Extraordinaire!» foi unha visita-taller para o 2º ciclo da ESO, bacharelato e ciclos formativos na que os rapaces aprenderon como o obxectivo indiscreto poder dar testemuño dunha época, unha nova forma de fotografar e de presentar o mundo.

A Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira da obra social e cultural das caixas de aforros, ten entre os seus obxectivos fundacionais o fortalecemento do tecido social galego, o fomento do emprego e a difusión da cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións. Logo de se adaptar ao actual contexto socioeconómico que a situou perante novos sistemas de xestión, a entidade continúa a traballar a prol dos seus propósitos fundacionais e primixenios, porque segue a ser consciente de que o fortalecemento do sector social e cultural é fundamental para o avance de Galicia.

Coñécenos por dentro en http://www.obrasocialncg.com.
Podes seguirnos en Facebook, Twitter e Youtube.

 

INAUGURACION “40DS&DE” Martes 22 – 18:30h. c/ Rosalia de Castro, 29 VIGO

INVITACION INAUGURACIÓN_prensa

HORARIO de 40 DS&DE.
De Martes a Domingo, de 18:00H a cierre.

Museo do Marco en Vigo

¡LIBROS LIBRES!
El miércoles 23 de abril, Día Internacional del Libro
El MARCO participa en una experiencia de BOOKCROSSING
junto con 48 museos y centros de arte
El miércoles 23 de abril, 48 bibliotecas de museos y centros de arte y cultura inundarán las ciudades
de libros con motivo de la celebración del Día Internacional del Libro. Dichos centros se unen en una
experiencia de Bookcrossing en la que liberarán más de 2.500 volúmenes relacionados con
diferentes disciplinas.
http://youtu.be/VXtkilmDRAY Leer Más…

SINSAL SON ESTRELLA GALICIA // SINSAL VOLVE Á ILLA DE SAN SIMÓN O 25, 26 E 27 DE XULLO

cartel san simónIlla de San Simón

Redondela

25, 26 e 27 de Xullo, 2014

O Festival Sinsal volve un ano máis á Illa de San Simón, unha nova edición que chega con novidades. A primeira o cambio de nome, Estrella Galicia redobla a súa aposta e o evento, na súa cuarta edición, pasa a chamarse Sinsal Son Estrella Galicia. A segunda os días, o festival pasa de dúas a tres xornadas que coincidirán o 25, o 26 e o 27 de xullo.

 

Outra das novidades será a distribución dos concertos. O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será segredo, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival. O cartel do 26 e o 27 permanecerá, como é habitual, en segredo ata que o primeiro barco do día 26 chegue á illa. Os concertos do 25 serán anunciados con anterioridade.

 

Nas próximas semanas iremos achegando máis información, prezos das entradas, novidades para o acceso e o consumo na illa, pistas sobre grupos e os nomes que formarán parte do cartel do día 25.

 

Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar. Atentos!