CIG – Vigo

LIGAZÓN: As ETT impugnan o convenio do Metal de Pontevedra no TSXG para precarizar condicións laborais e entrar no naval

2014 04 23 RoldaPrensaSeguridadePrivadaVigo   LIGAZÓN: CIG e CCOO anuncian mobilizacións para conseguir un convenio galego de seguridade privada
DA A CARA POLO GALEGO! 
Dende a Executiva Nacional da Cig‐Telefónica, e a iniciativa do Grupo de Normalización
Lingüística, acordamos facer unha acción que reivindique o uso da lingua como ferramenta
para a defensa do emprego na Galiza, e máis que afiance os avances en normalización
lingüística que se deron en Telefónica no 2013, nomeadamente, a incorporación do galego
na Web de Movistar e a atención do 1004 dende Galiza.
É claro que eses avances ‐aínda que pequenos e con eivas notábeis‐ responden a
reivindicación e a mobilización social dos/as traballadores/as e de toda a sociedade galega;
é a propia Empresa quen o di: actuar
só baixo demanda, non hai máis.
Por iso debemos afondar a máis de persistir na liña que a nosa Central Sincial CIG– e a súa
Sección Sindical na Telefónica – vimos aplicando desde sempre: a reivindicación interna do
respecto ao Galego e a denuncia pública e mobilización colectiva en defensa do Galego no
mundo do traballo, e máis concretamente, nas Telecomunicacións.
Con ese obxectivo, a acción que nos parece máis oportuna é participarmos na “Campaña
Gústame o Galego” https://www.facebook.com/gustameogalego. Probabelmente xa
tiverades coñecemento dela pola participación do Celta de Vigo ou polo premio Xoán
Manuel Pintos que recibiu.
É unha campaña
que está a ter moito éxito nas redes sociais, e que pensamos que deixará
testemuña do noso compromiso persoal e colectivo co idioma Galego, como concepto
poliédrico que é: instrumento de comunicación e de identidade, pero tamén de integración
e de unidade, de coñecemento do medio, recoñecemento social e de autocoñecemento

individual e colectivo; sen idioma non hai suxeito social, pero tamén é evidente o seu valor
económico, que para a nosa Clase ten a súa máxima expresión na fonte dos recursos
económicos que necesitamos: o Emprego na Galiza.
A Telefónica teno moi claro (“Valor económico del español”‐Fundación Telefónica) desde
a
súa perspectiva de Clase: economía de custes pero tamén “mercado único” sen fronteiras e
sen regulación, a medida do seu carácter monopolístico transnacional.
O que precisamos é da túa implicación, e podes facerte unha idea na seguinte ligazón:

Haz clic para acceder a Informaci%C3%B3n-G%C3%BAstame_o_galego.pdf


Para cubrir o orzamento desta iniciativa, propoñemos aportacións voluntarias de 10 € por
parte dos/as compañeiros/as que queira participar, ata cubrir o custe total.

Na Central Calvario‐Vigo, mércores 23 de abril,
de 11 a 14:00 horas: GÚSTAME O GALEGO!

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: