O NOVO PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2014 FINANCIARÁ CON ATA 4.000 EUROS OS PROXECTOS LIDERADOS POR MOZOS E MOZAS DE VIGO E A SÚA ÁREA‏

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informou esta mañá da nova orde de axudas que vén de ser recentemente publicada no DOG.
 Poderán presentarse tanto asociacións xuvenís, como grupos informais que decidan unirse para emprender unha iniciativa.
 Terán prioridade os proxectos baseados en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino.
 A iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está dotada con máis de 500.000 euros para toda Galicia.

Vigo, 22 de abril de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar recentemente a convocatoria para este ano da orde de axudas Iniciativa Xove 2014, un programa dotado con máis de 500.000 euros e que ten como obxectivo financiar con ata 4.000 euros proxectos presentados e elaborados polos propios mozos e mozas.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recordou hoxe en rolda de prensa que o período de inscrición para participar nesta iniciativa xa está aberto e rematará o próximo 15 de maio.

Coma explicou, a este programa poden presentarse tanto asociacións xuvenís xa constituídas como grupos informais de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que decidan unirse para emprender un novo proxecto. Cada un deles optará a un máximo de 4.000 euros para a posta en marcha de iniciativas xuvenís que se desenvolvan durante o ano 2014 e nos cales “as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas”, matizou Bravo Bosch.

Terán prioridade aquelas actuacións que se baseen en áreas como o emprendemento e a empregabilidade, a creatividade, as novas tecnoloxías ou a toma de decisións e liderado feminino, entre outras. Os interesados poden obter máis información no seguinte enderezo web: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove.html

Ata o momento, nas catro primeiras edicións de Iniciativa Xove, financiáronse 718 proxectos nos que participaron preto de 3.600 mozos e mozas. E no caso do ámbito da xefatura territorial de Vigo desenvolvéronse ao abeiro deste programa máis de 170 proxectos cun importe concedido de preto de 270.000 euros.

Con Iniciativa Xove estimúlanse, segundo considerou a delegada, valores e habilidades moi importantes como o talento e a creatividade, pero tamén a responsabilidade, o traballo en grupo ou a capacidade de liderado.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: