TRECE VOLUNTARIOS DE NOVE PAÍSES EUROPEOS REALIZARÁN TAREFAS DE APOIO E INFORMACIÓN AOS PEREGRINOS AO LONGO DO CAMIÑO FRANCÉS

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu hoxe aos participantes nesta iniciativa, que se formarán durante esta semana en Santiago antes da súa partida cara os lugares onde prestarán o servizo de voluntariado
 En Galicia haberá 6 voluntarios entre os meses de maio a outubro nas localidades de Palas de Reis, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago
 Trátase do proxecto de Servizo Voluntario Europeo de grupo ‘Cultura no camiño’ que se enmarca no programa europeo Erasmus +; Xuventude en Acción
 O obxectivo desta actuación é proporcionar aos mozos e mozas a oportunidade de participar nunha experiencia de voluntariado e de interculturalidade a través do Camiño de Santiago

Santiago, 22 de abril de 2014.- Un total de 13 voluntarios e voluntarias procedentes de 9 países europeos realizarán entre os meses de maio e outubro tarefas de apoio e información aos peregrinos ao longo do Camiño Francés en diferentes puntos do norte de España, con motivo este ano da celebración do Ano Franciscano, que conmemora os 800 anos de peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Os 13 participantes formaranse esta semana en Santiago antes de partir cara aos lugares onde prestarán o servizo de voluntariado. En concreto, Galicia contará con 6 voluntarios, Castela León con 3, A Rioxa con 2 e Navarra con outros 2.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu hoxe aos 13 participantes nesta iniciativa, que forma parte do proxecto de Servizo Voluntario Europeo de grupo ‘Cultura no camiño’, que se enmarca no programa europeo Erasmus+; Xuventude en Acción. Os voluntarios proceden de Alemaña, Austria, Bulgaria, Dinamarca, Estonia, Italia, Macedonia, Romanía e Turquía. Na comunidade galega, a entidade de acollida será a Escola de Tempo Libre Don Bosco e os voluntarios procederán das vilas de Zell am Ziller (Austria); Ludwigsburg (Alemaña); Bucarest (Romanía), Tartu (Estonia), Sofía (Bulgaria) e Haapsalu (Estonia). O Servizo Voluntario Europeo ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como parte integrante da Axencia Nacional Española do programa Erasmus+, encárgase de informar, asesora, avaliar e facer seguimento de todos os proxectos presentados no marco de Erasmus +; Xuventude en Acción.

O obxectivo desta actuación é proporcionar aos mozos e mozas a oportunidade de participar nunha experiencia de servizo voluntario e de interculturalidade a través do Camiño de Santiago, a través da súa integración nas actividades que o Camiño ofrece aos peregrinos e á cidadanía en xeral.

Os voluntarios, en concreto, levarán a cabo diferentes actividades como son apoio aos albergues de peregrinos nas tarefas de benvida e durante a súa estadía; apoio no servizo de información sobre o Camiño de Santiago e o Ano Franciscano 2014; difusión do Servizo Voluntario Europeo nas localidades de acollida e do valor do voluntariado; colaboración un día á semana nun proxecto local de voluntariado, no caso de que exista, para reforzar a colaboración coas entidades locais; participación en calquera actividade de importancia relacionada co Camiño de Santiago e da celebración do Ano Franciscano.

A actividade está organizada de forma que se garanta a aprendizaxe non formal dos voluntarios. Unha experiencia similar a esta realizouse durante o último ano Xacobeo 2010, onde un grupo de 30 voluntarios procedentes de 19 países colaboraron nos albergues do Camiño.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: