MEDIO AMBIENTE PUBLICA HOXE NO DOG A APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE INFORMACIÓN PÚBLICA E DO PROXECTO DE TRAZADO DA VARIANTE DE CANGAS E O DESESTIMENTO DA DE MOAÑ

 No proxecto de trazado, que foi sometido a información pública en xullo de 2012 analizáronse catro viais: variante de Moaña, desde a PO-313 en Sabaceda ata a PO-551, en Meira; variante de Cangas, desde a PO-551 na Magdalena ata a glorieta da VG-4.5 en Espíritu Santo; conexión da PO-313 coa VG-4.5; e da PO-551 coa VG-4.5
 Analizado o conxunto das alegacións e informes recibidos, resólvese desistir da execución da Variante de Moaña e da conexión PO-313 – VG-4.5 (Sabaceda), polo elevado impacto sobre o medio humano e natural destas actuacións
 Respecto da Variante de Cangas e a conexión da PO-551 coa VG-4.5, establécense diversas indicacións para atender ás medidas requiridas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e incorporar elementos de integración urbana, que deberán ser consideradas no momento da redacción do proxecto construtivo
 Ao longo da tramitación ambiental tivéronse en conta os informes e alegacións recibidas, minimizándose as afeccións que o proxecto puidese ocasionar, mediante a incorporación dunha serie de medidas correctoras

Santiago, 23 de abril de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expediente de información pública e definitivamente do proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña, facendo pública ademais a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental

Cómpre lembrar que en xullo de 2012 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou provisionalmente o proxecto de trazado e impacto ambiental das variantes, publicándose posteriormente no DOG a resolución pola que se sometía ao trámite de información pública o proxecto. Durante o proceso de información pública presentáronse alegacións que foron remitidas á dirección do estudo para a súa valoración.

O proxecto plantexa a definición de catro viais cos que se pretende xerar itinerarios alternativos á rede viaria actual nos concellos de Cangas e Moaña. Os catro viais analizados foron:
• Variante de Cangas, entre a PO-551 en A Magdalena e a glorieta da VG-4.5 en Espíritu Santo.
• Conexión entre a PO-551 coa VG-4.5, que habilitaría unha conexión directa entre a PO-551 na contorna de Tirán e o enlace de Ameixoada da VG-4.5
• Variante de Moaña, desde a PO-313 na zona de Sabaceda ata a PO-551 á altura de Meira.
• Conexión da PO-313 coa VG-4.5: daría continuidade á variante de Moaña conectándoa co denominado enlace de Cangas do Corredor

Unha vez analizado o conxunto das alegacións e informes recibidos, desístese da execución da Variante de Moaña e da conexión da PO-313 coa VG-4.5, á vista do unánime rexeitamento amosado pola corporación municipal e grupos veciñais debido ao elevado impacto sobre o medio humano e natural, e á necesidade de revisar o trazado atendendo á solicitude da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Na variante de Cangas e na Conexión entre a PO-551 coa VG-4.5, ademais de atender ás medidas requiridas pola Dirección Xeral de Patrimonio, realizaranse no momento de redacción do proxecto de construción axustes na sección tipo coa finalidade de dotar á infraestrutura de elementos de integración urbana, sobre todo na conexión coa Avenida de Marín e no treito final da actuación.

A Xunta tamén analizará no momento no que se redacte o proxecto construtivo as posibilidades de substituír o recheo do treito 1 (o máis próximo á PO-551) por un viaduto, de baixar a cota da rasante entre o paso sobre o río das Presas e a glorieta definida na zona de Gruncheiras (glorieta denominada nº3 no proxecto), de substituír un paso inferior definido entre as glorietas nº2 (de conexión coa PO-551) e nº3 por unha intersección a nivel, e tamén de integrar na malla urbana o treito entre este punto e a glorieta 2.

Estes cambios propostos farían que o novo vial tivera características de vía urbana, e non pertencería á rede autonómica de estradas. Por este motivo, no momento en que se desenvolva esta infraestrutura, o Concello de Cangas deberá obter os terreos necesarios para a súa execución e asumir a titularidade e a explotación do novo vial, así coma a do treito de travesía de Cangas da PO-551, que tamén rexistra características completamente urbanas.

Impacto Ambiental
A secretaría xeral de Calidade e Avaliación Ambiental vén de rematar o proceso de avaliación de impacto ambiental do proxecto de trazado das variantes de Cangas e Moaña. O Diario Oficial de Galicia (DOG) tamén publica hoxe este anuncio da citada declaración de impacto ambiental.

En febreiro de 2014, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do Proxecto de Trazado da variante de Cangas e Moaña, promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas, co que se rematou a súa tramitación ambiental.

Ao longo da tramitación ambiental tivéronse en conta os informes e alegacións recibidas, minimizándose as afeccións que o proxecto puidese ocasionar mediante a incorporación dunha serie de medidas correctoras, acadándose unha mellor integración das actuacións na súa contorna. Ademais, contémplase un exhaustivo programa de vixilancia ambiental, a desenvolver nun futuro nas fases de obra e explotación.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: