Archive | abril 23, 2014

Concello de Vigo


O Concello reclama 35.000 euros a Facenda polo céntimo sanitario anulado por Europa

O alcalde informou hoxe mércores da reclamación efectuada polo Concello de Vigo ante o Ministerio de Facenda, correspondente ao gasóleo consumido entre os anos 2010 e 2012, unha vez que a xustiza europea invalidou o chamado céntimo sanitario. Os técnicos municipais estimaron a devolución en 35.000 euros, máis os xuros de demora, por máis dun millón de litros de gasóleo adquirido nos tres anos.

 


Caballero di que feiras como SICO demostran que «Vigo quere manter o pulso e saltar por riba da crise»

O recinto feiral de Vigo albergará entre o 5 e o 8 de xuño a décima edición so Salón da Construcción de Galicia 2014. Durante a presentación, que congregará a máis de 300 firmas e 15.000 visitantes, o alcalde referiuse a este evento como una mostra de que en Vigo «queremos manter o pulso e amosar gañas e ímpetu para saltar por riba da crise».

 


O alcalde eloxia a proposta de ocio educativo e divulgación científica de Phanomenta

Caballero participou este mércores na presentación de Phanomenta, desde hoxe e ata o 3 de maio no Centro Comercial Gran Vía. Esta mostra educativa, que chega a Vigo despois de pasar por 100 centros de toda Europa, invita ao público a interactuar con 13 actividades e comprobar o funcionamento das leis físicas da naturaza.

 


O Concello apoia os XVIII Xogos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou a todo Vigo a achegarse o próximo sábado ás Travesas para disfrutar dos XVIII Xogtos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade. Unha xornada deportiva, organizada por Special Olympics Galicia e FADEMGA FEAPS Galicia, e promovidos pola Asociación SAN FRANCISCO, de Vigo, que reunirá a máis de 300 deportistas.

 


O MARCO participa nunha experiencia de BOOKCROSSING xunto con 48 museos e centros de arte

Este mércores, 23 de abril, 48 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.500 volumes relacionados con diferentes disciplinas. O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase ás 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.

 

Entrega do II Premio de Microrrelatos «Mulleres Progresistas»

A entrega do II Premio de Microrrelatos «Mulleres Progresistas» será este mércores, 23 de abril, ás 17:30 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5). É un acto aberto ao público e no que se contará coa presenza da Concelleira de Igualdade, Isaura Abelaira Rodríguez.

Concello do Porriño.

UN GRUPO DE ESCOLARES DE PORRIÑO PARTICIPA EN UN TALLER DE CREACIÓN DE CUENTOS EN LA BIBLIOTECA MUNICIPAL

La actividad se celebró para conmemorar el Día Internacional del Libro y sirvió para que los más jóvenes fabricasen su propia obra ahondando en todas las fases de la creación: texto, personajes, diseño de la página, realización de las ilustraciones, diferentes técnicas, montaje y encuadernación.

EL CONDUCTOR DETENIDO POR la policía local de porriño POR DARSE A LA FUGA TRAS UN CONTROL DE ALCOHOLEMIA FUE CONDENADO A 1 AÑO DE PRISIÓN, OTRO SIN CARNÉ Y 1.080 EUROS DE MULTA

J. G. S. M., de 51 años y vecino de Portugal, reconoció los hechos y dio su conformidad con la sentencia por lo que la pena le ha sido rebajada en un tercio

CIG – Vigo

LIGAZÓN: As ETT impugnan o convenio do Metal de Pontevedra no TSXG para precarizar condicións laborais e entrar no naval

2014 04 23 RoldaPrensaSeguridadePrivadaVigo   LIGAZÓN: CIG e CCOO anuncian mobilizacións para conseguir un convenio galego de seguridade privada
DA A CARA POLO GALEGO! 
Dende a Executiva Nacional da Cig‐Telefónica, e a iniciativa do Grupo de Normalización
Lingüística, acordamos facer unha acción que reivindique o uso da lingua como ferramenta
para a defensa do emprego na Galiza, e máis que afiance os avances en normalización
lingüística que se deron en Telefónica no 2013, nomeadamente, a incorporación do galego
na Web de Movistar e a atención do 1004 dende Galiza.
É claro que eses avances ‐aínda que pequenos e con eivas notábeis‐ responden a
reivindicación e a mobilización social dos/as traballadores/as e de toda a sociedade galega;
é a propia Empresa quen o di: actuar
só baixo demanda, non hai máis.
Por iso debemos afondar a máis de persistir na liña que a nosa Central Sincial CIG– e a súa
Sección Sindical na Telefónica – vimos aplicando desde sempre: a reivindicación interna do
respecto ao Galego e a denuncia pública e mobilización colectiva en defensa do Galego no
mundo do traballo, e máis concretamente, nas Telecomunicacións.
Con ese obxectivo, a acción que nos parece máis oportuna é participarmos na “Campaña
Gústame o Galego” https://www.facebook.com/gustameogalego. Probabelmente xa
tiverades coñecemento dela pola participación do Celta de Vigo ou polo premio Xoán
Manuel Pintos que recibiu.
É unha campaña
que está a ter moito éxito nas redes sociais, e que pensamos que deixará
testemuña do noso compromiso persoal e colectivo co idioma Galego, como concepto
poliédrico que é: instrumento de comunicación e de identidade, pero tamén de integración
e de unidade, de coñecemento do medio, recoñecemento social e de autocoñecemento

individual e colectivo; sen idioma non hai suxeito social, pero tamén é evidente o seu valor
económico, que para a nosa Clase ten a súa máxima expresión na fonte dos recursos
económicos que necesitamos: o Emprego na Galiza.
A Telefónica teno moi claro (“Valor económico del español”‐Fundación Telefónica) desde
a
súa perspectiva de Clase: economía de custes pero tamén “mercado único” sen fronteiras e
sen regulación, a medida do seu carácter monopolístico transnacional.
O que precisamos é da túa implicación, e podes facerte unha idea na seguinte ligazón:

Haz clic para acceder a Informaci%C3%B3n-G%C3%BAstame_o_galego.pdf

Para cubrir o orzamento desta iniciativa, propoñemos aportacións voluntarias de 10 € por
parte dos/as compañeiros/as que queira participar, ata cubrir o custe total.

Na Central Calvario‐Vigo, mércores 23 de abril,
de 11 a 14:00 horas: GÚSTAME O GALEGO!

CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN ACOLLE NO MUSEO DO MAR DE GALICIA O PRIMEIRO CONCERTO DA DESPEDIDA DA XIRA ‘ACRÓBATA’

 O disco de Fred Martins e Ugia pedreira comezou a súa andaina polos escenarios de Galicia, Brasil Portugal e Inglaterra en 2011

Vigo, 23 de abril de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá este venres 25 de abril o primeiro concerto da despedida da xira do disco ‘Acróbata’, un traballo de Fred Martins e Ugia Pedreira que desde 2011 ten percorrido os escenarios de Galicia, Brasil, Portugal e Inglaterra. As entradas, cun prezo de 12 euros, poden adquirirse no propio museo. O concerto será ás 20 horas.

‘Acróbata’ une os sons de dous lados do Atlántico, do Brasil de Fred Martins e da Galicia de Ugia Pedreira, ste proxecto nacía da forza no encontro das dúas beiras do Atlántico. Un disco cheo de frescura que tivo nesta xira unha gran acollida de público e crítica, e que está conformado por composións de ambos os autores e dalgúns colaboradores coma Germán Diaz, Marcos Suzano, Pablo ou Pedro Pascual.

 

A Universidade de Vigo acolle o segundo microconcerto do festival Ensaiamos co único grupo formado por docentes

L@s Tankit@s actuará a partir das 13.30 horas no Centro Comercial de Cidade Universitaria

 los tonkitos

Vigo, 23 de abril de 2014.- Mañá xoves, 24 de abril, actuará dentro do Ensaiamos Colleita 2014, L@s Tankit@s, a única banda formada integramente por docentes da Universidade de Vigo que participa neste festival. Trátase dun microconcerto que ofrecerán a partir das 13.30 horas no Centro Comercial de Cidade Universitaria.

25 abril ASEMBLEA ABERTA sobre a POLÍTICA SOCIAL MUNICIPAL. A xestión das Axudas de Emerxencia Municipais

A ODS-Coia, o Grupo de Axitación Social e a parroquia do Cristo da Victoria convocamos á cidadanía a participar na ASEMBLEA ABERTA de información e denuncia da POLÍTICA SOCIAL MUNICIPAL. A xestión das Axudas de Emerxencia Municipais. Celebrarase o VENRES 25 de abril, a partires das 20h00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia).

Máis de 2.000 unidades de convivencia agardan pola tramitación de Axudas de Emerxencia Municipais (AEM) do Concello de Vigo. Son máis de 2.000 solicitudes dunha axuda social para “satisfacer necesidades básicas en relación coa alimentación, o aloxamento ou calquera outra situación que poida supoñer un factor de marxinalidade ou risco de exclusión social”, que debido ao “colapso” no concello de Vigo -ata agora estaban a a ser concedidas en pouco máis dunha semana- están a acumular atrasos insoportables para a veciñanza máis empobrecida da cidade.

A banca, FENOSA, Aqualia, GAS Natural… non entenden o COLAPSO que provoca a insuficiencia ou falla de recursos que para moitas persoas imposibilita ter unha vida digna. Mentres, escoitamos cada pouco novidosas iniciativas municipais que aliviarán os nosos sufrimentos en forma de: cheques sociais, tarxetas solidarias, mudanzas no sistema informático, contratación de persoal para axilizaren as tramitacións… Medidas para a galería que en nada melloran situación daquelas persoas que carecen de recursos económicos na cidade.

Entendemos que os responsables municipais están na obriga de explicar á cidadanía este grave problema, polo que convidamos publicamente a Abel Caballero (Alcalde de Vigo) e a Isaura Abelairas (Concelleira de Política do Benestar) a asistir á asemblea e ofrecer a información e as solucións necesarias neste asunto.

De rexeitar o convite da veciñanza, nesta asemblea informativa buscaremos o modo de seguir artellando respostas colectivas e dende abaixo que garantan o respecto dos dereitos sociais de todas. Como primeira medida no caso de non termos respostas acudiriamos ao concello de Vigo o luns 28 ás 11h30 por aquilo de: Se Mahoma non vai á montaña…

+INFO: http://odscoia.arkipelagos.net/content/2504-asemblea-aberta-sobre-pol%C3%ADtica-social-municipal-xesti%C3%B3n-das-axudas-de-emerxencia-munici

TRECE VOLUNTARIOS DE NOVE PAÍSES EUROPEOS REALIZARÁN TAREFAS DE APOIO E INFORMACIÓN AOS PEREGRINOS AO LONGO DO CAMIÑO FRANCÉS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu hoxe aos participantes nesta iniciativa, que se formarán durante esta semana en Santiago antes da súa partida cara os lugares onde prestarán o servizo de voluntariado
 En Galicia haberá 6 voluntarios entre os meses de maio a outubro nas localidades de Palas de Reis, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago
 Trátase do proxecto de Servizo Voluntario Europeo de grupo ‘Cultura no camiño’ que se enmarca no programa europeo Erasmus +; Xuventude en Acción
 O obxectivo desta actuación é proporcionar aos mozos e mozas a oportunidade de participar nunha experiencia de voluntariado e de interculturalidade a través do Camiño de Santiago

Santiago, 22 de abril de 2014.- Un total de 13 voluntarios e voluntarias procedentes de 9 países europeos realizarán entre os meses de maio e outubro tarefas de apoio e información aos peregrinos ao longo do Camiño Francés en diferentes puntos do norte de España, con motivo este ano da celebración do Ano Franciscano, que conmemora os 800 anos de peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Os 13 participantes formaranse esta semana en Santiago antes de partir cara aos lugares onde prestarán o servizo de voluntariado. En concreto, Galicia contará con 6 voluntarios, Castela León con 3, A Rioxa con 2 e Navarra con outros 2.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu hoxe aos 13 participantes nesta iniciativa, que forma parte do proxecto de Servizo Voluntario Europeo de grupo ‘Cultura no camiño’, que se enmarca no programa europeo Erasmus+; Xuventude en Acción. Os voluntarios proceden de Alemaña, Austria, Bulgaria, Dinamarca, Estonia, Italia, Macedonia, Romanía e Turquía. Na comunidade galega, a entidade de acollida será a Escola de Tempo Libre Don Bosco e os voluntarios procederán das vilas de Zell am Ziller (Austria); Ludwigsburg (Alemaña); Bucarest (Romanía), Tartu (Estonia), Sofía (Bulgaria) e Haapsalu (Estonia). O Servizo Voluntario Europeo ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como parte integrante da Axencia Nacional Española do programa Erasmus+, encárgase de informar, asesora, avaliar e facer seguimento de todos os proxectos presentados no marco de Erasmus +; Xuventude en Acción.

O obxectivo desta actuación é proporcionar aos mozos e mozas a oportunidade de participar nunha experiencia de servizo voluntario e de interculturalidade a través do Camiño de Santiago, a través da súa integración nas actividades que o Camiño ofrece aos peregrinos e á cidadanía en xeral.

Os voluntarios, en concreto, levarán a cabo diferentes actividades como son apoio aos albergues de peregrinos nas tarefas de benvida e durante a súa estadía; apoio no servizo de información sobre o Camiño de Santiago e o Ano Franciscano 2014; difusión do Servizo Voluntario Europeo nas localidades de acollida e do valor do voluntariado; colaboración un día á semana nun proxecto local de voluntariado, no caso de que exista, para reforzar a colaboración coas entidades locais; participación en calquera actividade de importancia relacionada co Camiño de Santiago e da celebración do Ano Franciscano.

A actividade está organizada de forma que se garanta a aprendizaxe non formal dos voluntarios. Unha experiencia similar a esta realizouse durante o último ano Xacobeo 2010, onde un grupo de 30 voluntarios procedentes de 19 países colaboraron nos albergues do Camiño.

MEDIO AMBIENTE PUBLICA HOXE NO DOG A APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE INFORMACIÓN PÚBLICA E DO PROXECTO DE TRAZADO DA VARIANTE DE CANGAS E O DESESTIMENTO DA DE MOAÑ

 No proxecto de trazado, que foi sometido a información pública en xullo de 2012 analizáronse catro viais: variante de Moaña, desde a PO-313 en Sabaceda ata a PO-551, en Meira; variante de Cangas, desde a PO-551 na Magdalena ata a glorieta da VG-4.5 en Espíritu Santo; conexión da PO-313 coa VG-4.5; e da PO-551 coa VG-4.5
 Analizado o conxunto das alegacións e informes recibidos, resólvese desistir da execución da Variante de Moaña e da conexión PO-313 – VG-4.5 (Sabaceda), polo elevado impacto sobre o medio humano e natural destas actuacións
 Respecto da Variante de Cangas e a conexión da PO-551 coa VG-4.5, establécense diversas indicacións para atender ás medidas requiridas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e incorporar elementos de integración urbana, que deberán ser consideradas no momento da redacción do proxecto construtivo
 Ao longo da tramitación ambiental tivéronse en conta os informes e alegacións recibidas, minimizándose as afeccións que o proxecto puidese ocasionar, mediante a incorporación dunha serie de medidas correctoras Leer más…

Aetinape, Sasemar y sus responsables, al descubierto por la Comisión de Investigación de Sinistros Marítimos y la misma exMinistra de Fomento Magdalena Álvarez en el Congreso de los diputados

Las claves de los últimos naufragios al descubierto por la Comisión de Investigación de Sinistros Marítimos que vienen a confirmar lo denunciado por Pladesemapesga y el despilfarro multimillonario en los cursos que viene desarrollando AETINAPE, lo que los convierte en plenos confabuladores de las graves consecuencias sin que los responsables asuman sus nefasta decisiones.

Afirmaciones estas realizadas por la misma Ministra de Fomento Magdalena Álvarez en el Congreso de los diputados, Pladesemapesga recuerda que;  las radio balizas de los pesqueros portugueses las decodifica Toulouse Francia que las traslada a España.

Los cursos de formación necesitan un cambio radical de los entes que los aplican al evidenciarse el fracaso en la gestión de los mismos, convirtiendo en fallecidos y despilfarro sin límites el dinero que nos sustraen a todos los ciudadanos…¿ Ya esta bien de tanto enchufismo y amiguismo político?, Pladesemapesga exige un cambio de rumbo  yá… Leer más…

La Feria SICO 2014, que cumple diez años como salón de referencia en el noreste de España, abrirá sus puertas del 5 al 8 de junio

sico  El pabellón 2 de Instituto Ferial Vigo ya está al completo para la celebración de la quinta edición

Vigo, 23 de abril de 2014.- El Instituto Ferial de Vigo acogerá, del 5 al 8 de junio de 2014, una nueva edición de la Feria SICO, el Salón de la Construcción de Galicia, que este año cumple ya sus 10 años de vida como evento internacional. El carácter bienal de esta feria, que este año espera la presencia de 15.000 visitantes entre profesionales (jueves y viernes) y público final (sábado y domingo), han convertido la cita en un referente para el noroeste de España. La Feria SICO 2014 fue presentada esta mañana por Abel Caballero, Alcalde de Vigo; Bernardino Comesaña, presidente de Asemaco, y Arsenio Priero, director-gerente de IFEVI

A la espera de que se concreten los últimos datos de ocupación, la organización ya tiene cerrado el pabellón 2 de IFEVI, por lo que los visitantes podrán disfrutar de 10.000 metros cuadrados de exposición en los que se darán cita un centenar de stands con 300 marcas representadas.

La Feria SICO 2014, prevista en un principio para el mes de marzo, se ha trasladado al 5 de junio para hacerla coincidir con el Día Internacional del Medio Ambiente, un sector estratégico en estos momentos y con grandes oportunidades para la construcción en Galicia.

SICO 2014 pretende ser una herramienta de promoción para el sector de la construcción ante su actual situación, en la que básicamente se están demandando reformas, métodos de ahorro energético y una salida profesional en forma de autónomos a muchos antiguos trabajadores asalariados del mismo. En este sentido, el salón facilitará a los profesionales del sector un punto de encuentro para conocer las últimas novedades del mismo, que vendrán a la feria también en forma de congreso paralelo con importantes figuras nacionales. Por otro lado, la organización ha hecho un gran esfuerzo en su apuesta por nuevos sectores, como es el caso de las energías alternativas.

Finalmente, y con respecto a la apertura de la feria para el público general los días 7 y 8 de junio, los expositores presentes en SICO 2014, conscientes del importante autoconsumo en forma de autoconstrucción que se da en Galicia, aprovecharán esta oportunidad como punto de contacto con el cliente final e incluso con ventas en firme.

FICHA TÉCNICA

• FECHAS: del 5 al 8 de junio de 2014
o Jueves y viernes: PROFESIONALES.
o Sábado y domingo: PÚBLICO FINAL (precio de la entrada 2 euros, niños hasta 14 años gratis).
• HORARIOS: 10 a 20 horas
• OCUPACIÓN: 10.ooo metros cuadrados
• EXPOSITORES: 100 directos, 300 marcas expositoras.
• VISITANTES: 15.000
• FORMACIÓN: Organización de jornadas técnicas.